(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Simias de Tebas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Simias de Tebas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSimias de Tebas
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, matemático Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSócrates Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Simias de Tebas (en latín, Simmias, en grego, Σιμμίας), foi un filósofo grego, primeiro discípulo do pitagórico Filolao e máis tarde amigo e discípulo de Sócrates.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coñecemos esta amizade a través dunha obra de Xenofonte Memorabilia[1]. Hai dous diálogos de Platón nos que un personaxe chamado Simias aparece como interlocutor de Sócrates, un é o Fedón[2] e outro o Critón[3]. Mesmo está presente na décimo terceira epístola escrita por Platón. Estudou en Exipto e familiarizouse coa filosofía mística exipcia. Segundo Dióxenes Laercio, Simias foi o autor de 23 diálogos, dos que a enciclopedia Suídas menciona o título de dous Sobre a filosofía e outro Sobre a música, hoxe non conservados[4]. Simias tamén aparece como personaxe no De Genio Socratis de Plutarco, na sección chamada Moralia[5].

Simias viaxou desde Tebas co seu irmán Cebes levando unha gran cantidade de diñeiro para liberar a Sócrates, e estaba ao seu carón cando morreu.

  1. Xenofonte, Memorabilia, 1.2.48, 3.10.17,
  2. Platón, Fedón, 242b
  3. Platón, Critón, 45b
  4. Dióxenes Laercio, II, 124
  5. Plutarco, Moralia 7.46, 575-598