(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Txabi Etxebarrieta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Txabi Etxebarrieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTxabi Etxebarrieta
Nome orixinal(eu) Xabier Etxebarrieta Ortiz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Tolosa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteshot by the police, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ97203344 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestudante, militante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
7 de xuño de 1968Murder of José Pardines (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Antonio Etxebarrieta Editar o valor en Wikidata
ParentesNatxo Etxebarrieta, sobriño Editar o valor en Wikidata

BNE: XX905619

Javier Etxebarrieta Ortiz, nado en Bilbao, Biscaia o 14 de outubro de 1944, e finado en Tolosa, Guipúscoa o 7 de xuño de 1968, máis coñecido como Txabi Etxebarrieta, foi un destacado dirixente de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos 60, coñecido por ser o autor material do primeiro asasinato desta organización e tamén por ser o primeiro militante de ETA morto nun enfrontamento armado coa Garda Civil, polo que se converteu nunha icona dentro da contorna de ETA e da esquerda abertzale.

Primeiro asasinato de ETA

[editar | editar a fonte]

O 7 de xuño de 1968, o coche no que viaxaban Etxebarrieta e o tamén activista Iñaki Sarasketa é detido por un control da Garda Civil en Aduna (Guipúscoa). Temendo que fosen descubertos, Txabi Etxebarrieta descendeu do coche disparando ó axente José Pardines Arcay. Foi o primeiro asasinato de ETA.

A morte de Etxebarrieta

[editar | editar a fonte]

Etxebarrieta e Sarasketa déronse á fuga refuxiándose na casa dun cura de Tolosa. Tras permanecer unhas horas refuxiados decidiron abandonar a casa parroquial, sendo parados inmediatamente por axentes da Garda Civil que aínda non coñecían as súas identidades, durante o cacheo non detectaron a pistola que portaba Sarasketa, con todo si atoparon a de Etxebarrieta, nese momento iniciouse un tiroteo no que resultou morto Txabi Etxebarrieta con dúas feridas de bala en Benta Haundi (Tolosa).[1] Iñaki Sarasketa logrou escapar do tiroteo apuntando coa súa arma ó condutor dun coche, ó cal obrigou a transportarlo até a Igrexa de Errezil, onde se refuxiou para ser detido ó día seguinte.

Posteriormente Sarasketa foi sometido a un Consello de Guerra, o primeiro tras a Guerra Civil Española, no que foi condenado á morte. Coa intercesión ante Francisco Franco do Xeneral das Xesuítas, o pai Pedro Arrupe, foi conmutada a pena de morte pola de reclusión e, brutalmente mallado, ingresou en prisión, onde pasou 9 anos até a amnistía de 1977.[2][3][4]

  1. "Relato detallado dos feitos segundo a web guardiacivil.org". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2016. 
  2. Clemencia para un etarra e denuncia de torturas
  3. Declaracións de Sarasketa sobre as torturas que sufriu[Ligazón morta]
  4. Actualmente Sarasketa condena a loita armada e vive afastado da política.