Typha
Typha | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hábito de Typha | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Typha é o nome dun taxon de plantas asignado á categoría taxonómica de xénero, que no sistema de clasificación APG II do 2003 era o único xénero da familia Typhaceae, mentres que no sistema de clasificación utilizado por Judd et al. (2007) e o do APWeb, comparte o seu lugar na familia Typhaceae sensu lato xunto co seu xénero irmán Sparganium. O xénero posúe unhas 8-13 especies de plantas herbáceas acuáticas emerxentes robustas, perennes, rizomatosas, con follas moi erectas, dísticas e bifaciais, e unha espiga cilíndrica de numerosas flores diminutas polinizadas por vento (as masculinas arriba e as femininas abaixo), cun perianto como escamas ou porcas, e un froito que é como un aquenio dehiscente co xinóforo, o estilo, e o perianto persistentes no froito. Están distribuídas en pantanos e zonas húmidas de boa parte do mundo, formando densas colonias ás veces impenetrables.
Reciben o nome común de espadanas ou espadainas, por teren as súas follas unha forma parecida a unha espada [1][2] .
Caracteres
[editar | editar a fonte]- Hábito: Herbas robustas, perennes, de 1 a 3 m de altura, salvo en Typha minima, que non supera o metro. Acuáticas emerxentes, monoicas (flores masculinas e femininas na mesma planta), de talo rizomatoso.
- Follas moi erectas, bifaciais, maiormente basais, dísticas, envainadoras, simples, sen dividir, planas, alargadas e delgadas, de venación paralela, con parénquima esponxoso.
- Inflorescencia terminal, consta dunha espiga cilíndrica de flores moi densas, as masculinas arriba e as femininas debaixo.
- Flores moi pequenas, unisexuales, actinomórficas, as flores femininas hipóginas.
- O perianto consiste en 0 ou 3 (ou raramente 8) tépalos como porcas nas flores masculinas, e numerosos tépalos como porcas ou escamas nas femininas (en 1-4 verticilos).
- Estames 3 (raramente 1 ou 8), afastados entre si e ademais libres das demais pezas florais ("apostémonos"). As anteras son basifixas, co conectivo ancho, estendido máis aló da teca.
- O pole é liberado en tétrades ou en mónadas.
- O xineceo é de 1 só carpelo, cun ovario súpero. O estilo é acrescente (mantense no froito). A placentación é apical, o óvulo é solitario.
- Non hai nectarios.
- O froito é dehiscente e de tipo aquenio, cun xinóforo acrescente e estilo tamén acrescente, e partes do perianto persistentes, que axudan á dispersión por vento.
- As sementes posúen endosperma con amidón.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Amplamente distribuídas en todo o mundo. Typha latifolia atópase en todas as rexións tépedas do Hemisferio Norte; Typha angustifolia, tamén cosmopolita, soporta peor o frío e esténdese por iso menos cara ao norte. As restantes especies teñen distribucións máis limitadas, sendo Typha domingensis nativa do sur dos Estados Unidos e Centroamérica, mentres que Typha laxmannii, Typha minima e Typha shuttleworthii medra no sur de Europa e partes de Asia.
Os membros deste taxon medran como plantas emerxentes en estanques, canles de rega, e pantanos. Adoitan ser das primeiras especies en colonizalos. As colonias son moitas veces un paso importante no desecamento de lagoas e pantanos, formando unha capa de denso tecido orgánico sobre a cal se deposita a terra.
O denso sistema rizomático favorece a fixación do chan, previndo a erosión. No seu interior alóxanse numerosos insectos, e proporciona acubillo a batracios e aves lacustres.
Outras aves empregan os restos da inflorescencia para tapizar os seus niños.
As pequenas flores de Typha son polinizadas por vento.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A lista de especies, segundo o Royal Botanic Gardens, Kew (visitado en xaneiro do 2009):
- Typha albida Riedl, in Fl. Iran. 71: 3 (1970). SE. de Afganistán.
- Typha alekseevii Mavrodiev, Feddes Repert. 110: 127 (1999). Cáucaso.
- Typha angustifolia L., Sp. Pl.: 971 (1753). Zonas tépedas do Hemisferio Norte.
- Typha × argoviensis Hausskn. ex Asch. Graebn., Syn. Mitteleur. Fl. 1: 273 (1897). T. latifolia × T. shuttleworthii. Europa.
- Typha austro-orientalis Mavrodiev, Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 111: 78 (2006). S. da Rusia europea.
- Typha azerbaijanensis Hamdi & Assadi, in Fl. Iran. 42: 13 (2003). NO. de Irán.
- [[Typha × bavarica Graebn. in H.G.A.Engler (ed.), Pflanzenr., IV, 8: 16 (1900). T. angustifolia × T. shuttleworthii. Europa.
- Typha capensis (Rohrb.) N.E.Br. in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 7: 32 (1897). Uganda a S. de África.
- Typha caspica Pobed., Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 12: 21 (1950). E. de Transcaucasus.
- Typha changbaiensis M.Jiang Wu & Y.T.Zhao, Bull. Bot. Res., Harbin 30: 251 (2000). NL. da China (Jilin).
