(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Samuel Fuller - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Samuel Fuller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSamuel Fuller

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1912 Editar o valor en Wikidata
Worcester, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, novelista, modelo, realizador, produtor de cinema, actor, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor en Wikidata - 1899 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002087 Allocine: 425 Allmovie: p90748 TCM: 66921
BNE: XX1128924 Musicbrainz: 092b249c-4058-49fe-8b23-62b1602eaa75 WikiTree: Filler-145 Find a Grave: 6995479 Editar o valor en Wikidata

Samuel Michael Fuller, nado en Worcester (Massachusetts) o 12 de agosto de 1912 e finado en Hollywood (California) o 30 de outubro de 1997 foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fuller era fillo de Benjamin Rabinovitch, inmigrante xudeu ruso, e Rebecca Baum, inmigrante xudía de Polonia. Antes do seu nacemento a familia adoptara o apelido Fuller. Aos doce anos comezou a traballar como mensaxeiro en xornais e aos dezasete anos converteuse en reporteiro criminal en Nova York, traballando para New York Graphic. A mediados da década de 1930 comezou a escribir novelas e guións, escribindo tamén como “negro”, sen revelar nunca que guións escribiu anonimamente. O primeiro guión no que aparece acreditado foi o de Hats Off (1936).

Durante a segunda guerra mundial, Fuller uniuse á infantaría do Exército dos Estados Unidos e foi asignado ao 16th Infantry Regiment. Participou en desembarques en África, Sicilia e Normandía e tamén estivo en Bélxica e Checoslovaquia, recibindo polos seus servizos a Estrela de Bronce, a Estrela de Prata e o Corazón Púrpura. Fuller empregou a súa experiencia militar como material nos seus filmes, como en The Big Red One.

Fuller decidiu ser director logo de que Robert L. Lippert lle pedise que escribise tres filmes para a súa produtora. Fuller aceptou se lle permitían dirixilos. Lippert aceptou e Fuller debutou con I Shot Jesse James.

O seu terceiro filme, The Steel Helmet, un dos primeiros realizados sobre a Guerra de Corea, fíxoo coñecido na industria cinematográfica. A partir de entón comezou a ser buscado polos estudios máis importantes e asinou un contrato con 20th Century Fox para sete filmes. Porén, o último deles, Tigrero, nunca se rodou e foi o obxecto do documental de Mika Kaurismäki Tigrero: A Film That Was Never Made.

En 1952 rodou Park Row, unha historia de xornalistas. Darryl F. Zanuck, de 20th Century Fox, quería converter o filme nun musical, pero Fuller opúxose á idea e creou a súa propia compañía de produción coas súas ganancias. Os seus traballos durante a década de 1950 seguiron un formato semellante, pouco orzamento e temas controvertidos.

En 1980 dirixiu The Big Red One, que foi recibido positivamente pola crítica pero non tivo éxito entre o público. En 1983 mudouse a Francia.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]