(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Samuel Reshevsky - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Samuel Reshevsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.


Infotaula de personaSamuel Reshevsky

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Szmul Rzeszewski Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Ozorków, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXadrez e Contabilidade Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxadrecista , xornalista , bookkeeper (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua polaca e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaGrande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1950) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1974Olimpíada de xadrez de 1974 (pt) Traducir
1970Olimpíada de xadrez de 1970 (pt) Traducir
1968Olimpíada de xadrez de 1968 (pt) Traducir
1964Olimpíada de xadrez de 1964 (pt) Traducir
1958Olimpíada de xadrez de 1958 (pt) Traducir
1952Olimpíada de xadrez de 1952 (pt) Traducir
1950Olimpíada de xadrez de 1950 (pt) Traducir
1937Olimpíada de xadrez de 1937 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata


Samuel Herman Reshevsky, nado o 26 de novembro de 1911 en Ozorkow (Polonia) e finado o 4 de abril de 1992, en Nova York, Estados Unidos, foi un xogador de xadrez. Foi un dos máis fortes grandes mestres de América e do mundo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aprendeu a xogar á idade de 4 anos e foi un neno prodixio do xadrez. Á idade de 8 anos xa derrotaba a experimentados xogadores de máis idade en exhibicións de simultáneas.

Na década de 1920 os seus pais trasladáronse aos Estados Unidos onde se gañaron a vida co talento do seu fillo. Reshevsky, de maior, graduouse na Universidade de Chicago en 1933 en Contabilidade, e traballou como contable.

Reshevsky gañou os campionatos dos Estados Unidos en 1936, 1938, 1940, 1942, 1946, 1969 e 1970. A súa carreira internacional comezou en 1935 en Margate, onde logrou o primeiro lugar derrotando entre outros a Capablanca. Un ano máis tarde compartiu o terceiro posto en Nottingham. En 1937 compartiu o primeiro posto en Kemeri, Letonia, e en 1938 compartiu o cuarto posto no torneo da AVRO.

Campionatos do mundo e olimpíadas

[editar | editar a fonte]

Foi un dos 5 grandes mestres que competiron polo Campionato do Mundo no match-torneo de 1948 e terminou empatado no terceiro posto con Paul Keres. Logo foi segundo no torneo de candidatos de Zürich en 1953. Tamén clasificouse para o ciclo de candidatos no interzonal de Sousse, pero perdeu nos cuartos de final contra Viktor Korchnoi en 1968.

Participou regularmente coa selección estadounidense nas Olimpíadas de xadrez. Gañou o ouro en 1937 e o bronce en 1974 e o ouro individual en 1950. En total participou en 8 olimpíadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]