(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Sebastian Kurz - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sebastian Kurz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSebastian Kurz

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello Nacional de Austria
14 de outubro de 2021 – 8 de decembro de 2021
← Irene Neumann-Hartberger (pt) TraducirIrene Neumann-Hartberger (pt) Traducir →
Chanceler de Austria
7 de xaneiro de 2020 – 11 de outubro de 2021 (dimisión)
← BrigitteBierleinAlexander Schallenberg →
Gabinete ministerial: Second Kurz cabinet (en) Traducir
Membro do Consello Nacional de Austria
23 de outubro de 2019 – 7 de xaneiro de 2020 – Irene Neumann-Hartberger (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Bundeswahlvorschlag (en) Traducir

14º Chanceler de Austria
18 de decembro de 2017 – 28 de maio de 2019 (Caso de Ibiza (pt) Traducir, moción de censura)
← Christian Kern (pt) TraducirHartwig Löger →
Membro do Consello Nacional de Austria
9 de novembro de 2017 – 22 de xaneiro de 2018
Chairman of the Austrian People's Party (en) Traducir
14 de maio de 2017 – 3 de decembro de 2021
← Reinhold MitterlehnerKarl Nehammer →
Federal Minister of Foreign Affairs of Austria (en) Traducir
16 de decembro de 2013 – 18 de decembro de 2017
← Michael SpindeleggerKarin Kneissl (pt) Traducir →
Membro do Consello Nacional de Austria
29 de outubro de 2013 – 16 de decembro de 2013
Secretary of State (en) Traducir Ministério Federal do Interior (pt) Traducir
21 de abril de 2011 – 16 de decembro de 2013
Member of the regional parliament of Vienna (en) Traducir
2010 – 2011 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaViena Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena (2005–2011)
Faculty of Law, University of Vienna (en) Traducir - sen valor (2005–2011)
GRG 12 Erlgasse (en) Traducir (1996–2004) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítico, diplomático, emprendedor e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAustrian Federal Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Austríaco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Salario base328.584 $ Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de outubro de 2022FII 6th Edition in Riyadh (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
Middle East and Africa Summit 2022 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2019Caso de Ibiza (pt) Traducir
15 de outubro de 2017eleições legislativas na Áustria em 2017 (pt) Traducir
2017Silberstein affair (en) Traducir
2004-2005servizo militar Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina websebastian-kurz.at Editar o valor en Wikidata
Facebook: sebastiankurz.at Twitter: sebastiankurz Instagram: sebastiankurz LinkedIn: sebastian-kurz Youtube: UCAa7V7ZM0_hhszN_GYEl0Sg Editar o valor en Wikidata

Sebastian Kurz, nado en Viena27 de agosto de 1986, é un político austríaco, que foi ministro de Asuntos Exteriores e Integración dende 2013 até 2017 e chanceler de Austria dende 2017[1] ata 2019[2] e, de novo, entre 2020 e 2021.[3] É militante do Partido Popular Austríaco (ÖVP).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mocidade e inicios da carreira política

[editar | editar a fonte]

Kurz naceu en Viena e medrou no barrio de Meidling, no que aínda reside. Estudou no Bundesgymnasium und Bundesrealgymnasium Erlgasse dende o ano 1996 e despois do exame final que realizou en 2004 completou o servizo militar. En 2009 foi elixido presidente da sección xuvenil do Partido Popular Austríaco. Entre 2010 e 2011 foi membro do consello da cidade de Viena. En abril de 2011 foi nomeado secretario de Estado de Integración, cargo recentemente creado e que formaba parte do Ministerio de Asuntos Exteriores. Nas eleccións xerais de Austria de 2013 resultou elixido membro do Consello Nacional (cámara baixa). En decembro de 2013 converteuse en ministro de Asuntos Exteriores de Austria, cuxa carteira incluíu tamén por petición propia as competencias de integración social. No momento de asumir o cargo de ministro, Kurz converteuse no ministro máis novo da historia de Austria e o ministro máis novo de toda a Unión Europea.

