(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Sonome - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sonome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSonome

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 斯波しばえんおんな Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1664 Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1726 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xapón Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, escritora, tenja (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMatsuo Basho Editar o valor en Wikidata

Shiba Sonome (xaponés: 斯波しば えんおんな), nada en 1664 e finada o 21 de maio de 1726, foi unha poeta zen xaponesa do período Edo. Amiga de Matsuo Bashō, con quen mantivo unha correspondencia con numerosos haikus, considerada hoxe en día un tesouro literario.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sonome naceu en Yamada, na provincia de Ise (actual cidade de Ise, na prefectura de Mie).[2] Era filla dun sacerdote xintoísta de Ise.[2] Casou cun médico local, co que se trasladou a Osaka en 1682.[2] Entre 1688 e 1689, fíxose discípula da escola de Matsuo Bashō.[2]

Tras o pasamento do seu esposo, asentouse na capital de Edo, onde estivo en contacto cun dos principais estudantes de Bashō, Enomoto Kikaku (1661-1707).[3] Alí, traballou como doutora asistindo a doentes con enfermidades oculares.[3] En 1718, decidiu facerse monxa budista.[3]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 VV. AA. 1984, p. 59-60.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Shiba Sonome 斯波しばえんおんな - Letter - Japan - Edo period (1615–1868)". The Metropolitan Museum of Art (en inglés). Consultado o 2024-08-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]