(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Steamboat Willie - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Steamboat Willie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Steamboat Willie
Ficha técnica
Título orixinalSteamboat Willie
DirectorWalt Disney
Ub Iwerks
ProdutorRoy O. Disney
Walt Disney
GuiónWalt Disney
Ub Iwerks
IntérpretesWalt Disney
MúsicaWilfred Jackson
Bert Lewis
EstudioWalt Disney Studios
DistribuidoraCelebrity Productions
Cinephone
Estrea18 de novembro de 1928
Duración7 minutos 42 segundos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Na rede
IMDB: tt0019422 Filmaffinity: 596629 Allocine: 16150 Rottentomatoes: m/steamboat-willie Allmovie: vm12143198 BNE: XX5113676 Editar o valor en Wikidata

Steamboat Willie é unha curtametraxe clásica de animación de 1928 dirixida por Walt Disney e Ub Iwerks. Foi creada en branco e negro por Walt Disney Studios e foi estreada por Celebrity Productions. O debuxo animado está considerado como a primeira aparición de Mickey Mouse[1] e a súa moza Minnie, malia que ámbalas dúas personaxes apareceron meses antes no test de pantalla Plane Crazy. Steamboat Willie foi o terceiro dos filmes de Mickey en ser producido, pero o primeiro en ser distribuído por mor de que Walt Disney, despois de ver The Jazz Singer, propuxérase a si mesmo crear a primeira animación con son completamente sincronizado.[2]

Steamboat Willie é especialmente salientable por ser o primeiro filme de Disney co son sincronizado, incluíndo os sons das personaxes e a banda sonora. Disney entendeu moi axiña que o cine sonoro era o futuro dos filmes. Foi o primeiro debuxo animado cunha banda sonora completamente post-producida, o que o distinguiu doutras producións anteriores como as de Inkwell Studios' Song Car-Tunes (1924–1927) e Van Beuren Studios' Dinner Time (1928). Steamboat Willie convertérase nos debuxos máis populares do seu tempo.[3]

En 1998, Steamboat Willie foi escollido para a súa conservación na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "significativo cultural, histórica ou esteticamente".[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]