(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Jean-de-Dieu Soult - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jean-de-Dieu Soult

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Soult»)
Modelo:BiografíaJean-de-Dieu Soult
Par de Francia Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1769 Editar o valor en Wikidata
Saint-Amans-Soult, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 1851 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Saint-Amans-Soult, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Amans-Soult Editar o valor en Wikidata
Head of government of France (en) Traducir
29 de outubro de 1840 – 19 de setembro de 1847
← Adolphe ThiersFrançois Guizot →
Head of government of France (en) Traducir
12 de maio de 1839 – 1 de marzo de 1840
← Mathieu Louis MOLÉ DE CHAMPLATREUXAdolphe Thiers →
Head of government of France (en) Traducir
11 de outubro de 1832 – 18 de xullo de 1834
← Casimir Pierre Périer (pt) TraducirÉtienne Maurice Gérard (pt) Traducir →
Ministro da Guerra (pt) Traducir
Par de Francia
Par de Francia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Residenciahôtel du Périgord (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1785 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadePrimeira República Francesa Editar o valor en Wikidata
Rama militarInfantaría Editar o valor en Wikidata
Rango militarMarshal of the Empire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española
Guerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Participou en
Napoleonic looting of art in Spain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaSoult family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLouise Berg Editar o valor en Wikidata
FillosNapoléon-Hector Soult de Dalmatie, Joséphine Louise Hortense Soult Editar o valor en Wikidata
PaisJean Soult Editar o valor en Wikidata  e Brigitte de Grenier Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean-François Soult
Pierre-Benoît Soult Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сульт Никола Жан де Дьё)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Soult, Nicolas-Jean de Dieu Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1763894 WikiTree: Soult-17


Nicolas Jean de Dieu Soult, nado o 9 de marzo de 1769 en Saint-Amans-la-Bastide, (hoxe Saint-Amans-Soult, na provincia de Languedoc) e finado no castelo de Soultberg o 26 de novembro de 1851, foi un aristócrata, militar e político francés.

Destacado combatente nas guerras napoleónicas, dirixiu as tropas francesas durante a guerra da independencia española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Entrou no exército en 1786 á idade de dezaseis anos e foi ascendido a segundo tenente en 1791 e a capitán dous anos despois. Participou en diversas accións de guerra durante a Convención, pero destacou especialmente na vitoria conseguida en Fleurus, a mediados de 1794, polo que foi nomeado xeneral. Demostrou as súas dotes como estratego militar nas campañas de Suíza e Italia entre 1799 e 1800, nas que estivo ás ordes do xeneral André Masséna. Napoleón deulle o mando militar do Piemonte e posteriormente dirixiu a Garda consular. Ascendeu a mariscal en 1804, un día antes da proclamación de Napoleón como emperador. En 1805 contribuíu decisivamente na vitoria napoleónica na Batalla de Austerlitz. Tamén estivo presente na guerra contra Rusia e Prusia dende 1806 até 1817. Foi gobernador da vella Prusia e recibiu o título de duque de Dalmacia.

En España

[editar | editar a fonte]

A finais de 1807, foi enviado a España, tomou Burgos e A Coruña (na Batalla de Elviña) pero foi derrotado na campaña de Portugal por Wellington. A mediados de 1809, o emperador nomeouno xeneral maior das forzas francesas en España, pouco despois obtivo unha decisiva vitoria na Batalla de Ocaña. Durante 1810 foi xeneral en xefe do exército de Andalucía. A principios do ano seguinte invadiu Estremadura e ocupou Badaxoz, pero foi derrotado no enfrontamento da Albuera coas tropas anglo-españolas

En 1812 tivo serios enfrontamentos con Xosé I, polo que Napoleón cambiouno de fronte, e durante uns meses loitou no Rin. En 1813, cando as forzas imperiais comezaron a fraquear en España, foi posto novamente á fronte das tropas da península, fracasando no seu intento de recuperar as prazas de Pamplona e Donostia, e ao ano seguinte de novo foi derrotado polas forzas de Wellington en Orthez e Tolosa, cando tentaba que o exército británico non entrara en territorio francés.

Nas Restauracións borbónicas

[editar | editar a fonte]
Nicolas Jean de Dieu Soult,
Duque de Dalmacia, e mariscal de Francia con Napoleón
ministro con Lois XVIII e Luís Filipe de Orleáns.

Durante a primeira Restauración, na que Lois XVIII ocupou por primeira vez o trono francés (1814-1815), Soult foi nomeado ministro da guerra.

Porén, aceptou ser xefe do Estado Maior de Napoleón durante o tempo que transcorreu dende a fuxida deste da illa de Elba ata a súa derrota definitiva na batalla de Waterloo no ano 1815.

Por este episodio foi desterrado de Francia dende 1816 ata 1819, ano no que foi chamado por Lois XVIII, que lle devolveu o grao de mariscal ao ano seguinte.

Foi un dos primeiros militares franceses que deu o seu apoio a Luís Filipe I de Orleáns. Desempeñou diversos cargos políticos durante este reinado (ministro da guerra entre 1830 e 1834, e de 1840 a 1844), mentres que a carteira de Asuntos Exteriores estivo nas súas mans entre 1839 e 1840.

Retirouse da política en 1847, cerca xa dos oitenta anos e faleceu en 1851.

Curiosidade

[editar | editar a fonte]

Despois de guerra da independencia moitos galegos bautizaron aos seus cans co nome de soult, e tamén co de ney, en recordo destes dous xenerais, Soult e Ney, costume que, nalgunha medida, pervive até os nosos días.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Yvert Benoît, dir. (2007): Premiers ministres et présidents du Conseil. Histoire et dictionnaire raisonné des chefs du gouvernement en France (1815-2007). París: Perrin. ISBN 2-2620-2687-5.
  • Nicole Gotteri| (1991): Soult, maréchal d'Empire et homme d'Etat. La Manufacture de Livres. ISBN 2-7377-0285-2.
  • Frédéric Hulot (2003): Le Maréchal Soult. París: Pygmalion.ISBN 2-85704-881-5

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]