(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Stanley B. Prusiner - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Stanley B. Prusiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStanley B. Prusiner

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalStanley Benjamin Prusiner
Biografía
Nacemento28 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Des Moines, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Cargos
Director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da Universidade de California, San Francisco (UCSF)
Datos persoais
ResidenciaSan Francisco Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Ciencias Químicas, Doutor en Medicina
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Q89547790Ser o descubridor dos prións
Actividade
Campo de traballoNeuroloxía e Bioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, profesor universitario, bioquímico, virólogo, neurólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, San Francisco
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enNeurobioloxía Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSandy Turk Prusiner[1] Editar o valor en Wikidata
Fillosdous[1] Editar o valor en Wikidata
PaisLawrence Prusiner[1] Editar o valor en Wikidata  e Miriam Prusiner (nada Spigel)[1] Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Stanley Brnjamin Prusiner, nado o 28 de maio de 1942 en Des Moines, Iowa,[1] é un neurólogo e bioquímico estadounidense.

É o director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da Universidade de California en San Francisco (UCSF). Descubriu os prións, unha clase de patóxenos infecciosos autorreprlicábeis compostos principalmente ou unicamente por proteínas.

Recibiu o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica en 1994 e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1997 polas investigacións sobre os prións desenvolvida por el e o seu equipo de colaboradores a partir dos principios da década de 1970.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Prusiner naceu en Des Moines, Iowa, fillo de Miriam Spigel e Lawrence Prusiner, un arquitecto. Pasou a súa infancia en Des Moines e Cincinnati, Ohio, onde asistiu ao Walnut Hills High School, onde era coñecido como "o pequeno xenio" polo seu traballo innovador nun repelente para Boisea trivittata, un insecto hemíptero de Norteamérica. Prusiner recibiu o título de Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Pensilvania e máis tarde recibiu o seu M.D. (Doutor en Medicina) na Facultade de Medicina da Universidade de Pensilvania.[1] Prusiner realizou entón as prácticas en Medicina na Universidade de California en San Francisco (UCSF). Máis tarde trasladouse ao Instituto Nacional de Saúde (NIH), onde estudou as glutaminases (enzimas amidohidrolases que xeran glutamatos a partir da glutamina) en E. coli.

Despois de tres anos no NIH, Prusiner volveu á UCSF para completar unha residencia en neuroloxía. Tras completar a residencia en 1974, integrouse no Departamento de Neuroloxía da Facultade de Medicina da UCSF. Desde ese momento, Prusiner ocupou varios postos de profesorado visitante e permanente tanto na UCSF como na Universidade de California en Berkeley.

Desde 1999 Prusiner é o director do Laboratorio de investigación do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da UCSF, traballando nas enfermidades priónicas, a enfermidade de Alzheimer e as tauopatías.[4]

Premios e honores

[editar | editar a fonte]

Stanley Prusiner ganou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1997 polo seu traballo ao propoñer unha explicación da causa da encefalopatía esponxiforme bovina ("enfermidad das vacas tolas") e o seu equivalente humano, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob. Neste traballo, acuñou o termo prión en 1982 para referirse a unha forma de infección non descrita previamente debido ao pregamento incorrecto de proteínas.[5]

Prusiner foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1992 e do seu consello de goberno en 2007. Tamén é membro electo da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias (1993), membro estranxeiro da Royal Society (ForMemRS) en 1997,[6] da Sociedade Filosófica Estadounidense (1998) e da Academia de Ciencias e Artes de Serbia (2003).

Outros premios

[editar | editar a fonte]
  • Premio Potamkin de Investigación sobre a enfermidade de Alzheimer da Academia Estadounidense de Neuroloxía (1991)
  • Premio Richard Lounsbery para a Investigación Científica extraordinaria en Bioloxía e Medicina da Academia Nacional de Ciencias (1993)
  • Premio Dickson (1993)
  • Premio Internacional da Fundación Gairdner (1993)
  • Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica (1994)
  • Premio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter da República Federal de Alemaña (1995)
  • Premio Wolf en Medicina da Fundación Wolf / Estado de Israel (1996)
  • Gran Premio Charles-Leopold Mayer (1996)
  • Premio Internacional de Keio de Ciencias Médicas (1996)
  • Premio Golden Plate da Academia Estadounidense de Achievement (1996)[7]
  • Premio Horwitz Louisa da Universidade de Columbia (1997)
  • Medalla Benjamin Franklin do Instituto Franklin (1998)
  • Doutor Honoris causa pola Universidade Cardeal Herrera CEU (2005)[8]
  • Medalla Nacional de Ciencias (2010)


Predecesor:
Peter C. Doherty
Rolf M. Zinkernagel
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina

1997
Sucesor:
Robert F. Furchgott
Louis J. Ignarro
Ferid Murad
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Stanley B. Prusiner. Biografía en nobelprize.org. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  2. Prusiner S. B. (1982): "Novel proteinaceous infectious particles cause scrapie". Science 216 (4542): 136–144. (Resume)
  3. Prusiner S. B. (1991): "Molecular biology of prion diseases". Science 252 (5012): 1515–1522. (Resume)
  4. Prusiner Laboratory. UCSF Arquivado 28 de agosto de 2008 en Wayback Machine.. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  5. Medicine, Center for Veterinary (14 de agosto de 2020). "Todo sobre EEB (Enfermidade das vacas tolas)". FDA. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  6. "Fellows Royal Society". web.archive.org. 16 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  7. "Golden Plate Awardees". Academy of Achievement. Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  8. "Doctores Honoris Causa. CEU-UCH". web.archive.org. 17-05-2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 15 de setemro de 2022.