Thomas Campbell Eyton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1809 Eyton Hall, Shropshire, Inglaterra |
Morte | 25 de outubro de 1880 Shropshire, Reino Unido |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Saint John's College (Universidade de Cambridge) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia natural e Ornitoloxía |
Ocupación | ornitoloxía, ictioloxía e gandaría |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Eyton |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Frances |
Fillos | Alice Emily Eyton, Elizabeth Charlotte Eyton, Rose Mary Eyton, Frances Julia Eyton, Thomas Slaney Eyton, Katharine Anne Eyton, Robert Henry Eyton, Mary Elizabeth Eyton |
Pais | Thomas Eyton e Elizabeth Campbel |
Premios | |
Membro da Sociedade Linneana de Londres Membro da Sociedade Zoolóxica de Londres | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Thomas Campbell Eyton, nado o 10 de setembro de 1809 en Eyton Hall, preto de Wellington, condado de Shropshire, Inglaterra, e finado o 25 de outubro de 1880, foi un naturalista británico especializado en aves, peixes e animais de gando. Foi compañeiro de estudos na Universidade de Cambridge, e amigo, de Charles Darwin, aínda que estaba en desacordo coas súas teorías.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Thomas C. Eyton naceu en Eyton Hall, cerca de Wellington, Shropshire. Estudou no Saint John's College daa Universidade de Cambridge,[2] onde foi contemporáneo e amigo de Charles Darwin.
En 1835 Eyton casou con Elizabeth Frances Slaney, filla máis vella e coherdeira do parlamentario Robert Aglionby Slaney. Tiveron sete fillos.[3] Elizabeth faleceu dez anos antes que o propio Eyton.[4]
En 1855, tras herdar a propiedade familiar de Eyton Hall, construíu alí un Museo de Historia Natural.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Eyton publicou History of the Rarer British Birds (1836), A Monograph on the Anatidae, Or Duck Tribe (1838), A History of Oyster and Oyster Fisheries (1858) e Osteologia Avium (1871–78). Ao redor de 1842, fundou a colección "Herd Book of Hereford Cattle" (Libros do gando Hereford), que editaría até 1860.[2]
Foi xuíz de paz e Deputy Lieutenant do condado de Shropshire.[4]
En 1830 ingresou na asociación South Salopian Yeomanry Cavalry co grao de corneta, e foi ascendido a tenente en 1838.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Osteologia avium. Williams & Norgate, Londres 1873–1875. (2º Suplemento a Osteologia avium.)
- Notes on Scent. Hobson, Wellington 1870.
- Supplement to Osteologia avium. Wellington 1869. (1º Suplemento a Osteologia avium.)
- A synopsis on the Anatidæ or Duck tribe. Hobson, Wellington 1869.
- A history of the oyster and the oyster fisheries. van Voorst, Londres 1858.
- A catalogue of the skeletons of birds in his possession. Londres 1858.
- Osteologia avium. Hobson, Wellington 1858–1867.
- A catalogue of the species of birds in his possession. Hobson, Wellington 1856.
- Some account of a dredging expedition on the Coast of the Isle of Man during the months of May, June, July and August 1852. Londres 1852.
- The Herd book of Hereford Cattle. Londres 1846–1853.
- A lecture on artificial or condensed manures. Wellington 1843.
- A monograph on the Anatidæ or Duck tribe. Londres 1838.
- A history of the rarer British birds. Longmans, Rees, Orme, Brown, Green & Houlstons, Londres 1836.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Eyton emprégase para recoñecer a Thomas Campbell Eyton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Darwin, Charles; Gillian Beer (1998). The Origin of Species. Oxford University Press. p. 400. ISBN 0-19-283438-X. Consultado o 8 de decembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Eyton, Thomas Campbell". Universidade de Cambridge. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2021. Consultado o 09 de decembro de 2019.
- ↑ "Thomas Campbell Eyton correspondence". American Philosophical Society. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Obituary: Thomas Campbell Eyton". Londres: The Times. 29 de outubro de 1880. p. 6.
- ↑ Gladstone, E. W. (1953). The Shropshire Yeomanry 1795-1945, The Story of a Volunteer Cavalry Regiment. The Whitethorn Press. pp. 38–42.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Campbell Eyton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven, Connecticut / Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Thomas Campbell Eyton Arquivado 09 de decembro de 2019 en Wayback Machine. en Darwin Country (en inglés).