Sikhismo
O sikhismo[1] (en punjabi: ਸਿੱਖੀ sikkhī, do sánscrito: 'śiṣya' 'aprendiz', ou śikṣa 'instrución'[2][3]), tamén coñecido tradicionalmente como gurmat (literalmente, 'o consello dos gurús) ou dharma sikh (doutrina dos sikhs), é unha relixión monoteísta que se desenvolveu durante o século XV na rexión de Punjab[4][5], no contexto do conflito entre o hinduísmo e o islam. Os seguidores do sikhismo chámanse sikhs.
O termo sikh significa en punjabi discípulo forte e tenaz. A doutrina básica do sikhismo consiste na crenza dun único deus e as ensinanzas do gurú Nanak e dos Dez Gurús do sikhismo, recollidas no libro sagrado dos sikhs, o Guru Granth Sahib. Dun monoteísmo estrito, estas ensinanzas son unha síntese do movemento bhakti hinduísta e do sufismo islámico que nega a autoridade dos vedas, abole o sacrificio, o sacerdocio e o sistema de castas. Coas ensinanzas do último gurú Gobind Singh (1666-1708), o seu carácter pacifista transformouse nun espírito militar, rexeitando a doutrina non violenta do ahimsa. Os templos sikhs reciben o nome de gurdwaras e o máis importante é o Templo Dourado da cidade de Amritsar.
Os sikhs cren nun deus chamado Ek Onkar[6], omnipresente e con cualidades infinitas e, en certo xeito, son panteístas[7]. Tamén cren na reencarnación, mais aceptan outras crenzas para despois da morte. Practican as virtudes da caridade, amabilidade e humildade contra os vicios da ira, gula e luxuria. Manteñen que hai igualdade entre todas as persoas (son contrarios ao sistema de castas da India) e procuran un estilo de vida chamado Chardi Kala, que se considera positivo e optimista[8].
É a quinta relixión máis importante do mundo por número de fieis, cun número estimado de 25 millóns de crentes en todo o mundo. A maior parte deles (o 75%) viven na rexión india de Punjab, onde representan o 60% da poboación, mais tamén hai comunidades sikhs importantes nos Estados Unidos, no Reino Unido, no Canadá, en Malaisia e en Singapur[9][10].
Os 10 gurús
[editar | editar a fonte]# | Nome | Data de nacemento | Inicio como gurú | Data da ascensión |
Idade |
---|---|---|---|---|---|
1 | Nanak Dev | 15 de abril de 1469 | 20 de agosto de 1507 | 22 de setembro de 1539 | 69 |
2 | Angad Dev | 31 de marzo de 1504 | 7 de setembro de 1539 | 29 de marzo de 1552 | 48 |
3 | Amar Das | 5 de maio de 1479 | 26 de marzo de 1552 | 1 de setembro de 1574 | 95 |
4 | Ram Das | 24 de setembro de 1534 | 1 de setembro de 1574 | 1 de setembro de 1581 | 46 |
5 | Arjan Dev | 15 de abril de 1563 | 1 de setembro de 1581 | 30 de maio de 1606 | 43 |
6 | Har Gobind | 19 de xuño de 1595 | 25 de maio de 1606 | 28 de febreiro de 1644 | 48 |
7 | Har Rai | 16 de xaneiro de 1630 | 3 de marzo de 1644 | 6 de outubro de 1661 | 31 |
8 | Har Krishan | 7 de xullo de 1656 | 6 de outubro de 1661 | 30 de marzo de 1664 | 7 |
9 | Tegh Bahadur | 1 de abril de 1621 | 20 de marzo de 1665 | 11 de novembro de 1675 | 54 |
10 | Gobind Singh | 22 de decembro de 1666 | 11 de novembro de 1675 | 7 de outubro de 1708 | 41 |
11 | Gurú Granth Sahib | n/a | 7 de outubro de 1708 | n/a | n/a |
As ensinanzas dos Dez Gurús sikhs (así como doutros sabios hindús e musulmáns) están contidas no Gurú-grant-sahib.
Crenzas e ritos
[editar | editar a fonte]Os sikhs cren nun deus panteísta, ou máis exactamente panenteísta. A primeira frase de todas as escrituras sikhs son dúas palabras, que reflicten a base das ensinanzas: «Ik Onkar» ("[hai] un só deus"), en punjabí, aínda que ten a súa orixe no vocábulo sánscrito «eka omkara» ("un só son om"), sendo
- eka: "un" (número);
- om, un mantra que representa o Brahman (o deun non-persoa do hinduísmo); e
- kara: ‘letra’.
