(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Tarjei Vesaas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tarjei Vesaas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTarjei Vesaas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1897 Editar o valor en Wikidata
Vinje, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Rikshospitalet, Noruega (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e obra de teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHalldis Moren Vesaas (1934–) Editar o valor en Wikidata
FillosOlav Vesaas, Guri Vesaas Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Весос Тарьей)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0895168 BNE: XX1479769 Musicbrainz: d018bf7e-53d2-47f2-b140-8bb8773576ca Discogs: 963884 WikiTree: Vesaas-5 Editar o valor en Wikidata
Mitdbø, onde viviron Tarjei Vesaas e a súa esposa, Halldis Moren Vesaas

Tarjei Vesaas, nado o 20 de agosto de 1897 e finado o 15 de marzo de 1970, foi un poeta e novelista noruegués. Está considerado un dos máis importantes escritores da Noruega do século XX.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vesaas naceu en Vinje (Telemark), fillo do granxeiro Olav Vesaas (1870-1951) e a profesora Signe Øygarden (1870-1953).[2] Foi o máis vello de tres irmáns. O seu sentimento de culpa por non facerse cargo da granxa familiar influenciou a súa escrita. Vesaas pasou gran parte da súa mocidade en soidade, gozando do afastamento da natureza. Casou coa tamén escritora Halldis Moren Vesaas (filla de Sven Moren e irmá de Sigmund Moren), coa que se trasladou a Midtbø en 1934. Tiveron dous fillos: un neno, Olav Vesaas, e unha nena, Guri Vesaas.[2]

Os seus libros foron compostos durante un período de cincuenta anos, entre 1923 e 1970. Vesaas escribiu en nynorsk, e a súa obra caracterízase por unha prosa sinxela, sobria e simbólica. As súas historias adoitan relatar a vida de persoas do rural que sofren de graves traumas psicolóxicos. Entre os seus temas predilectos, atópanse a morte, a culpa, a angustia, tratados sobre o fondo da paisaxe natural norueguesa. A súa ópera prima foi Menneskebonn ("Fillos dos humanos", 1923), mais o seu primeiro libro de transcendencia foi Det store spelet ("O gran ciclo", 1934). A súa mestría no emprego do nynorsk contribuíu á súa consolidación como medio literario.[2]

As súas novelas máis coñecidas son Is-slottet ("O palacio de xeo", 1963), que xira arredor da relación entre dúas rapazas, e Fuglane ("Os paxaros", 1957), sobre un adulto coa mentalidade dun neno. Os seus libros foron traducidos a 28 linguas.[3]

  • 1943 – Premio Gyldendal
  • 1946 – Premio Melsom
  • 1957 – Premio Dobloug
  • 1964 – Premio de literatura do Consello Nórdico
  • 1967 – Premio dos libreiros de Noruega

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Dei svarte hestane ("Os cabalos negros", 1928)
  • Det store spelet ("O gran ciclo", 1934)
  • Kvinnor ropar heim ("As mulleres chaman á casa", 1935), secuela de Det store spelet
  • Kimen ("A semente", 1940)
  • Huset i mørkret ("A casa na escuridade", 1945)
  • Vårnatt ("A noite de verán", 1954)
  • Fuglane ("Os paxaros", 1957)
  • Is-slottet ("O palacio de xeo", 1963)
  • Bruene ("As pontes", 1966)
  • Båten om Kvelden ("O bote na noite", 1968)

Narrativa curta

[editar | editar a fonte]
  • Vindane ("Os ventos", 1952)
  • Løynde eldars land ("Terra de lumes ocultos", 1953)
  1. "Nomination Database". www.nobelprize.org (en inglés). Consultado o 2024-06-10. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gimnes, Steinar (2020). "Tarjei Vesaas". Norsk biografisk leksikon (en noruegués). 
  3. "Tarjei Vesaas". agency.gyldendal.no (en noruegués bokmål). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2024. Consultado o 2024-06-10.