(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Sukhoi Su-34 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sukhoi Su-34

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sukhoi Su-34
Tipocazabombardeiro, ataque
FabricanteSukhoi, NAPO
Primeiro voo13 de abril de 1990
Introducido20 de marzo de 2014
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Rusia
Produción2006 - presente
Unidades construídas143

O Sukhoi Su-34 (ruso: Сухой Су-34; designación OTAN: Fullback)[1] é un avión cazabombardeiro/ataque bimotor todo tempo supersónico de alcance medio de orixe soviético.[2][3][4][5] Voou por vez primeira o 13 de abril de 1990, destinado á Forza Aérea Soviética, e entrou en servizo en 2014 coa Forza Aérea de Rusia.[6]

Baseado no caza de superioridade aérea Sukhoi Su-27 Flanker, o Su-34 ten unha cabina blindada con dous asentos, un ao lado do outro.[7] O Su-34 está deseñado principalmente para despregamento táctico contra obxectivos terrestres e navais (roles de bombardeo/ataque/interdición tácticos, incluídos contra obxectivos pequenos e móbiles) en misións en solitario ou en grupo tanto de día como de noite, baixo todo tipo de condicións meteorolóxicas e nunha contorna hostil con condicións de fogo inimigo e contramendidas de guerra electrónica despregadas, así como para misións de recoñecemento.[2][8] O Su-34 substituirá finalmente ao caza de ataque táctico Su-24 e ao bombardeiro de longa distancia Tu-22M.[7]

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Su-34 - modelo básico do avión.
  • Su-32 - modelo de exportación ofrecido a Alxeria en 2012.
  • Su-34M / Su-34 NVO - versión modernizada. O contrato ruso asinouse en 2021 e substituirá ao Su-34 básico na produción. Segundo informes, esta mellora afectará bastante á aviónica do avión. O radar, e os sistemas de visión e comunicacións van ser mellorados. Ampliarase tamén o alcance das bombas intelixentes e mísiles que o aparello pode levar.[9][10][11] Tamén as capacidades de guerra electrónica vas ser ampliadas coa inclusión de novos soportes.[12]
  • Su-34ME - versión do Su-34M para Alxeria. A versión de exportación diferenciase do Su-34M ruso só nos sistemas de comunicacións e no sistema de identificación "amigo-inimigo".[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NATO. "NATO tracks large-scale Russian air activity in Europe". NATO (en inglés). Consultado o 2022-03-11. 
  2. 2,0 2,1 "Sukhoi Company (JSC) - Airplanes - Military Aircraft - Su-32". web.archive.org. 2011-06-30. Archived from the original on 30 de xuño de 2011. Consultado o 2022-03-11. 
  3. Kopp, Carlo (2007-01-29). "Sukhoi Su-34 Fullback; Russia's New Heavy Strike Fighter": 1–1. 
  4. staff, Defense Industry Daily. "Russias SU-32/34 Long-Range Strike Fighters". Defense Industry Daily. Consultado o 2022-03-11. 
  5. "SU-34 Fullback Supersonic Strike Fighter". web.archive.org. 2015-01-18. Archived from the original on 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 2022-03-11. 
  6. "Reorganization Nears Completion, But Russian Industry Still Has Far To Go". Aviation Week Network. Consultado o 2022-03-11. 
  7. 7,0 7,1 Litovkin, Nikolai; RBTH; Litovkin, Dmitry (2017-06-06). "Russia's 'Duckbill': Su-34 combines features of both bomber and fighter". Russia Beyond (en inglés). Consultado o 2022-03-11. 
  8. "Национальная оборона / Вооружения / Су-34 официально встал в строй ВВС РФ". 2009-2020.oborona.ru. Consultado o 2022-03-11. 
  9. "The source learned about the new contract for the supply of a batch of Su-34 for the Ministry of Defense. (In Russian)". Interfax. 10 de xuño de 2020. 
  10. "The Aerospace Forces began to receive updated Su-34 NVO bombers (In Russian)". Aviation of Russia. 19 de marzo de 2021. 
  11. "Introducing the Su-34M: Russia Just Ordered Two Full Regiments of its Latest Strike Fighter Design". Military Watch. 3 de xuño de 2020. 
  12. "Russian Su-34 bombers received new reconnaissance systems (In Russian)". RG. 12 de abril de 2021. 
  13. "Production of Su-34 bombers for Algeria began (in Russian)". RG.ru. 16 de marzo de 2021.