(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Universo Marvel - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Universo Marvel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spider-Man e Captain America

O Universo Marvel é o universo ficticio onde se desenvolven a maioría dos cómics publicados por Marvel Comics incluídos os máis coñecidos como Spider-Man, Hulk, X-Men e Captain America.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O Universo Marvel englóbase dentro dun "multiverso" consistente en milleiros de realidades alternativas aínda que a liña temporal principal é a que acontece en Earth-616 e que é o Universo Marvel por antonomasia. A orixe do universo sitúase en 1961 cando o guionista e editor Stan Lee, xunto cun elenco de debuxantes nos que estaban Jack Kirby e Steve Ditko, creou unha serie de títulos nos que os acontecementos ocorridos nun deles repercutían noutros, de tal xeito que o conxunto das historias amosaban o desenvolvemento dos personaxes, unha característica do Universo Marvel é situar a acción principalmente na cidade de Nova York, procurando retratala de xeito realista, agás pola presenza de seres superhumanos.