ੳ (onkar): representa a Deus ou o poder trascendental. Trátase da letra ura (a primeira letra do alfabeto gurmují), mais cunha cola estendida. Pronúnciase |onkar| e representa todo o poder do universo, controlado por deus.
Segundo Bhai Gurdas, «ao escribir “un” (ik, ੧) ao principio, demostrouse que deus (quien subsume todas as formas nel), é un». Nisto diferénciase da Santísima Trindade (un só deus en tres persoas divinas, do cristianismo) ou do Trimurti (os tres deuses principais do hinduísmo).
Os cinco K ou artigos de fe
[editar | editar a fonte]- Kesh: cabelos longos sen cortar.
- Khanga: un pequeno peite de madeira para recoller o cabelo.
- Kara: un brazalete metálico.
- Kachera: roupa interior de algodón.
- Kirpan: nas súas orixes era unha espada cerimonial, mais hoxe en día non é máis que unha daga pequena. Simboliza o poder e a liberdade do espírito, o autorespecto, a loita constante do ben e a moralidade sobre a inxustiza. O kirpan nunca se pode desenvaiñar para atacar, mais pode ser usado para autodefensa ou protexer a outro.
Khanda, o emblema sikh
[editar | editar a fonte]Este símbolo está formado por tres armas, o khanda, situado entre dúas espadas curvas chamadas kirpans e un chakkar, arma con forma de disco. Cada arma ten un significado simbólico diferente:
- Khanda: espada recta que simboliza o coñecemento de Deus.
- Kirpans: espadas curvas que representan a soberanía política e espiritual.
- Chakkar: arma en forma de disco que simboliza a unidade de Deus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sikhismo.
- ↑ Singh, Khuswant (2006). Oxford University Press, ed. The Illustrated History of the Sikhs. Nova Delhi. p. 15. ISBN 0-19-567747-1.
- ↑ Nabha, Kahan Singh. Gur Shabad Ratnakar Mahan Kosh/ਗੁਰ ਸ਼ਬਦ ਰਤਨਾਕਰ ਮਹਾਨ ਕੋਸ਼. p. 720. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2016.
- ↑ Cole, W.Owen e Sambhi, Piara Singh (1993). Palgrave Macmillan, ed. Sikhism and Christianity: A Comparative Study (Themes in Comparative Religion). Wallingford, Reino Unido. p. 117. ISBN 0333541073.
- ↑ Partridge, Christopher (2013). Fortress Press, ed. Introduction to World Religions. p. 429. ISBN 978-0-8006-9970-3.
- ↑ Singh, Ishar (1985). Atlantic Publishers & Distri, ed. The Philosophy of Guru Nanak. p. 129.
- ↑ Gier, Nicholas F. (2014). Lexington Books, ed. The Origins of Religious Violence: An Asian Perspective. p. 212. ISBN 073919223X.
- ↑ Sachs Norris, Rebecca (2012). BRILL, ed. Religion and the Body: Modern Science and the Construction of Religious Meaning. p. 240. ISBN 978-90-04-22111-6.
- ↑ Adherents.com. "Religions by adherents". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2016.
- ↑ McDowell, Michael e Brown Nathan Robert (2009). Alpha Books, ed. World Religions at Your Fingertips. p. 232. ISBN 978-1-59257-846-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sikhismo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díez de Velasco, Francisco (1988). Introducción a la historia de las religiones. Trotta. ISBN 978-8481642322.
- Duggal, Kartar Singh (1988). Philosophy and Faith of Sikhism. Himalayan Institute Press. ISBN 0-893-89109-6.
- Teece, Geoff (2004). Sikhism: Religion in focus. Black Rabbit Books. ISBN 1-583-40469-4.
- Pániker, Agustín (2008). Los sikhs: historia, identidad y religión. Kairos. ISBN 978-8472456549.
- Parrinder, Geoffrey (1971). World Religions: From Ancient History to the Present. Hamlyn Publishing Group, EUA. ISBN 0-87196-129-6.
- Singh, Khushwant (2006). The Illustrated History of the Sikhs. Oxford University Press, Índia. ISBN 0-195-67747-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sikhs.org (en inglés)
- Sikhmuseum.com (en inglés)