(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Tariq ibn Ziyad - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tariq ibn Ziyad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTariq ibn Ziyad

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoTripolitânia, Libia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte720 Editar o valor en Wikidata
Damasco, Siria Editar o valor en Wikidata
Deputy (en) Traducir Musa ibn Nusayr
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoLingua bérber Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro, líder militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeCalifato omeia Editar o valor en Wikidata
ConflitoInvasión musulmá da península Ibérica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Tariq ibn Ziyad al-Layti[1] (en árabe, طارق بن زياد), foi un comandante bérber que serviu no califato Omeia e iniciou a conquista musulmá do reino visigodo na Península Ibérica entre 711 e 718. Dirixiu un grande exército e cruzou o estreito de Xibraltar dende a costa do norte de África, consolidando as súas tropas no que hoxe se coñece como Xibraltar. O nome "Xibraltar" é a derivación castelá do nome árabe Jabal Ṭāriq (جبل طارق), que significa "montaña de Tariq", que leva o seu nome.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os historiadores árabes medievais dan datos contraditorios sobre as orixes e a nacionalidade de Tariq. Algunhas conclusións sobre a súa personalidade e as circunstancias da súa entrada en Al-Andalus están rodeadas de incerteza.[2] A gran maioría das fontes modernas afirman que Tariq era un mawla bérber de Musa ibn Nusayr, o gobernador Omeia de Ifriqiya.[2][3] Tradicionalmente dise que naceu na rexión de Tlemcen,[3] tamén vivira alí coa súa muller antes de gobernar Tánxer.

Segundo Ibn Abd al-Hakam, Musa ibn Nusayr nomeou a Tariq gobernador de Tánxer despois da súa conquista en 710-711 pero un posto visigodo non conquistado permaneceu en Ceuta, un bastión comandado por un nobre chamado Xulián, conde de Ceuta.

Despois de que Rodrigo chegase ao poder, Xulián mandara, como era costume, á súa filla, Florinda a Cava, á corte do rei visigodo para educala. Dise que Rodrigo a violou, e que Xulián estaba tan indignado que quixo que os musulmáns derrubaran o reino visigodo. En consecuencia, fixo un tratado con Tariq (Musa volveu a Kairouan) para transportar en segredo o exército musulmán a través do estreito de Xibraltar, xa que posuía varios barcos mercantes e tiña os seus propios fortes no continente.

Sobre o 26 de abril de 711, o exército de Tariq, composto por recentes bérberes conversos ao islam, foi desembarcado na Península Ibérica por Xulián. Desembarcaron ao pé dunha montaña que en adiante recibiu o seu nome, Jabal Tariq.[2]

O exército de Tariq contiña uns 7.000 soldados, compostos en gran parte por tropas bérberes pero tamén por tropas árabes. Rodrigo, para facer fronte á ameaza dos Omeias, reuniu un exército de 100.000 homes, aínda que o número real estímase moito menor. A maior parte do exército estaba comandado e leal aos fillos de Vitiza, a quen Rodrigo depuxo brutalmente. Tariq gañou unha vitoria decisiva cando Rodrigo foi derrotado e morto o 19 de xullo na batalla de Guadalete.[2][4]

Tariq dividiu o seu exército en catro divisións, que pasaron a capturar Córdoba ao mando de Mughith al-Rumi, Granada e outros lugares, mentres el permaneceu á fronte da división que capturou Toledo. Despois, continuou avanzando cara ao norte, chegando a Guadalaxara e Astorga.[2] Tariq foi gobernador de facto de Hispania ata a chegada de Musa un ano despois. O éxito de Tariq levou a Musa a reunir 12.000 tropas (a maioría árabes) para planificar unha segunda invasión, e nuns poucos anos Tariq e Musa capturaran dous terzos da Península Ibérica aos visigodos.[5][6]

Tanto Tariq como Musa recibiron simultaneamente a orde de regresar a Damasco polo califa omeia Al-Walid I en 714, onde pasaron o resto das súas vidas.[4] O fillo de Musa, Abd al-Aziz, que tomou o mando das tropas de Al-Andalus, foi asasinado en 716.[7] Nas moitas historias árabes escritas sobre a conquista do sur de Hispania, hai unha división definitiva de opinións sobre a relación entre Tariq e Musa bin Nusayr. Algúns relatan episodios de ira e envexa por parte de Musa de que o seu liberto conquistara un país enteiro. Outros non mencionan, nin minimizan, ningún enfrontamento entre ambos. Por outra banda, outro historiador, Al-Baladhuri, escribiu no século IX que Musa escribiu a Tariq unha "carta severa" e que máis tarde remataron por reconciliarse.

  1. "Tariq ibn Ziyad". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2006. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Molina, L. (2000). The Encyclopaedia of Islam, Volume X. ISBN 978-90-04-11211-7. 
  3. 3,0 3,1 Nicolle, David (2009). The Great Islamic Conquests AD 632–750. Bloomsbury Publishing. ISBN 9781846032738. 
  4. 4,0 4,1 Reilly, Bernard F. (2009). The Medieval Spains. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-39741-4. 
  5. Clifford, Rogers (2010). The Oxford Encyclopedia of Medieval Warfare and Military Technology. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-533403-6. 
  6. Esposito, John L. (2000). The Oxford History of Islam. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-988041-6. 
  7. Abun-Nasr, Jamil M. (1993). A History of the Maghrib in the Islamic Period. Cambridge University Press. ISBN 9780521337670. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.