Sobremesa
Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.
Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns froitos secos (noces, castañas asadas).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome é unha extensión de sobremesa, é dicir, do período de tempo en que os comensais permanecen á mesa despois de comeren, xeralmente falando, xa que é nese momento cando se serve.
Na lingua galega, sobremesa vén da construción morfolóxica sobre + mesa, significando sobre 'despois', 'aquilo que sucede máis tarde', e mesa significando 'comida principal que se consome á mesa'. Polo tanto, sobremesa significa despois da mesa ou aquilo que sucede á comida principal.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras sobremesas eran alimentos servidos en cru, como panais de mel, e froitos secos, como dátiles.
Non foi até a Idade Media, cando o azucre comezou a fabricarse, en que a xente empezou a gozar de máis sobremesas doces, pero incluso entón o azucre era tan caro que se reservaba só para os ricos, e en ocasións moi especiais.
A orixe de sobremesas conxeladas, como o xeado e os sorbetes remóntanse tamén á Idade Media, cando a realeza consumía xeo doce con sabor a mel ou a xarope de froitas.[1]
Tamén na Idade Media, nos banquetes da corte francesa, pratos que hoxe consideramos como sobremesa, e que podían consistir en preparacións doces e salgadas, non pechaban a comida, senón que ían seguidos por outros dous servizos, o issue de table e o boutehors, alimentos compostos de viño e especias de cámara (así chamadas porque sa pasaba a unha cámara á parte para degustalas), especias ou froitas confeitadas en azucre ou mel: xenxibre, coandro, fiúncho, anís, nougat de piñóns, doce de marmelo, abelás e pistachos confeitados. Estas especias de cámara gozaban de gran reputación, pois considerábase que facilitaban a dixestión, de xeito que eran máis ben medicamentos que doces, e por iso eran frecuentemente preparadas por boticarios e dadas aos enfermos.[2]
Antes do século XIX, que conduciu, por un lado, ao xurdimento da clase media e, por outro, á mecanización da industria azucreira, os doces eran un privilexio da aristocracia. Cando o azucre se fixo máis barato medrou, paralelamente, o desenvolvemento e a popularización das sobremesas.
En moitas culturas, como a chinesa, non se espera a chegar ao final da comida, servíndose unha mestura de doces e saborosos pratos ao longo da comida.
Doces e sobremesas típicas de tempada
[editar | editar a fonte]Hai algunhas sobremesas que se consomen especialmente nalgunhas datas significadas. En Galicia, por exemplo:
- En entroido
- En Pascua
- En Santos e defuntos
- En Nadal
- Rosca de Reis, froita seca, noces. Hoxe en día turróns, mazapáns, polvoróns (importados).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Crema catalá, sobremesa típica de Cataluña.
-
Arroz con leite, típica sobremesa de moitas gastronomías.
-
Ananás ou "piña americana".
-
Copa de xeado de chocolate con nata e galleta.
-
Ósos de santo, doce da Semana Santa de Castela e León.
-
Leite fritido, sobremesa común en Galicia.
-
Filloas, doces típicos de Galicia (especialmente polo Entroido), Bretaña e outros países.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Delp, Valorie: "History of Desserts". LoveToKnow. (en inglés) Consultada o 18/04/2020.
- ↑ Jacquert, Danielle (1988): La médecine médiévale dans le cadre Parisien XIV–XVe siècles. Fayard. ISBN 2-213-59923-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sobremesa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Delp, Valorie: "History of Desserts". LoveToKnow (en inglés). Consultado o 18/0/2020.
- Dodge, Abigail J. et. al. (2002): Dessert. Simon & Schuster. ISBN 0743226437. [1]
- Mesnier, Roland (2004): Dessert University. Simon & Schuster. ISBN 0-7432-2317-9 [2]
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|