Up the Bracket
Up the Bracket | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Libertines | ||||
Publicado | 2003 | |||
Gravación | agosto do 2002 | |||
Estudio(s) | RAK, Londres | |||
Duración | 39:28 | |||
Xénero(s) | Garage rock, post-punk revival, punk rock, indie rock | |||
Selo(s) | Rough Trade Records | |||
Produtor | Mick Jones | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Up the Bracket é o álbum de estrea da banda inglesa de indie rock The Libertines, editado o 14 de outubro do 2002 a través do selo Rough Trade Records. O disco chegou ao número 35 da lista británica de álbums.
O álbum foi re-editado o 8 de setembro do 2003 cun tema adicional, "What a Waster" e un DVD cos videoclips dos sinxelos "Up the Bracket", "Time for Heroes" e "I Get Along". O álbum marcou o inicio dun rexurdimento da escena rock británica. En abril do 2008 o DJ da BBC Radio 1 Zane Lowe elixiuno como unha das súas obras mestras, pinchando todo o álbum con entrevistas aos membros da banda, seareiros e músicos que foron influenciados polo disco. O álbum recibiu eloxios da crítica e rapidamente foi considerado un dos mellores traballos da década.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Pete Doherty e Carl Barât.
- "Vertigo" – 2:37
- "Death on the Stairs" – 3:24
- "Horrorshow" – 2:34
- "Time for Heroes" – 2:40
- "Boys in the Band" – 3:42
- "Radio America" – 3:44
- "Up the Bracket" – 2:40
- "Tell the King" – 3:22
- "The Boy Looked at Johnny" – 2:38
- "Begging" – 3:20
- "The Good Old Days" – 2:59
- "I Get Along" – 2:51
- "What a Waster" e "Mockingbird" son temas extra das edicións estadounidense e xaponesa. "What a Waster" é un tema extra da re-edición británica. "Mayday" é un tema extra da edición australiana, xunto con "What a Waster".