Tirán, Moaña
Tirán | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Moaña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°17′00″N 8°43′00″O / 42.283333333333, -8.7166666666667 |
Poboación | 4 466 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Tirán é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4 466 habitantes (2 149 homes e 2 317 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten varios quilómetros de praias, que bañan as súas areas na ría de Vigo, destacando O Con (bandeira azul), Niño do Corvo e O Canabal.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros intentos en Galicia do cultivo de mexillón en bateas fixéronse nesta parroquia en 1932,[3] ó instalar Manuel Otero Moratinos un caixón de madeira seguindo o modelo que vira nunha viaxe a Cataluña. A experiencia durou só uns meses e foi un fracaso. Houbo que esperar ata 1946 para que se desenvolvese, xa con éxito, un novo proxecto neste mesmo sentido, no porto de Vilagarcía de Arousa.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Meira entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE. |
Deporte
[editar | editar a fonte]O club de remo de Tirán acadou en varias ocasións o campionato de España de traíñas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tirán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Tirán no concello pontevedrés de Moaña | |
---|---|
O Con | As Fontes | O Igrexario | O Real | Vilela |
Parroquias de Moaña
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña | |
---|---|
Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 17 de febreiro de 2023.
- ↑ "Cataluña inspiró a los pioneros del cultivo del mejillón en 1932", en La Voz de Galicia, 29 de setembro de 1996 (en castelán).