Voo 593 de Aeroflot
Voo 593 de Aeroflot | |
---|---|
O avión accidentado en 1993
| |
Resumo | |
Data | 23 de marzo de 1994 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | a 20 km de Mezhdurechensk |
Coordenadas | Coordenadas: 53°18′03″N 88°08′59″L / 53.300833333333, 88.149722222222 |
Orixe | Moscova-Sheremetyevo |
Destino | aeroporto Kai Tak |
Finados | 75 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-304 |
Operador | Aeroflot |
Rexistro | F-OGQS |
Pasaxeiros | 63 |
Tripulación | 12 |
Superviventes | 0 |
O voo 593 de Aeroflot era un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto de Moscova-Sheremetyevo e o aeroporto Kai Tak en Hong Kong. O día 23 de marzo de 1994 o Airbus A310-304 que operaba a ruta esnafrose nunha cordilleira no óblast de Kemerovo, Rusia, matando os 63 pasaxeiros e 12 tripulantes a bordo.
Non se atoparon probas de problemas técnicos.[1] As caixas negras revelaron a presenza dos fillos do piloto de relevo na cabina, unha nena de 12 anos e un rapaz de 16.[2][3][4] Mentres estaba sentado aos controis, o fillo do piloto desconectara sen sabelo o control do piloto automático dos aleróns do A310. Posteriormente o piloto automático desactivouse completamente causando que o avión se inclinase bruscamente e entrase nunha caída case vertical. A pesar de conseguir nivelar o avión, o primeiro oficial sobrecorrixiu cando tirou cara a atrás dos mandos, facendo que o avión entrase en perda e iniciase unha caída en barrena. Os pilotos conseguiron nivelar o avión novamente, pero o aparello perdera demasiada altura para poder recuperarse e esnafrouse na cordilleira Kuznetsk Alatau.[5]
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado no accidente era un Airbus A310-304 alugado, con rexistro F-OGQS e número de serie 596, que fora entregado novo a Aeroflot o 11 de decembro de 1992.[6] Equipado con dous motores General Electric CF6-80C2A2, o avión realizara o seu primeiro voo como F-WWCS o 11 de setembro de 1991, e era un dos cinco que operaban para Russian Airlines, unha división autónoma de Aeroflot - Russian International Airlines que se establecera para servir rutas no extremo oriente ruso e no sueste asiático. De media, a tripulación tiña unhas 900 horas de voo no tipo.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A310 crash findings imminent". Flight International. Consultado o 2019-1-14.
- ↑ "Transcript reveals cockpit anarchy". Flight International. Consultado o 2019-1-14.
- ↑ "Tape Confirms The Pilot's Son Caused Crash Of Russian Jet". The New York Times (en inglés). 1994-09-28. ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-14.
- ↑ "A310 crash: Conflict over child at controls' report". Flight International. Consultado o 2019-1-14.
- ↑ "FDR backs A310 crash allegations". Flight International. Consultado o 2019-1-14.
- ↑ "Aeroflot F-OGQS (Airbus A310 - MSN 596) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-01-15.
- ↑ "Airbus A310 crashes in Russia". Flight International. Consultado o 2019-1-15.