Serebro
Serebro | |
---|---|
A banda nunha actuación en 2012.De esquerda a dereita: as ex-integrantes Anastasia Karpova, Elena Temnikova e a actual Olga Seryabkina. | |
Período | 2006-2019 |
Xénero(s) | Pop, pop rock,[1] electrónica[2] |
Antigos membros | Marina Lizorkina Elena Temnikova Anastasia Karpova Olga Seryabkina Dasha Shashina Polina Favorskaya |
Na rede | |
http://www.serebro.su | |
Serebro (do ruso: Серебро:prata) é un grupo feminino ruso formado polo produtor Maxim Fadeev e composto por Olga Seryabkina, Polina Favorskaya e Dasha Shashina. Serebro formouse en 2007 para propoñelo a Perviy Kanal para o Festival de Eurovisión 2007 e finalmente acabou seleccionada como o representante ruso no Festival coa canción "Song #1". Quedaron en terceiro lugar no concurso, con 207 puntos. Despois Serebro asinou oficialmente contrato coa discográfica de Fadeev Monolit Records. No ano 2009 Marina Lizorkina anunciou a súa marcha do grupo substituída por Anastasia Karpova.
Polo tempo da marcha de Lizorkina a banda realizou o seu álbum de estudio OpiumRoz que recibu recoñecemento da crítica pero non foi un éxito comercial. O segundo álbum Mama Lover tivo non obstante máis éxito, incluía a canción homónima que petou ben nas listas de éxito e foi dobre dobre platino en Rusia, o vídeo musical tivo máis de 20 millóns de visitas en YouTube. Tras o éxito o grupo lanzou Mama Lover no Xapón, co nome de Serebration e co selo EMI Music. O seu primeiro sinxelo internacional, con Ego Music e Universal Music Group, "Mi Mi Mi" foi un éxito nas listas europeas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Serebro. AllMusic, ed. "Serebro - Music Biography, Credits and Discography". Consultado o 10 de xullo de 2012.
- ↑ "Serebro reviews, music, news". sputnikmusic. 25 de abril de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2012.