TMEO
TMEO | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vitoria |
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
http://www.tmeo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TMEO é unha revista de historietas vasca, de periodicidade bimestral, publicada en Vitoria por Ezten Kultur Taldea e fundada en 1987. O seu nome é un xogo de palabras coa clásica revista de historietas española TBO e o verbo "mexar" (no logotipo da revista ilústrase esta mesma idea). A revista caracterízase tanto polo seu uso do humor escatolóxico como pola súa acidez das súas sátiras políticas.[1]
TMEO carece de subvencións e os seus colaboradores traballan de forma desinteresada, sen cobrar ren.[2] Entre estes destacan Abarrots, Alvarortega, Ata, Mauro Entrialgo, Furillo, Javierre, El Listo, Ernesto Murillo, Roger, Santi Orúe, Piñata, Álvarez Rabo, Manolito Rastamán, Mikel Valverde, Alfonso Tamayo ou Bernardo Vergara, algúns dos cales acabaron en revistas de maior difusión, como El Jueves ou a desaparecida El Víbora. O seu coordinador é Kini (Joaquín Delgado).[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]TMEO naceu como resultado da reunión dun grupo de autores que colaboraban en dous fanzines desaparecidos, Hamelín, de Pamplona, e Octopus, de Vitoria.
O primeiro número publicouse en Pamplona o 4 de xuño de 1987, contando desde entón para a súa distribución cun repartidor fixo e unha furgoneta.[2] Kini recorda así os inicios da publicación:
Moviámonos sobre todo pola Zona Vella, pola zona de bares típicos de Pamplona que era por onde se deambulaba e por onde faciamos vida... E unha cosa levaba a outra. Vivías alí, alí tomabas os potes e alí deixabas as revistas. E recordo a mítica baixeira que tiñamos ao lado do río Arga, e que cada vez que había unha crecida do río, todos correndo a poñer a salvo as caixas do TMEO...[2]
En pouco tempo, a revista foise centrando nas historietas de humor, abandonando os outros xéneros.[1]
Cara ao número 14 intentaron profesionalizarse (tirada masiva, distribución estatal...), pero desistiron tras só catro números.[4]
No seu número 99 (xuño de 2008), Nono Kadáver finalizou a serie Toni Bolinga, despois de 22 anos. Por contra, incorporáronse traballos de novos autores, Enrique García, Rueda e a Leoparda de Rekalde.[3]
En 2009, adhírense novos personaxes, como o robot artificieiro C-3-Pe-Do, de Kalitos ou El jevi satánico disléxico, de Galais.[5]
Táboa de series habituais e autores
[editar | editar a fonte]Anos | Números | Título | Autoría | Outros datos |
---|---|---|---|---|
1987-presente | 0-actual | Herminio Bolaextra | Mauro Entrialgo | Tamén na revista Makoki |
1987-2008 | 1-99 | Toni Bolinga | Nono Cadáver | |
1988 | Cómo... | Álvarez Rabo[6] | ||
1991 | Los Galindos | Alvarortega[7] | ||
1992 | Kojón Prieto y los Huajalotes | Jokin[8] | ||
Javi Cabrero | Gol | |||
Doctor Espárrago | Ata | |||
Antolín | Santi Orue | |||
Capitán Parrús | Cubo | |||
Sarmiento, empleado del ayuntamiento | Carmelo Manresa | |||
Pocho Mondo | Tamayo | |||
Tifus | Piñata | |||
1996- | Los Vallekurros | Javierre | ||
2000- | El Maestro | Furillo | ||
2002-2009 | -106 | Los Euskalorros | Abarrots | |
Domingo Mecaso | Roger | |||
2007- | 94- | El Listo | Xavier Àgueda | |
11-12/2007- | 96- | Johnny Sarro | El Diek[1] | |
2008- | 101- | Las mallas parlantes | Mery Cuesta | |
2009 | C-3-Pe-Do | Kalitos | ||
2009 | El jevi satánico disléxico | Galais | ||
Ibon Marley | M460 |
Outros colaboradores habituais
[editar | editar a fonte]- Koldo de Barakaldo
- Leticia Concé
- Cubo
- Eskiroz
- Exkoriax
- Carol Galais
- Kini
- Larri
- Manresa
- Maxi
- Palli
- Manolito Rastamán
- Gustavín Vadillo
- Miguel Vadillo
- Mikel Valverde
Antigamente tamén publicaban no TMEO:
Homenaxes e premios
[editar | editar a fonte]En novembro de 2007, TMEO recibiu no Salón do Cómic e Manga de Getxo un premio honorífico en recoñecemento aos seus vinte anos de traxectoria.[9]
En 1989 obtivo o premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Grenoble (Francia).
