(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Uttarakhand - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Uttarakhand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUttarakhand
उत्तराखंड (hi)
Uttarakhand (en) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Nomeado en referencia anorte Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°30′40″N 78°57′14″L / 30.511187, 78.954012Coordenadas: 30°30′40″N 78°57′14″L / 30.511187, 78.954012
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
CapitalDehradun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.086.292 (2011) Editar o valor en Wikidata (188,3 hab./km²)
Lingua usadaLínguas tibetanas centrais (pt) Traducir
Chaudangsi (en) Traducir
Língua darma (pt) Traducir
Rangas (en) Traducir
Rawat (en) Traducir
Rongpo (en) Traducir
Língua jaunsari (pt) Traducir
Jad (en) Traducir
Kulung (en) Traducir
Língua mahasu pahari (pt) Traducir
lingua hindi
Byangsi (en) Traducir
Língua garhwali (pt) Traducir
Língua Kumaoni (pt) Traducir
Lingua tibetana
Língua tharu (pt) Traducir
Buksa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie53.566 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoNanda Devi (pt) Traducir (7.816 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2000 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe de estadoKrishan Kant Paul (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoUttarakhand Legislative Assembly (en) Traducir (Escano: 70) Editar o valor en Wikidata
• Chief Minister of Uttarakhand (en) Traducir Editar o valor en WikidataTrivendra Singh Rawat (en) Traducir (2017–2021)
Pushkar Singh Dhami (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoUttarakhand Legislative Assembly (en) Traducir Circunscrición: 70, (Escano: 70) Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IN-UK e IN-UT Editar o valor en Wikidata

Páxina webuk.gov.in Editar o valor en Wikidata

Uttarakhand, tamén chamado Uttaranchal, é un dos vinte e nove estados que, xunto cos sete territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital e cidade máis poboada é Dehradun.

Está situado ao norte do país, limitando ao norte coa República Popular China, ao leste con Nepal, ao sur con Uttar Pradesh, ao suroeste con Haryana e ao oeste con Himachal Pradesh. Con 189 hab/km² é o noveno estado menos densamente poboado —por diante de Megalaya, Himachal Pradesh, Manipur, Nagaland, Sikkim, Jammu e Caxemira, Mizorán e Arunachal Pradesh, o menos densamente poboado—.

Uttarakhand estivo dividido de forma tradicional en dúas partes: a occidental coñecida como Garhwal e a oriental que recibe o nome de Kumaon.

A maior parte do Estado está cuberta polos límites do Himalaia e polos glaciares, mentres que as partes máis baixas conteñen espesos bosques. O ecosistema do Himalaia serve de hábitat para numerosas especies de animais (como os tigres ou os leopardos das neves) e plantas. Dous dos ríos máis importantes da India, o Ganxes e o Yamuna nacen nos glaciares de Uttarakhand.

A industria do turismo é unha das principais fontes de ingresos. Entre os principais destinos áchanse Mussoorie e Almora. A esta rexión pertencen tamén algúns dos templos hinduístas máis sacros polo que é destino de peregrinos desde hai máis de dous mil anos. Entre os principais centros sacros destacan os templos de Haridwar, Rishikesh e Kedarnath.

O estado é tamén o lugar no que se sitúa un dos máis ambiciosos proxectos do goberno indio, a presa de Tehri, proxecto concibido no ano 1953 e que aínda non se completou.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Danza Chanchari/Jhoda da rexión kumaon de Uttarakhand.

Os nativos da zona chámanse Garhwali / Kumaoni e son predominantemente hindús. Outras comunidades étnicas presentes en Uttaranchal inclúen ós nepalís. Os Jadh, Marcha e Shauka, coñecidos colectivamente como Bhotiya, viven na zona fronteiriza co Tíbet. Nas chairas do sur do estado establécense numerosos bengalís, punxabi e tibetanos.