(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Texas Instruments - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Texas Instruments

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Texas Instruments

Sede de TI.
TipoSociedade anónima
Fundación1930 (coma GSI), 1951 coma TI
LocalizaciónDallas, Texas Estados Unidos de América Estados Unidos
Persoas claveTom Engibous
Rich Templeton
Kevin March
Brian Bonner
IndustriaSemicondutores, Electrónica
ProdutosCircuítos integrados, DSPs, DLP, RFID, Calculadoras
Beneficio 13.390 millóns de $ (2005)[1]
Número de empregados35.100 (setembro de 2011)
Na rede
https://www.ti.com/ e http://ti.com
Facebook: TIEurope Twitter: txinstruments Instagram: txinstruments LinkedIn: texas-instruments Youtube: UC-EXTfLnOmCKVRJrv8xoGrQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Texas Instruments NSpire CAS.

Texas Instruments, máis coñecida na industria electrónica coma TI, é unha empresa norteamericana con sede en Dallas (Texas), que fabrica e comercializa semicondutores e tecnoloxía para ordenadores. TI é o terceiro maior fabricante de semiconductores do mundo tras Intel e Samsung, e é o maior subministrador de circuítos integrados para teléfonos móbiles.

Ademais é o maior produtor de procesadores dixitais de sinal e semicondutores analóxicos. Outras áreas de actividade inclúen circuítos integrados para módems de banda larga, periféricos para ordenadores, dispositivos dixitais de consumo e RFID.

Texas Instruments fundouse en 1951. Xurdiu despois da reorganización do Servizo de Xeofísica. A empresa fabricaba equipos para uso na industria sísmica, así coma na electrónica de defensa. TI investigado a tecnoloxía de infravermellos na década de 1950 e máis tarde fixo transistores, incluíndo o primeiro transistor de silicio comercial no mundo, os sistemas de radar, orientación e sistemas de control, para mísiles e bombas. En 1954, Texas Instruments deseñou e fabricou o primeiro transistor de radio e Jack Kilby inventou o circuíto integrado en 1958 mentres traballaba nos Laboratorios Centrais de Investigación de TI. A compañía produciu o primeiro circuíto integrado para ordenadores da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1961. TI entrou no mercado das calculadoras en 1967.

Nos anos 1970 e 80 a empresa centrouse no mercado da electrónica doméstica, como reloxos dixitais, calculadoras, computadoras domésticas ou sensores. En 1997, o negocio militar foi vendido a Raytheon. En 2007, Texas Instruments foi premiada como Manufacturer of the Year polo Global Supply Chain Excellence by World Trade magazine. Texas Instruments está considerada como unha das empresas máis éticas do mundo.

Despois da adquisicion de National Semiconductor en 2011, TI pasou a ser a maior empresa do mundo no sector. En 2011, ocupaba o posto 175 no Fortune 500. TI está formada por dúas divisións principais: Semiconductores (SC) e Tecnoloxía Educativa (ET) dos cales os semiconductores representan aproximadamente o 96% dos ingresos de TI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.