En dúas ocasións gañou o mesmo premio no Salón do Cómic de Barcelona (1990 e 2001).
Colección TMEO
[editar | editar a fonte]Ezten Kultur Taldea recompilou parte do material previamente serializado na revista en forma de álbums monográficos:
Número | Título | Guión | Debuxo | Páxinas | Tamaño | Ano | Comentario |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | El enemigo del mundo entero | J. Resano | J. J. Chas, Bernardo Vergara | 45, b/n | 20 x 28 cm | 1992 | |
2 | Secuestro en las Bardenas | Javier Murillo | Ernesto Murillo | 20 x 28 cm | 1992 | ||
3 | Herminio Bolaextra | Mauro Entrialgo | Mauro Entrialgo | 60, b/n e cor | 20 x 28 cm | 1993 | Seis edicións |
4 | Historias raberas | Álvarez Rabo | Álvarez Rabo | 20 x 28 cm | 1993 | ||
5 | Castigo de Dios | Jokin | Jokin | 20 x 28 cm | 1993 | ||
6 | Supercalvo! | Alberto Calvo | Alberto Calvo | 20 x 28 cm | 1993 | ||
7 | La pájara | VV. AA. | VV. AA. | 51, b/n e cor | 20 x 28 cm | 1995 | Co subtítulo de "Almanaque ciclista de humor - 1995" |
8 | Paco el Chota | Mauro Zorrilla | Ernesto Murillo | 51, b/n e cor | 20 x 28 cm | 1995 | |
9 | Consejos sexuales | Álvarez Rabo | Álvarez Rabo | 51, b/n e cor | 20 x 20 cm | 1996 | |
10 | Tyrex | Mauro Entrialgo | Mauro Entrialgo | 56, b/n e cor | 20 x 28 cm | 1997 | Reeditado en 2009 por Diábolo Ediciones |
11 | Guarras | Ata | Ata | 20 x 20 cm | 1997 | ||
12 | El comisario Canaille | Mikel Valverde | Mikel Valverde | 20 x 28 cm | 1998 | ||
13 | Zaldi Eroa | Patxi Huarte | Patxi Huarte | 20 x 28 cm | 1998 | ||
14 | Tres sin raya | Abarrots, Piñata, Roger | 20 x 28 cm | 1999 | |||
15 | Siempre en forma | Mauro Entrialgo | Mauro Entrialgo | 56, b/n e cor | 20 x 28 cm | 2001 | |
16 | Tony Bolinga | Nono Kadaver | Nono Kadaver | 20 x 28 cm | 2001 | ||
17 | Hasta el Rabo | Álvarez Rabo | Álvarez Rabo | 20 x 28 cm | 2001 | ||
18 | Un tebeo con grandes aspiraciones | Ata | Ata | 2002 | |||
19 | Piñata a go-go | Piñata | Piñata | 20 x 28 cm | 2002 | ||
20 | Yo follé con Fraga | Roger | Roger | 20 x 28 cm | 2003 | ||
21 | Seamos objetivos | Santi Orúe | Santi Orúe | 20 x 28 cm | 2003 | ||
22 | Consejos sexuales de Álvarez Rabo (Segunda parte) | Álvarez Rabo | Álvarez Rabo | 20 x 20 cm | 2003 | ||
23 | Ciencia infusa | Simónides | Simónides | 20 x 28 cm | 2004 | ||
24 | Cada cosa a su tiempo | Gol | 20 x 28 cm | 2004 | |||
25 | Donde hay pelo hay alegría | Furillo | Furillo | 66, b/n | 20 x 28 cm | 2004 | |
26 | Las aventuras de los Vallekurros | Javierre | Javierre | 20 x 28 cm | 2005 | ||
27 | ¿Me puede repetir la pregunta? | Alvarortega | Alvarortega | 2005 | |||
28 | Euskalorros | Abarrots | Abarrots | 20 x 28 cm | 2005 | ||
29 | Toni Bolinga 2 | Nono Kadáver | Nono Kadáver | ||||
30 | Los carteles del TMEO | VV. AA. | VV. AA. | 2006 | |||
31 | Historietas y chorradas varias de pésimo gusto | Ata | Ata | 60, b/n e cor | 20×20 cm | ||
