Sei Shonagon
Nome orixinal | (ja) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 966 Heian-Kyo, Xapón (pt) |
Morte | 1025 (58/59 anos) Kyoto, Xapón |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e ensaio |
Ocupación | dama de compañía, autora de diarios, escritora, ensaísta, poetisa, historiadora |
Período de actividade | 1000 (Gregoriano) - |
Empregador | Fujiwara no Teishi (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Tachibana no Norimitsu Fujiwara no Muneyo |
Fillos | Jōtōmoninkomanomyōbu () Fujiwara no Muneyo Tachibana no Norinaga () Tachibana no Norimitsu |
Pai | Kiyohara no Motosuke |
Irmáns | Kaishū Kiyohara no Munenobu |
|
Sei Shōnagon (xaponés:
Nome
[editar | editar a fonte]O seu auténtico nome é descoñecido. Durante o período Heian (794-1185), era habitual que os aristócratas chamasen ás damas da corte por apelativos derivados do rango dos seus pais ou esposos.[2] Sei
Existe un amplo debate arredor do seu nome real, que podería ter sido Kiyohara no Nagiko (xaponés:
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Non existe moita información sobre a súa vida, agás o que se pode atopar nos seus propios textos. Era filla do erudito e poeta de waka Kiyohara no Motosuke, quen ocupaba un cargo de funcionario provincial. O seu avó, Kiyohara no Fukayabu, tamén escribiu waka. Malia ser unha familia de cortesáns de rango medio, carecían de medios económicos.
Sei Shōnagon casou con Tachibana no Norimitsu, un oficial do goberno, aos dezaseis anos. Con el tivo un fillo, Norinaga. En 993, aos vinte e sete, comezou a traballar no servizo da emperatriz Teishi, consorte do emperador Ichijō. Neste momento, podería estar xa divorciada do seu primeiro esposo. Ao abandonar o servizo da emperatriz, casou con Fujiwara no Muneyo, gobernador da provincia de Settsu, con quen tivo unha filla, Koma no Myobu. Porén, segundo outras fontes fíxose monxa budista.[5]
Rivalidade con Murasaki Shikibu
[editar | editar a fonte]Sei Shōnagon é coñecida pola súa rivalidade cunha das súas contemporáneas, a escritora e dama da corte Murasaki Shikibu, autora do célebre Genji monogatari e serva da emperatriz Shoshi, segunda consorte do emperador Ichijō. Esta escribiu en ton de burla sobre Sei Shōnagon no seu Murasaki Shikibu nikki ("Diario de Murasaki Shikibu", c. 1010), aínda que recoñecendo o seu talento literario.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Descoñécense as circunstancias da súa vida despois de 1017, xa que apenas hai información sobre ela tras o pasamento da emperatriz Teishi en 1000. Segundo a tradición, viviu os seus derradeiros anos na pobreza como monxa budista.[5] Porén, de acordo con outras fontes, casou con Fujiwara no Muneyo. En calquera caso, pénsase que a súa obra mestra, o Makura no sōshi, foi redactado durante esta época, entre o 1001 e o 1010.
Obra
[editar | editar a fonte]Sei Shōnagon gañou moita sona grazas ao seu Makura no sōshi, unha miscelánea de listaxes, rexoubas, poesía, observacións e queixas escrita durante os seus anos na corte. Trátase dun exemplo do xénero literario xaponés coñecido como zuihitsu. Nestes textos, describe as súas experiencias cotiás e os costumes da época, así como os sucesos da corte imperial de Kyoto, dende o seu peculiar punto de vista.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sei Shōnagon". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Keene 1999, p. 412.
- ↑ Keene 1999, p. 412, 427.
- ↑ Katō 1674.
- ↑ 5,0 5,1 Donawerth 2002, p. 22-23.
- ↑ Toraya 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sei Shonagon |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Donawerth, Jane (2002). Rhetorical Theory by Women Before 1900: An Anthology (en inglés). Rowman & Littlefield. ISBN 978-0-7425-1716-5.
- Katō, Bansai (1674). Sei Shōnagon Makura no sōshi shō
清少納言 枕 草紙 抄 ("Anotacións sobre o Libro da almofada de Sei Shōnagon") (en xaponés). - Keene, Donald (1999). A History of Japanese Literature, Vol. 1: Seeds in the Heart – Japanese Literature from Earliest Times to the Late Sixteenth Century (en inglés). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11441-7.
- Toraya (2002). "Sei Shōnagon to beidan
清少納言 と餅 餤" (en xaponés).