Suzuka (鈴鹿市, すずかし, Suzuka-shi) é un concello da prefectura de Mie no Xapón. Está situado ao norte da prefectura, na área norte da provincia histórica de Ise, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 194,67 km², a poboación é de 198.363 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.020 h/km².