Tempeh
O tempeh[1] (/ˈtɛm.peɪ/, pronunciado "tem-pei") é un produto alimenticio orixinario de Indonesia, de sabor forte, que se obtén da fermentación das sementes da soia branca co fungo Rhizopus oligosporus.
Ten forma de pastel cun aroma a noz e cunha textura mesta e lixeiramente carnuda. Constitúe un alimento forte, cun sabor máis intenso ca outros derivados da soia. A acción das encimas durante a fermentación fan que as sementes sexam máis dixeríbeis, mentres o micelio que é utilizado para as envolver fornece valiosas vitaminas do complexo B de orixe vexetal (130 % das necesidades diarias).
É especialmente popular na illa de Xava, onde se considera un alimento sinxelo que fornece proteínas á dieta normal. É posíbel atopalo noutras gastronomías do sueste asiático igualmente. Ao igual que o tofu, o tempeh está elaborado de grans de soia, porén o tempeh ten outras características nutricionais e de textura. O proceso de fermentación da soia retén todas as proteínas, posúe máis fibra e vitaminas comparado co tofu, así coma unha textura máis firme e forte sabor. Por mor do seu valor nutricional[Cómpre referencia] emprégase internacionalmente nas dietas vexetarianas coma un sucedáneo de carne.
Utilizado coma reconstituínte da flora intestinal e como eficaz favorecedor do tránsito intestinal.[Cómpre referencia]
Nutrición
[editar | editar a fonte]A proteína da soia no tempeh comeza a ser máis dixestivo como resultado do proceso de fermentación.[Cómpre referencia] En particular, os oligosacáridos que se asocian frecuentemente cos gases e a indixestión, todos estes efectos redúcense mediante a cultura do Rhizopus. Nas formas tradicionais de elaboración do tempeh facíase que a bacteria que elaboraba a vitamina B12 estivese presente durante o proceso.[Cómpre referencia] Nos países da cultura occidental é moi común o emprego da Rhizopus oligosporus.
Tipos de Tempeh
[editar | editar a fonte]Nome | Descrición |
---|---|
tempe bongkrèk | elaborado con coco pastel prensado] |
tempe bosok (busuk) | tempeh descomposto, empregado en pequenas cantidades como saborizante |
tempe gembus | elaborado de okara |
tempe gódhóng | tempeh elaborado coas follas da bananeira |
tempe goreng | tempeh fritido |
tempe mendoan | lixeiramente fritido |
tempe kedelai | simplemente tempeh, elaborado de soja |
tempe murni | tempeh elaborado en envoltorios de plástico (lit. pastel puro de soia) |
tempe oncom | tamén onchom; elaborado de cacahuete pastel prensado; de cor laranxa; Neurospora sitophila |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome galego e definición en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
Véxase taqmén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Shurtleff, William, and Akiko Aoyagi. 1979 1985. The book of tempeh. Nova York: Colophon Books. ISBN 0-06-091265-0.