En 2017, o vicechenceler do país, Reinhold Mitterlehner, abandonou o liderado do ÖVP, e Kurz foi apuntado como sucesor. A retirada de Mitterlehner de todos os cargos políticos precipitou o adianto das eleccións lexislativas de 2017, nas que Kurz foi cabeza de lista, gañando gran popularidade co seu discurso centrado na inmigración e nas políticas sociais. Finalmente o seu partido foi o máis votados co 31,5% dos votos.

Primeiro goberno: 2017-2019

[editar | editar a fonte]

Como líder do partido máis votado o presidente Van der Bellen encargoulle a formación dun novo goberno. Conseguiu un acordo de coalición co ultradereitista Partido da Liberdade e xurou o cargo de chanceler xunto ao seu goberno o 18 de decembro de 2017. Durante o seu goberno ampliou a xornada laboral a un máximo de 12 horas, iniciou a fusión de todos os seguros sociais austríacos, aboliu a prohibición de fumar en sitios públicos, prohibiu levar a cara tapada en público, reformou os subsidios familiares para estranxeiros europeos e rexeitou o Pacto Mundial sobre Migración. Doutra parte, algúns analistas destacaron a proximidade do seu goberno coa Rusia de Vladimir Putin.[4]

Durante o seu mandato era o xefe de goberno de menor idade do mundo.

En 2019 saíu á luz un vídeo no que se vía a membros do goberno de coalición de Kurz, pertencentes ao Partido da Liberdade, falando cunha suposta sobriña dun oligarca ruso sobre posibles contratos a cambio de favores. O Caso Ibiza, como foi chamado o escándalo provocou a dimisión do vicechanceler (que aparecía no vídeo) e a destitución do Ministro de Interior, Herbert Kickl. Tras isto, dimitiron todos os ministros do partido ultradereitista e o 27 de maio realizouse unha moción de censura no Parlamento, que saíu adiante e forzou a destitución de Kurz ao día seguinte.[2] Tratouse da primeira moción de censura exitosa en Austria dende a Segunda guerra mundial.[5] Foi substituído por Hartwig Löger quen logo sería relevado por Brigitte Bierlein.

Segundo goberno: 2020-2021

[editar | editar a fonte]

As eleccións do 29 de setembro de 2019 déronlle un novo triunfo: o ÖVP logrou máis do 37% dos votos e 71 deputados.[6] Co albo de retornar á chancelaría negociou un pacto cos Verdes, que conseguiran 26 escanos. O novo goberno integrado por populares e verdes comprometíase a levar a cabo un programa con importantes compromisos na política medioambiental como acadar que a totalidade da produción eléctrica sexa de orixe renovable en 2030 e a descarbonización para 2040, e tamén a redución de impostos.[7] Nomeado polo presidente federal, Alexander Van der Bellen en xaneiro de 2020, os primeiros meses do novo executivo estiveron marcados pola resposta á pandemia derivada do virus covid-19. Logo de detectar os primeiros positivos o 25 de febreiro no Tirol,[8] o 10 de marzo o seu goberno ditou as primeiras medidas restritivas e o peche das actividades educativas.[9] Ao longo da pandemia, Sebastian Kurz decretou tres confinamentos en Austria entre 2020 e 2021.[10]

Con todo, ao longo do ano 2021 varias sospeitas de corrupción foron arrodeando a Kurz e aos seus colaboradores máis próximos. En maio de 2021 fíxose público que Sebastian Kurz estaba sendo investigando por nepotismo por promover a unha persoa moi próxima ao seu partido á dirección de ÖBAG, unha sociedade que xestiona as participacións industriais do Estado e que funciona como fondo soberano.[11] Malia a que Kurz desmentiu as acusacións baixo xuramento en sede parlamentaria, a aparición de novos posibles indicios fixeron que a fiscalía intervise.[12] Ademais, en setembro de 2021 tivo que declarar no xulgado por presunto falso testemuño na comisión do Parlamento que investigaba o Caso Ibiza.[13] Por outra parte, o 6 de outubro de 2021 a policía rexistrou a Chancelaría federal e a sede do ÖVP para obter documentación que demostrase o pago, con cartos públicos, a medios de comunicación para publicar enquisas e novas que favoreceran a imaxe pública de Kurz.[14][15] A fiscalía sospeita de Sebastian Kurz por incitación ao suborno.[16][17]

