(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Sh2-106 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sh2-106

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sh2-106
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa de emisión (bipolar)
Ascensión recta 20h 27m 27.1s[1]
Declinación +37° 22′ 39″
Distancia 2.000 al
Magnitude aparente ?
Dimensións aparentes 3′ × 3′
Constelación de Cygnus[2]
Características físicas
Radio 1 al
Magnitude absoluta ?
Outras designacións a Nebulosa do Anxo de Xeo Celestial, S106

Sharpless 2-106, Sh2-106, S106[3] ou máis popularmente coñecida coma o Anxo de Neve Celestial,[4] é unha rexión de formación de estrelas bipolar, cunha forma que lle dá a aparencia dun anxo celestial coas súas "ás" despregadas de preto de 2 anos luz de diámetro. Fica a preto de 2.000 anos luz da Terra, nun sector relativamente illado da Vía Láctea, na rexión H II da constelación de Cygnus.[2]

A forma de ás de anxo son debido a unha estrela de gran masa, que, debido á súa alta actividade expulsa cara a fora dous lóbulos xemelgos do gas quente de cor azul brillante. Tamén ten un anel de po e gas ó redor coa aparencia dun cinto que se expande e que lle dá a forma dun "reloxo de area".

Grazas ás imaxes nítidas obtidas en febreiro do 2011 polo Telescopio Espacial Hubble, podemos observar que a luz feble que emana da estrela central é reflectida polas partículas de po, iluminando a súa contorna e permitindo observa-las ondas de choque dos gases a medida que interactúan co medio interestelar máis frío. Estas imaxes foron tomadas coa Wide Field Camera 3, usando un filtro na banda visible estreita para illa-lo gas de hidróxeno. Tamén foi combinada con filtros do infravermello próximo, co fin de amosa-lo contraste da estrutura de gas frío e po dos filamentos rizados, de cor avermellada escura, como "veas" arredor dos lóbulos azuis.[3]

Estrela central

[editar | editar a fonte]

S106 ten no seu centro un estrela masiva, a cal permanece oculta detrás dunha nube de po e gas, que foi identificada coma "fonte de infravermellos" S106 IRS 4[5], cunha masa equivalente a 15 soles.[6]

Esta estrela, duns 100.000 anos de antigüidade, emite unha fonte infravermella do tipo 4 (IRS 4)[2] e impulsa a nebulosa bipolar cunha taxa de perda de masa de preto de 1 a 2 veces máis rápido que outras estrelas na secuencia principal cunha luminosidade semellante. Con todo, baseándose na dinámica do vento de raios X da súa luminosidade, a S106 IRS 4 é comparable, polos seus valores observados, coas estrelas masivas máis evolucionadas pertencentes á estrelas xigantes na secuencia principal, suxerindo que o proceso que é responsable da emisión de raios X nas estrelas masivas máis vellas xa está en marcha nas etapas iniciais de S106 IRS 4.[5]

Estudos posteriores desta nebulosa descubriron máis de 600 obxectos sub-estelares ou ananas marróns.[3] Observadas en lonxitudes de onda de infravermellos puros, estas estrelas "falidas" pesan menos dunha décima parte có noso Sol e, debido á súa baixa masa non pode producir enerxía sostida pola fusión nuclear como fai o noso Sol.

A estrela IRS 4 posúe un gran disco de gas e po a rodea, de cor vermella escura, e actúa coma unha nebulosa de emisión, xa que este po emite luz despois de ser ionizado, mentres que o po da IRS 4 máis distante reflicte a luz da estrela e, polo tanto, tamén actúa coma unha nebulosa de reflexión.[2]

  1. Galaxy Map (ed.). "Sh 2-106". 2004A&A...424..965G (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24-11-2011. Consultado o 18-12-2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Nemiroff, Robert (07-11-2011). Jerry Bonnell (UMCP), ed. "Star Forming Region S106" (en inglés). Consultado o 18-12-2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 NASA, ESA, and the Hubble Heritage Team (STScI/AURA). "Hubble Serves Up a Holiday Snow Angel". STScI-PRC2011-38 (en inglés). Consultado o 18-12-2011. 
  4. Noticiero Jujuy. "Sharpless 2-106: un ángel de nieve cósmico a 2 mil años luz" (en español). Arquivado dende o orixinal o 17-02-2013. Consultado o 19-12-2011. 
  5. 5,0 5,1 Giardino, G.; Favata, F. y Micela, G. Astronomy and Astrophysics, SAO/NASA ADS, ed. "Chandra observations of the massive star-forming region S106" (en inglés). pp. 965–978. doi:10.1051/0004-6361:20040363. Consultado o 18-12-2011. 
  6. Gran Telescopio CANARIAS (GTC). Europa Press, ed. "El nacimiento de una estrella captado por el Gran Telescopio de Canarias" (en español). Santa Cruz de la Palma. Consultado o 18-12-2011.