Space Coast
Localización | |||
---|---|---|---|
Space Coast é unha rexión vernácula no estado de Florida ao redor do Centro Espacial John F. Kennedy (no acrónimo en inglés, KSC) e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral. Todos os lanzamentos de voos espaciais tripulados da NASA (empezando polo Proxecto Mercury en 1961 ata o fin do programa transbordadores espacias en 2011) partiron ou ben do KSC ou ben de Cabo Cañaveral. Na Estación da Forza Aérea tiveron tamén lugar lanzamentos de foguetes espaciais militares e civís non tripulados. A área inclúe as cidades de Titusville, Cocoa, Rockledge, Cabo Cañaveral, Merritt Island (non incorporada), Cocoa Beach, Melbourne, Indialantic e Palm Bay. A maior parte da área sitúase dentro dos límites do Condado de Brevard. Limita ao sur coa Treasure Coast; ao oeste e o norte con Florida Central (rexión á que está ligada economicamente); e ao leste co océano Atlántico.
Lugares relacionados
[editar | editar a fonte]Ademais do KSC e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral, teñen relación polos seus nomes con Space Coast os seguintes lugares:
- Alan Shepard Park, en Cocoa Beach[1]
- Apollo Boulevard, en Melbourne[2]
- Apollo Elementary School, en Titusville[3]
- Armstrong Drive, en Titusville
- Astronaut Boulevard, en Cabo Cañaveral
- Astronaut High School, en Titusville
- Atlantis Elementary School, en Port Saint John
- Bayside High School, en Palm Bay
- Challenger Memorial Parkway, (Florida State Road 407), en Titusville
- Challenger 7 Elementary School, en Port Saint John
- Chaffee Drive, en Titusville
- Christa McAuliffe drawbridge, en Merritt Island
- Christa McAuliffe Elementary School, en Palm Bay
- Columbia Boulevard (Florida State Road 405), en Titusville
- Columbia Elementary School, en Palm Bay
- Columbia Village, en Melbourne (Instituto de Tecnoloxía de Florida)
- Discovery Elementary School, Palm Bay[4]
- Endeavour Elementary Magnet school, en Cocoa[5]
- Enterprise Elementary School, en Cocoa
- Freedom 7 Elementary School, en Cocoa Beach
- Gemini Elementary School, en Melbourne Beach[6]
- Grissom Parkway, en Cocoa
- I Dream Of Jeannie Drive, Cocoa Beach
- Jupiter Boulevard, en Palm Bay
- Ronald McNair Middle Magnet School, Rockledge
- MILA Elementary School, Merritt Island[7][8]
- NASA Boulevard (Florida State Road 508), en Melbourne
- New Apollo Boulevard Bridge, en Melbourne[9]
- Satellite Beach, Florida
- Satellite Boulevard, en Cocoa
- Satellite High School, en Satellite Beach[10]
- Shepard Drive, en Titusville
- Space Coast Jr./Sr. High School, en Cocoa[11]
- Space Coast Stadium, en Viera, Florida
- Space Coast Surge, antigo equipo de béisbol en Cocoa[12]
- Space View Park, en Titusville
- White Drive, en Titusville
Prefixo telefónico
[editar | editar a fonte]Cando a zona pasou a ter moita poboación para servirse dun só prefixo telefónico, un residente local[13] descubriu que o prefixo nº 321 non estaba asignado a ningún outro territorio (aínda que considerábase por entón que pertencía á área suburbana de Chicago)[14]. Se cada un dos números era pronunciado individualmente —"3, 2, 1"—, a serie lembraba á conta regresiva antes dun lanzamento; así que os residentes solicitaron a asignación do código á rexión de Space Coast. A idea callou entre a poboación local e, finalmente, o novo prefixo telefónico fíxose efectivo oficialmente o 1 de novembro de 1999[15].
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alan Shepard Park". citiyofcocoabeach.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016.
- ↑ Central Florida Roads. Florida Department of Transportation (ed.). "241241-1 Apollo Boulevard from Sarno Road to Eau Gallie Boulevard". cflroads.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-12-2015. Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "Apollo Elementary School. An A+School - Home of the Eagles". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "Discovery Elementary School. Home of the Dolphins! Celebrating 25 Years". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "Endeavour Elementary School. Excellence is the Only Option - Excellence is our Destination". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "Gemini Elementary School. Gemini Jet Stars". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "Mila Elementary School. Home of the Manatees". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ Saggio, Jessica (1-8-2015). "So what does the name MILA Elementary actually mean?". Florida Today (en inglés) (Melbourne, Florida). p. 1B. Consultado o 11-8-2015.. "MILA" é o acrónimo de Merritt Island Launch Area" (Área de Lanzamento de Merritt Island).
- ↑ Neale, Rick (19-11-2015). "New Apollo Boulevard bridge dedicated in Melbourne". Florida Today (en inglés). Consultado o 20-1-2015.
- ↑ "Satellite High School. Ad astra per aspera". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "Space Coast Junior/Senior High School. Home of the Vipers". edline.net (en inglés). Consultado o 20-1-2016.
- ↑ "2009 Space Coast Surge". baseball-reference.com (en inglés). Consultado o 20-1-2016. Equipo de béisbol infantil e xuvenil membro da Liga de Béisbol de Inverno de Florida, que disputouse en Cocoa no ano 2009. Esta páxina web contén estatísticas individuais do equipo de béisbol durante a súa existencia.
- ↑ Robert Osband (tamén coñecido como Richard Cheshire)
- ↑ Isto incluía á maior parte do condado, salvo a parte meridional do mesmo.
- ↑ Osband, Robert. Spacey Ideas, ed. "A Chronology Of Events Surrounding. The Establishment Of Area Code 321" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-01-2016. Consultado o 19-1-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outras ligazóns
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Space Coast Wiki Arquivado 30 de xuño de 2015 en Wayback Machine.—unha Wikipedia local de Space Coast.