A oposición anunciou que sometería ao goberno de Kurz a unha moción de non confianza no parlamento para o 12 de outubro de 2021.[18] Nos días previos, os Verdes dubidaron da idoneidade de Kurz e pediron aos seus socios unha persoa de "conduta irreprochable".[19] Ante esta situación Sebastian Kurz dimitiu do cargo de chanceler o 9 de outubro.[20] No discurso de dimisión tamén propuxo que o relevase o ministro de asuntos exteriores, Alexander Schallenberg.[21] Ademais rexeitou novamente as acusacións e comunicou que pasaría a ser o xefe do grupo parlamentario do ÖVP, mantendo deste xeito a inmunidade parlamentaria.[22] O presidente federal, Alexander Van der Bellen, desginou novo chanceler a Alexander Schallenberg o 11 de outubro de 2021, rematando deste xeito a segunda xeira de Sebastian Kurz á fronte do goberno.[23]

A súa renuncia salvou o acordo de goberno entre o Partido Popular de Austria (ÖVP) e os Verdes, mais algúns xornalistas destacaron que Kurz retén grande influencia política pois como xefe do grupo parlamentario mantería a inmunidade parlamentaria e podería actuar como unha sorte de "chanceler na sombra" controlando ao goberno.[24][25][26] Mais, finalmente, o 2 de decembro de 2021, tamén comunicou a súa retirada da vida política presentántose como vítima dunha persecución e reafirmando a súa inocencia.[27] Horas máis tarde, o chanceler Schallenberg, alegando que a dirección do goberno e do partido debían recaer na mesma persoa, anunciou a súa dimisión.[28] A prensa austríaca considera que na reunión do comité executivo do ÖVP do día 3 de decembro pactouse que Karl Nehammer, ata entón ministro do Interior, asumirá a dirección do partido e, por tanto, proposto futuro chanceler.[29]

Retiro da política

[editar | editar a fonte]

Poucas semanas despois de deixar a dirección do ÖVP, puxo fin a súa carreira política incorporándose como consultor de Thiel Capital, un fondo propiedade de Peter Thiel.[30] En 2022, foi nomeado copresidente da ONG Consello Europeo sobre a Tolerancia e a Reconciliación, coñecida como ECTR polas súas siglas en inglés, centrada na loita contra o racismo.[31] Ademais, canda un socio israelí, fundou unha star-up centrada na ciberseguridade de infraestruturas críticas denominada Dream Security.[32] En 2024 foi declarado culpable polo Tribunal Penal de Viena por facer falsas declaracións nunha comisión de investigación do parlamento, sendo condeado a oito meses de sentenza suspensa.[33]

