(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Torre de Belén - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Torre de Belén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTorre de Belén
(pt) Torre de Belém Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe
Tipoforte
torre fortificada
patrimonio cultural
atracción turística Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBelém, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSanta Maria de Belém Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°41′29″N 9°12′57″O / 38.6914, -9.2158
Bañado porOcéano Atlántico e Río Texo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións35 (altura) m
Superficie0,09 ha
zona de protección: 51,5 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1983 (7ª Sesión)
Identificador263bis-002
Monumento nacional de Portugal
Identificador323060
Historia
Data de creación ou fundación1515 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Usofaro Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais377.780 (2022) Editar o valor en Wikidata

Páxina webpatrimoniocultural.gov.pt… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4856672

A Torre de Belén (en portugués "Torre de Belém") é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén. Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.

Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.

Orixinalmente baixo a invocación de San Vicente de Saragoça, patrón da cidade de Lisboa, designada no século XVI polo nome de Baluarte de san Vicente a par de Belén e por Baluarte do Restelo, esta fortificación integraba o plano defensivo da barra do río Texo proxectado á época de Xoán II (1481-1495), integrado na marxe dereita do río polo Baluarte de Cascais e, na esquerda, polo Baluarte da Caparica.

O cronista García de Resende foi o autor do seu risco inicial, tendo rexistrado:

E assim mandou fazer então a (...) torre e baluarte de Caparica, defronte de Belém, em que estava muita e grande artilharia; e tinha ordenado de fazer uma forte fortaleza onde ora está a formosa torre de Belém, que el-Rei D. Manuel, que santa glória haja, mandou fazer; para que a fortaleza de uma parte e a torre da outra tolhessem a entrada do rio. A qual fortaleza eu por seu mandado debuxei, e com ele ordenei a súa vontade; e tinha já dada a capitania dela [a] Álvaro da Cunha, seu estribeiro-mor, e pessoa de que muito confiava; e porque el-Rei João faleceu, não houve tempo para se fazer[1]

A estrutura comezaría a edificarse en 1514, baixo o reinado de Manuel I (1495-1521), tendo como arquitecto Francisco de Arruda. Localizábase sobre un afloramento rochoso nas augas do río, fronteiro á antiga praia de Belén, e destinábase a substituír a antiga nao artillada, ancorada naquel lugar, de onde partían as frotas para as indias. As súas obras ficaron a cargo de Diogo Boitaca, que nesa época tamén dirixía as xa adiantadas obras do veciño Mosteiro dos Xerónimos.

Concluída en 1520, foi o seu primeiro alcaide Gaspar de Paiva, nomeado para a función ao ano seguinte.

Coa evolución dos medios de ataque e defensa, a estrutura foi, gradualmente, perdendo a súa función defensiva orixinal. Ao longo dos séculos utilizouse como rexistro aduaneiro, posto de sinalización telegráfico, e farol. As súas polvoreiras foron usadas como alxubes para presos políticos durante o reinado de Filipe I (1580-98), e, máis tarde, por Xoán IV (1640-1656). O Arcebispo de Braga e Primado das Españas, Sebastião de Matos de Noronha (1636-1641), por coalición con España e facendo fronte a Xoán IV, foi preso e mandado recluso para a Torre de Belén.

Sufriu varias reformas ao longo dos séculos, principalmente a do século XVIII que privilexiou as ameas, o varandín do baluarte, e o recanto da Virxe cara ao río e o claustro.

Clasificada como Monumento Nacional por Decreto do 10 de xaneiro de 1907, foi declarada pola UNESCO como Patrimonio Cultural de toda a Humanidade no 1983.

Características

[editar | editar a fonte]
A eterna Torre de Belén, o maior ex-libris de Lisboa.

O monumento reflicte influencias islámicas e orientais, que caracterizan o estilo manuelino e marca o fin da tradición medieval das torres da homenaxe, ensaiando un dos primeiros baluartes para artillaría en Portugal.

Parte da súa beleza reside na decoración exterior, adornada con cordas e nós esculpidas en pedra, galerías abertas, torres de vixía no estilo mourisco e ameas en forma de escudos decoradas con esferas armilares, a cruz da Orde de Cristo e elementos naturalistas, como un rinoceronte, alusivos ás navegacións. O interior gótico, por baixo da azotea, que serviu como armaría e prisión, é moi austero.

A súa estrutura componse de dous elementos principais: a torre e o baluarte. Nos ángulos da plataforma da torre e do baluarte, sobresaen garitas cilíndricas coroadas por cúpulas de gomos, ricamente decorada en cantaría de pedra.

A torre cuadrangular, de tradición medieval, érguese con cinco andares por riba do baluarte, a saber:

  • Primeiro andar - Sala do Gobernador.
  • Segundo andar - Sala dos Reis, con teito elíptico e fogón ornamentado con medias-esferas.
  • Terceiro andar - Sala de Audiencias.
  • Cuarto andar - Capela.
  • Quinto andar - Plataforma da torre.

A nave do baluarte poligonal, ventilada por un claustrín, abre 16 canoneiras para tiro rasante de artillaría. O terraplén, gornecido por ameas, constitúe unha segunda liña de lume, nel atópase o santuario da "Nossa Senhora do Bom Sucesso" co Neno, tamén coñecida como a Virxe do Restelo.

  1. RESENDE, Garcia. Crónica de D. João II, 1545

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]