- Typha davidiana (Kronf.) Hand.-Mazz., Oesterr. Bot. Z. 87: 133 (1938). China.
- Typha domingensis Pers., Syn. Pl. 2: 532 (1807). Trop. e Subtrop.
- Typha elephantina Roxb., Fl. Ind. ed. 1832, 3: 566 (1832). Sáhara a SC. da China.
- Typha × gezei Rothm., Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 171 (1940). T. angustifolia × T. domingensis. S. de Europa.
- Typha × glauca Godr., Fl. Lorraine 3: 20 (1844). T. angustifolia × T. latifolia. Zonas tépedas do Hemisferio Norte.
- Typha grossheimii Pobed., Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 11: 12 (1949). Cáucaso a C. de Asia.
- Typha joannis Mavrodiev, Feddes Repert. 113: 283 (2001). Mongolia a Amur.
- Typha kalatensis Assadi & Hamdi, in Fl. Iran. 42: 24 (2003). Irán.
- Typha latifolia L., Sp. Pl.: 971 (1753). Zonas tépedas do Hemisferio Norte a C. de América, S. de Suramérica, Nixeria a Kenya.
- Typha laxmannii Lepech., Nova Acta Acad. Sci. Imp. Petrop. Hist. Acad. 12: 84 (1801). SL. Europa ao Xapón.
- Typha lugdunensis P.Chabert, Bull. Soc. Hort. Prat. Dép. Rhône 1850: 149 (1850). L. Francia a SO. Alemaña.
- Typha minima Funck in D.H.Hoppe, Bot. Taschenb. 1794: 187 (1794). Europa a Mongolia.
- Typha orientalis C.Presl, Epimel. Bot.: 239 (1851). Leste distante de Rusia a Filipinas, Australasia.
- Typha persica Ghahr. & Sanei, Bull. Soc. Bot. France 126: 373 (1979). Irán.
- Typha × provincialis A.Camus, Notul. Syst. (París) 11: 272 (1910). T. domingensis × T. latifolia. S. Europa.
- Typha przewalskii Skvortsov in A.I.Baranov & B.V.Skvortsov, Diagn. Pl. Nov. Mandsh.: 1 (1943). Leste de Rusia a NL. da China.
- Typha shuttleworthii W.D.J.Koch & Sond. in W.D.J.Koch, Syn. Fl. Germ. Helv., ed. 2: 786 (1844). Europa a Turquía.
- Typha sistanica De Marco & Dinelli, Ann. Bot. (Rome) 35-36: 131 (1976-1977 publ. 1978). Irán.
- Typha × smirnovii Mavrodiev, Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 105(4): 66 (2000). T. latifolia × T. laxmannii. Rusia Europea.
- Typha subulata Crespo & Pérez-Mor., Darwiniana 14: 424 (1967). Arxentina ao Uruguai.
- Typha × suwensis T.Shimizu, J. Phytogeogr. Taxon. 37: 120 (1989). T. latifolia × T. orientalis. Xapón.
- Typha tichomirovii Mavrodiev, Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 107(5): 77 (2002). Rusia europea.
- Typha turcomanica Pobed., Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 11: 14 (1949). C. de Asia.
- Typha tzvelevii Mavrodiev, Feddes Repert. 113: 283 (2002). Primorye.
- Typha valentinii Mavrodiev, Feddes Repert. 111: 571 (2000). Transcaucasus (Acerbaixán).
- Typha varsobica Krasnova, Ukrayins'k. Bot. Zhurn. 59: 704 (2002). C. de Asia.
Importancia económica
[editar | editar a fonte]As follas de Typha son usadas como material de tecido. Tradicionalmente, o uso máis importante era o da fabricación de tecidos para cadeiras, cestas e outros aveños. En La Gineta (provincia de Albacete), por exemplo, e en moitos outros sitios de España e doutros países, desenvolveuse no século XX a fabricación de cadeiras con tecido de Typha no asento, industria que veu caer en decadencia progresiva polo emprego dos materiais plásticos e outros tipos de materias primas.
En Bolivia e o Perú empregábanse tradicionalmente barcas ou balsas no lago Titicaca, e tamén cestos e outros produtos artesanais.
O rizoma aprovéitase como verdura, cun alto contido en amidón; cultívase entre o outono e o inverno. Os brotes tenros consómense ás veces cocidos, e o pole emprégase como suplemento alimenticio mesturado con fariña. As inflorescencias estaminadas mozas tamén poden ser usados como alimento.
Actualmente a súa resistencia a medios anóxicos e con altos graos de contaminación ampliou as súas aplicacións ao campo da fitorremediación, en particular en sistemas de depuración de augas residuais como as zonas húmidas artificiais e sistemas de filtros de macrofitas en flotación (FMF). Tamén se estuda o seu uso como fitoacumulador de metais pesados.
Tamén pódense utilizar para fabricar papel.
Son ocasionalmente utilizadas como ornamentais.
A facilidade da súa aparición fai que se consideren malas herbas nalgunhas contornas controladas.