Sydney Football Club
Sydney FC | |||
---|---|---|---|
Nome | Sydney Football Club | ||
Alcume(s) | Sky Blues, Bling FC | ||
Fundación | 2004 (20 anos) | ||
Estadio | Sydney Football Stadium, Sydney, Australia | ||
Capacidade | 45.000 | ||
Presidente | Scott Barlow | ||
Adestrador | Vítězslav Lavička | ||
Liga | A-League | ||
2018-19 | 2º (A-League) | ||
Na rede | |||
http://www.sydneyfc.com | |||
| |||
Sydney FC é un equipo de fútbol de Australia, situado na cidade de Sydney. Xoga na A-League, máxima competición do país, desde a súa creación.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando a Federación australiana (FFA) decide eliminar a National Soccer League para crear un novo campionato coñecido como A-League, a Federación de Nova Gales do Sur mostra a súa intención de optar a unha das prazas para a liga, con localía en Sydney. A candidatura presentouse o 19 de xullo de 2004, e cando se uniu á candidatura do empresario Nick Politis (Sydney Blues) debido a que a organización só aceptaría un club por cidade, pasou a chamarse Sydney FC. A FFA aceptou a candidatura o 1 de novembro; o primeiro presidente da institución sería Walter Bugno, mentres que Pierre Littbarski foi designado como adestrador.
Sydney foi un dos clubs que máis atraeu a internacionais australianos, contratando a xente como Clint Bolton, Steve Corica e David Zdrilic, e como primeiro xogador franquía contratou ao internacional trinitense Dwight Yorke. No torneo de selección de representante para a Liga de Campións da OFC de 2005 Sydney FC proclamouse vencedor, e no torneo internacional conseguiu facerse co título de campións tras vencer ao As Magenta de Nova Caledonia. Iso valeulles unha praza na Copa Mundial de Clubs da FIFA 2005, onde caeron ante o Saprissa en cuartos de final.
Na súa tempada inicial Sydney FC era o favorito para o título de liga, e no partido inaugural lograron atraer a máis de 35.000 afeccionados. Os resultados durante a fase de liga foron irregulares, pero os Blues conseguiron facerse coa clasificación. Xa no playoff, Sydney chegou á final de campionato e fíxose coa primeira A-League ao vencer aos Central Coast Mariners por 1-0.
Para a seguinte campaña, Littbarski abandonou e foi substituído por Terry Butcher. Ademais, o club reforzouse coas contratacións de Ruben Zadkovich e Alex Brosque. Pero o club notou as baixas do seu anterior adestrador e de Yorke, e a pesar de chegar á fase final caeu nas semifinais polo título. En 2007 mantivo o mesmo bloque do ano anterior, pero contratou a Juninho Paulista como xogador franquía así como a varios internacionais por Australia. A actuación do equipo ao comezo de campaña é mediocre, polo que se decide contratar a metade de campaña a John Kosmina como técnico. Sydney volve clasificarse para a fase final, sen lograr o título. En 2008-09, e a pesar de contratacións como John Aloisi, Mark Bridge ou Simon Colosimo, os de Sídney pérdense por primeira vez a fase final ao quedar quintos.
En 2009 anunciouse a venda dun importante paquete accionarial ao empresario ruso David Traktovenko, antigo propietario do FC Zenit San Petersburgo. Na tempada 2009/10 o equipo queda primeiro na fase regular e proclámase campión da A-League, tras vencer a Melbourne Victory por 1:1 nos penais.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: camiseta azul aguamarina, pantalón azul mariño, medias azul aguamarina.
- Uniforme alternativo: camiseta branca, pantalón azul aguamarina, medias brancas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Sydney Football Stadium.
Sydney FC xoga os seus partidos como local no Sydney Football Stadium, coñecido ata 2007 como Aussie Stadium e localizado na cidade de Sydney. Foi construído en 1988 como o primeiro estadio rectangular para rugby a 13, e tamén se utiliza para albergar partidos de rugby union. Conta con capacidade para 45.000 espectadores.
O campo compárteo con Sydney Roosters, da National Rugby League; os New South Wales Waratahs, da Super 14; e ocasionalmente Wests Tigers, da NRL.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro 2012
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- A-League (2): 2005-06 , 2009-10
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do Sydney FC (en inglés)