Twerps
Twerps | |
---|---|
Twerps en Matosinhos, en xuño de 2015. | |
Orixe | Melbourne, Australia |
Período | 2009 - actualidade |
Xénero(s) | indie rock, indie pop, lo-fi, college rock |
Selo(s) discográfico(s) | Chapter Music |
Membros | Martin Frawley Julia McFarlane Rick Milovanovic Patrick O'Neill Alex MacFarlane |
Na rede | |
[1] | |
Twerps é unha banda australiana revivalista do xénero lo-fi e noise pop. Formada en Melbourne a banda lanzou o seu primeiro single ″Good Advice″ en 2009.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A banda retorna no 2011 cun álbum homónimo. O disco foi aclamado pola crítica, séndolle outorgado o cualificativo de ″mellor nova banda australiana″ pola publicación especializada Uncut, apoiados pola súa primeira xira nos Estados Unidos e con directos nos medios de prensa musical CMJ e SXSW. [1]
No 2014 trala súa participación no festival ″Laneway Festival″ publicaron o seu novo traballo ″Underlay EP″. Este foi un traballo auto-producido e o primeiro coa colaboración do batería Alex MacFarlane. No ano 2015 a banda publica o seu segundo disco ″Range Anxiety″ con Merge, ao tempo que a banda visita Europa cunha xira que incluiría o festival Primavera Sound.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Twerps | 2011 | Chapter Music |
Range Anxiety | 2015 | Merge |
EPs
[editar | editar a fonte]- Underlay EP - 2014 (Auto-editado)