32 | Basura | Piñata | Piñata | 68, con 16 en cor[9] | 28×20 cm | 2007 | |
33 | Eres un enfermo del Photoshop | Santi Orúe | Santi Orúe | ||||
34 | 4 días gamberros | Manolito Rastamán | Manolito Rastamán | 64, b/n | 20 x 28 cm | ||
35 | La verdad es ilegible | Roger | Roger | 64, b/n e bitono e cor | 20 x 28 cm | ||
36 | Donde hay pelo hay alegría 2 | Furillo | Furillo | 68, b/n e cor | 20 x 28 cm | 2008 | Un terzo das páxinas son inéditas.[10] |
37 | Cargados de zumosol | Palli | Palli | 68, maiormente en cor | 28×20 cm | 04/2009 | Antoloxía da súa obra para a revista, desde 1988.[5] |
38 | Mondo Pocho: Level 1 | Alfonso Tamayo | Tamayo | 68 a toda cor | 28×20 cm | 2009 | |
39 | ¡Hijos del Speed! | Abarrots | Abarrots | 28×20 cm | 2009 | ||
40 | Qué buenos son los buenos y qué malos son los malos | Santi Orue | Santi Orue | 28×20 cm | 2010 | ||
41 | Sarmiento Empleado del Ayuntamiento | Carmelo Manresa | Carmelo Manresa | 28×20 cm | 2010 | ||
42 | El Listo | Xavier Àgueda | Xavier Àgueda | 66, b/n | 28×20 cm | 2010 | Prologado por Mauro Entrialgo |
43 | A verlas venir | Gol | Gol | 66, cor | 28×20 cm | 2011 | |
44 | El Maestro: ¡Va por uztede! | Furillo | Furillo | 66, b/n | 20 x 28 cm | 2011 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mangana, David (25/06/2012). 'TMEO': 25 años en toda la jeta Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine., "Deia".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Echevarría, Paola (17/06/2012). "Nos tachan de demasiado brutales, pero más bestia que la realidad no hay nada" Arquivado 23 de novembro de 2012 en Wayback Machine., "Diario de Noticias".
- ↑ 3,0 3,1 A. N. (19/06/08). El cómic TMEO celebrará en septiembre sus 100 entregas con un número extraordinario, El Correo.
- ↑ Mangana, David (01/07/2012). "Lo nuestro es estar en bares y en la puta calle; y no sólo estar, sino reflejar lo que ahí se mueve"". Noticias de Alava (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/04/2013. Consultado o 26/07/2012.
- ↑ 5,0 5,1 Artundo, N. (06/04/2009). El TMEO se ríe de la crisis, "El Correo".
- ↑ Cuadrado (2000), p. 43.
- ↑ Cuadrado (2000), p. 44.
- ↑ Cuadrado (2000), p. 677.
- ↑ 9,0 9,1 Artundo, N.(11/10/2007). La revista TMEO recibirá un premio honorífico en el salón de Getxo, El Correo.
- ↑ Artundo, N. (28/12/2008). La crisis económica y las navidades son los ejes del nuevo número del TMEO, El Correo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- CUADRADO, Jesús (2000). Madrid: Ediciones Sinsentido/Fundación Germán Sánchez Ruipérez. 2 v, ed. Atlas español de la cultura popular: De la historieta y su uso, 1873-2000. ISBN 84-89384-23-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- TMEO en liña
- TMEOworld Arquivado 26 de xullo de 2012 en Wayback Machine. un tributo ao TMEO
- TMEO por José A. Serrano, "Guía del Cómic"
- Temeopedia (wiki sobre o TMEO)Arquivado 09 de xullo de 2011 en Wayback Machine.