(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Trecén - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Trecén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTrecén
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°29′50″N 23°21′47″L / 37.497229, 23.363113
EstadoGrecia
Axencia gobernamentaladministración descentralizada de Ática
PeriferiasPeriferia de Ática
Unidades periféricasunidade periférica das Illas
ConcelloTroizinia-Methana Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación446 (2021) Editar o valor en Wikidata (10,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie40,597 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude64 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Troezen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal180 20 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico2298 Editar o valor en Wikidata

Páxina webweb.archive.org… Editar o valor en Wikidata

Trecén (ou Trizina) é unha vila situada ó oeste do Peloponeso, ó norte do golfo Argólico. Actualmente pertence ó concello de Trizinia-Metana.

Na Antigüidade, Trecén era unha cidade da Argólida e aparece citada en numerosos eventos da mitoloxía grega. Así, está consideraba como a cidade natal do heroe Teseo.

O lugar foi cambiando de nome ó longo dos tempos: Orea, porque o primeiro rei se chamaba Oros; ou Altepia, derivado do rei Altepo, fillo de Poseidón e de Leida (filla de Oros).

Poseidón e Atenea competiron pola titularidade da cidade, pero Zeus impúxolles ser titulares conxuntamente do territorio. Así, nas moedas antigas da cidade aparece un tridente xunto á cabeza de Atenea.

Moeda de 325-300 a.C.

Pélope e Hipodamía tiveron dous fillos, Piteo e Trecén, que se repartiron o reino con Aetio, fillo dun antigo rei que fundara novas cidades, pero pronto eliminaron a antiga dinastía reinando en cadansúa cidade. Cando morreu Trecén, Piteo uniunas nunha soa cidade de nome Trecén en honor ó seu irmán.

Piteo tivo unha filla, Etra, coa que xaceu Exeo, rei de Atenas, e tiveron un fillo, Teseo. Pero cóntase que a mesma noite en que se uniron Etra e Exeo, ela foi, inspirada por Atenea, a ofrecer un sacrificio na illa veciña, e alí foi violada por Poseidón, acto polo que enxendrou a Teseo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.