Umbrete
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Sevilla | ||||
Capital | Umbrete | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.376 (2023) (781,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12 km² | ||||
Altitude | 121 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Joaquín Fernández Garro (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 41806 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 41094 | ||||
Páxina web | umbrete.es |
Umbrete é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).
Xeografía
[editar | editar a fonte]No ano 2005 contaba con 5.797 habitantes. A súa extensión é de 12 km² e ten unha densidade de 483,1 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 22' N, 6º 09' W. Atópase situada a unha altitude de 121 metros e a 15 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.
A súa principal actividade económica é o agro, principalmente a oliva, aínda que tamén ten loxicamente peso a construción e o sector servizos.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que hai quen a remonta a época turdetana, o primeiro testemuño histórico da existencia dun lugar habitado é baixo o reino árabe. Cando o rei castelán Fernando III quería tomar a veciña Sevilla, debeu controlar antes estes territorios, que serían repoboados posteriormente baixo o mandato do seu fillo Afonso X.
En 1261 este monarca dóalle Umbrete ao cabido eclesiástico e ao arcebispo de Sevilla por 3.000 marabedís; a doazón non prospera ata ao ano 1262, cando Umbrete pasa a ser un dominio exclusivo do arcebispado. Os conflitos das zonas fronteirizas obrigan unha nova carta de repoboación en 1313.
A chegada ao arcebispado en 1722 de Luis Salcedo Azcona, quen viña de ser arcebispo de Compostela, produciu importantes mudanzas: Salcedo mandou construír a igrexa da Consolación, e mais reformar o pazo arcebispal, que se converteu na residencia de verán do prelado. Tras a desamortización, o arcebispo perdeu o dominio sobre Umbrete, se ben conservou a titularidade sobre o edificio do pazo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Umbrete |
- Páxina web oficial de Umbrete
- «Umbrete», en Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Instituto de Estatística de Andalucía.