(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Valencia Club de Fútbol Mestalla - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Valencia Club de Fútbol Mestalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valencia B»)
Valencia Mestalla
NomeValencia Club de Fútbol Mestalla
Alcume(s)Mestalleta
Fundación1944
EstadioCidade Deportiva de Paterna,
Paterna, Valencia,
España
Inauguración1992
Capacidade3.000
PresidenteEspaña Vicente Andreu
Adestrador Vacante
Liga2ªB – Grupo 3
2012–1316º
Na rede
http://www.valenciacf.com/
Titular
Alternativo

O Valencia CF Mestalla é o primeiro equipo filial do Valencia Club de Fútbol, de Primeira División. Fundado en 1944, xoga actualmente na Segunda División B Española.

Inicios en Rexional

[editar | editar a fonte]

Foi fundado o 6 de setembro de 1944 a partir da estrutura do CD Cuenca co nome de Club Deportivo Mestalla, o seu primeiro presidente foi Federico Blasco Marzo.

Na súa primeira tempada como filial valencianista, en Primeira Rexional, foi subcampión da categoría tras o CD Segarra, e campión Rexional de Afeccionados, onde acabou imbatido e sen encaixar un só gol. Este título deulle dereito a xogar o Campionato de España de afeccionados. No torneo conseguiu chegar á final, enfrontándose á Ferroviaria, un equipo filial da RENFE. O partido xogouse no campo do conxunto madrileño que levou a vitoria por 3-2. Nesa mesma tempada, ao confeccionarse os grupos de Terceira División, o Teruel renunciou á súa praza a cal ocupouna o CD Mestalla debido aos éxitos da tempada.

En Segunda División

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1946/47 queda segundo en Terceira División e logra o ascenso a Segunda. O seu máximo fito logrouno na tempada 1951/52 cando, tras acabar segundo do Grupo II de Segunda División, disputou a promoción de ascenso a Primeira División. Nela acabou primeiro por diante de equipos como o Racing de Santander e o Sporting de Xixón pero non puido ascender ao tratarse dun filial. Ata 1973 o Mestalla compite en Segunda 21 tempadas e 5 en Terceira División.

Entre a Terceira e a Segunda B

[editar | editar a fonte]

Tras o último descenso a Terceira División o equipo compite nesta categoría durante 13 tempadas ata que en 1987 logra o ascenso a Segunda B. Nesta categoría participa no play-off de ascenso a Segunda 3 veces, en 1995, 1996 e 2002. En 1992, coa conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva o Mestalla pasa a chamarse Valencia CF B. En 2006 recupera o nome de Mestalla.

Na tempada 2006/07 xoga no Grupo III de Segunda División B, pero perde a categoría tras perder contra o Real Valladolid B a promoción de descenso a Terceira División. A tempada seguinte logra o ascenso a Segunda B. Tras unha mala tempada 2009/10 o equipo volve descender a Terceira. Na tempada 2010/11 queda campión de grupo e supera a eliminatoria, volvendo á Segunda B.

  • Uniforme titular: Camiseta branca con detalles negros, pantalón negro e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra con detalles laranxas, pantalón laranxa e medias laranxas.

O Valencia Mestalla disputa os seus partidos no campo da Cidade Deportiva de Paterna. O estadio ten capacidade para 3.000 espectadores.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Outros premios

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]