(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Tito Gobbi - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tito Gobbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTito Gobbi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Bassano del Grappa, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio comunal monumental Campo Verano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, cantante de ópera, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGiulio Crimi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesHilda Gobbi, curmá entregue Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гобби Тито)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0323583 Allmovie: p27318
BNE: XX853225 Musicbrainz: e8762e31-b9c7-46c3-b47b-3c8c1fad59ed Discogs: 1341603 Allmusic: mn0002171903 WikiTree: Gobbi-11 Find a Grave: 97990941 Editar o valor en Wikidata


Tito Gobbi, nado en Bassano del Grappa o 24 de outubro de 1915 e finado en Roma o 5 de marzo de 1984, foi un dos máis grandes barítonos italianos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Bassano del Grappa e estudou leis na universidade de Padua antes de iniciar a súa preparación como cantante en Roma con Giulio Crimi.

O seu debut operístico foi en Gubbio (Umbría) en 1935 como Rodolfo en La sonnambula de Vincenzo Bellini. No 1936 acadou o primeiro premio no concurso internacional de Viena e no 1937 é o laureado do concurso da escola de La Scala de Milán. Nese mesmo ano, estrea o papel de Germont en La Traviata de Verdi en Roma.

No ano 1942, canta Wozzeck de Alban Berg, na primeira representación italiana da ópera de Berg. Debutó en La Scala de Milán co rol de Belcore en L'elisir d'amore de Donizetti.

Cantou o papel do Barón Scarpia na produción de Franco Zeffirelli (1964) da ópera de Puccini Tosca no Covent Garden con Maria Callas no rol protagonista. O acto II desta produción retransmitiuse pola televisión británica, e hoxe consérvase en vídeo e DVD. Esta gravación volveuse histórica, por tratarse dun dos poucos rexistros en vídeo dispoñibles da cantante e terminou contribuíndo de forma significativa á popularidade do barítono. Gobbi e Callas interpretaran estes papeis na gravación clásica de EMI, de 1953, con Giuseppe Di Stefano como Mario Cavaradossi e con Victor de Sabata dirixindo a orquestra. Este disco de 1953 foi editado tanto en LP como en CD e está considerada por moitos como a mellor gravación nunca feita dunha ópera completa.

Tivo unha filla que é a que se encarga da Associazione Musicale Tito Gobbi, unha organización dedicada a conservar e celebrar o rexistro das contribucións de Gobbi á ópera.

Retirouse no ano 1979 e publicou a súa autobiografía Tito Gobbi: A miña vida (1979) e Tito Gobbi e o seu mundo da ópera italiana (1984).

Voz e papeis destacados

[editar | editar a fonte]

Está entre os máis destacados barítonos italianos da súa xeración, destacable polo sutil xeito en que actuaba coa súa voz e polo cortante acento de barítono. Dedicouse intensamente á súa formación musical, dominando con seguridade as técnicas vocais requiridas para unha carreira lírica de nivel internacional. O seu timbre non era particularmente agradable, nin a súa voz tiña un alcance infrecuente, pero compensaba estas limitacións cun espectacular traballo na escena. É un dos grandes barítonos do século XX polas súas habilidades dramáticas, que poden comprobarse, por exemplo, no referido vídeo do segundo acto de Tosca.

Gravacións

[editar | editar a fonte]

Gravacións audiovisuais

[editar | editar a fonte]

Apareceu en 25 películas, tanto como cantante como actor. A maior parte delas eran versións cinematográficas de óperas de compositores como Verdi, Puccini e Rossini. Entre elas, destacan:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blyth, A., Notas ó CD Ten top baritones & Basses, Decca, 1993.
  • Alier, R., Heilbron, M. e Sans Rivière, F., La discoteca ideal de la ópera, Planeta, Barcelona, 1995. ISBN 84-08-01285-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]