(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Tinker Tailor Soldier Spy (filme) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tinker Tailor Soldier Spy (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tinker Tailor Soldier Spy
Ficha técnica
Título orixinalTinker Tailor Soldier Spy
DirectorTomas Alfredson
ProdutorTim Bevan
Eric Fellner
Robyn Slovo
Peter Morgan
GuiónBridget O'Connor
Peter Straughan
Baseado enTinker Tailor Soldier Spy de John le Carré
Intérpretes
MúsicaAlberto Iglesias
FotografíaHoyte van Hoytema
MontaxeDino Jonsäter
Estudio
DistribuidoraStudioCanal
EstreaFestival de Venecia: 5 de setembro de 2011
Duración127 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Francia
Alemaña Alemaña
XéneroSuspense e espías
Orzamento21 millóns de dólares
Recadación81,2 millóns de dólares[1]
Na rede
https://www.focusfeatures.com/tinker_tailor_soldier_spy
IMDB: tt1340800 Filmaffinity: 274340 Allocine: 169913 Rottentomatoes: m/tinker_tailor_soldier_spy Mojo: tinkertailorsoldierspy Allmovie: v541467 Metacritic: movie/tinker-tailor-soldier-spy TV.com: movies/tinker-tailor-soldier-spy BNE: XX5213767 Netlix: 70202128 Editar o valor en Wikidata

Tinker Tailor Soldier Spy é un filme de 2011 dirixido por Tomas Alfredson. O guión foi escrito por Bridget O'Connor e Peter Straughan, e baséase na novela homónima de 1974 escrita por John le Carré. Está protagonizado por Gary Oldman como George Smiley, con Colin Firth, Tom Hardy, John Hurt, Toby Jones, Mark Strong, Benedict Cumberbatch, Ciarán Hinds, David Dencik e Kathy Burke como parte do elenco. A acción está ambientada en Londres a comezos da década de 1970 e conta a historia da caza dun axente dobre soviético infiltrado na cúpula do servizo secreto británico.

Situada na década de 1970, no contexto da guerra fría, o fracaso dunha misión especial en Hungría provoca unha remuda na cúpula dos servizos secretos británicos. Un dos defenestrados é o axente George Smiley (Oldman). Porén, cando xa se afixera á idea de se retirar, encárganlle unha misión especial. Sospéitase que hai un «axente encuberto» na cúpula do servizo e só alguén externo pode descubrir quen é. Coa axuda doutro axente desafiuzado e outro en actividade, Smiley irá recollendo información e encaixando as pezas para tentar descubrir o traidor.

Personaxes

[editar | editar a fonte]