  1. "Austria swears in EU's youngest foreign minister Sebastian Kurz". BBC News. 
  2. 2,0 2,1 "El presidente de Austria destituye al Gobierno de Kurz: ¿Qué ha pasado?" (en castelán). 28 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  3. "Austrian Chancellor Kurz announces resignation over corruption claims". euronews (en inglés). 2021-10-09. Consultado o 2021-10-09. 
  4. Gressel, Gustav. "Austria: ¿caballo de Troya de Rusia? – European Council on Foreign Relations". ECFR (en castelán). Consultado o 2021-10-02. 
  5. "El Gobierno de Austria cae por la moción de censura tras el ‘caso Ibiza’". El País (en castelán). 28 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  6. "Austria election: Sebastian Kurz's People's Party in convincing win". BBC News (en inglés). 2019-09-30. Consultado o 2021-10-02. 
  7. "Austria backs green agenda with new coalition deal". BBC News (en inglés). 2020-01-02. Consultado o 2021-10-02. 
  8. red, ORF at/Agenturen (2020-02-25). "Coronavirus: Zwei Fälle in Tirol bestätigt". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-10-02. 
  9. "CoronavirusStufenweise ab Montag: Österreich schließt Schulen". Kleine Zeitung. 11-3-2020. Consultado o 2-10-2021. 
  10. "UPDATE 2-Austria to let restaurants, hotels and theatres reopen on May 19". Reuters (en inglés). 2021-04-23. Consultado o 2021-10-02. 
  11. "Austrian leader Sebastian Kurz investigated by corruption inquiry". BBC News (en inglés). 2021-05-12. Consultado o 2021-10-02. 
  12. "Austria’s Kurz under investigation by anti-corruption prosecutors". POLITICO (en inglés). 2021-05-12. Consultado o 2021-10-02. 
  13. "Bundeskanzler Sebastian Kurz bei Einvernahme vor Gericht: "Bin kein Vollidiot"". www.puls24.at (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  14. red, ORF at/Agenturen (2021-10-06). "Umfragenaffäre: Die Gründe für die Razzien bei der ÖVP". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-10-06. 
  15. "Polizei durchsucht österreichisches Kanzleramt und ÖVP-Zentrale". stern-amp.de (en alemán). Consultado o 2021-10-06. 
  16. michael.nikbakhsh,stefan.melichar (2021-10-06). "Die komplette Anordnung zur ÖVP-Hausdurchsuchung: Das sind die Vorwürfe". profil.at (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  17. "Vorwürfe gegen Kurz und sein Umfeld: Gegen wen ermittelt wird". DER STANDARD (en alemán). Consultado o 2021-10-06. 
  18. Murphy, Francois; Schwarz-goerlich, Alexandra (2021-10-07). "Future of Austria's Kurz in doubt as graft probe damages coalition". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-10-09. 
  19. Um 13:50, 07 10 2021 (2021-10-07). "Kogler: "Die Handlungsfähigkeit des Kanzlers ist in Frage...". Die Presse (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  20. "Austrian Chancellor Kurz announces resignation over corruption claims". euronews (en inglés). 2021-10-09. Consultado o 2021-10-09. 
  21. Körber, Christian; Steinmüller-Schwarz, Martin; Tiefenthaler, Guido; Steckbauer, Rafaela; Filzmoser, Georg; Palaschke, Mario; ORF.at, alle (2021-10-09). "Kurz kündigt Rückzug aus Kanzleramt an". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  22. "Bundeskanzler Kurz tritt zurück, Schallenberg soll übernehmen". profil.at (en alemán). 2021-10-09. Consultado o 2021-10-09. 
  23. Bundespräsident. ""Nur ernsthafte, konstruktive und konzentrierte Arbeit sowie echte Resultate werden das Vertrauen wiederherstellen können"". www.bundespraesident.at (en alemán). Consultado o 2021-10-11. 
  24. Föderl-Schmid, Alexandra. "Österreich: Sebastian Kurz ist ein Mann ohne Moral - Kommentar". Süddeutsche.de (en alemán). Consultado o 2021-10-11. 
  25. "Sebastian Kurz démissionne pour mieux revenir". Le Temps (en francés). 2021-10-10. ISSN 1423-3967. Consultado o 2021-10-11. 
  26. Heidegger, Gerald; ORF.at (2021-10-11). "Neue Rolle von Kurz: „Schattenkanzler“ oder Abschied auf Raten?". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-10-11. 
  27. Deutsche Welle, (www.dw.com). "Austrian ex-Chancellor Kurz to withdraw from politics". DW.COM (en inglés). Consultado o 2021-12-02. 
  28. "Austria's Schallenberg to step down as his predecessor Kurz retires". euronews (en inglés). 2021-12-02. Consultado o 2021-12-03. 
  29. red, ORF at/Agenturen (2021-12-03). "ÖVP-Chef und Kanzler: Zeichen stehen auf Nehammer". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-12-03. 
  30. "Sebastian Kurz leaves politics to join tech investor Peter Thiel". www.ft.com. Consultado o 2024-02-26. 
  31. "Austria's former chancellor joins anti-racism NGO – DW – 01/09/2022". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-02-26. 
  32. "Former NSO CEO and ex-Austrian Chancellor found startup". Globes (en inglés). 2022-12-10. Consultado o 2024-02-26. 
  33. "Former Austrian leader Kurz convicted of lying to parliament". POLITICO (en inglés). 2024-02-23. Consultado o 2024-02-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]