Warcraft: Orcs & Humans
Warcraft: Orcs & Humans | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Blizzard Entertainment |
Distribuidora(s) | Blizzard Entertainment e Interplay Entertainment |
Lanzamento | 15 de novembro de 1994 |
Xénero | videoxogo de estratexia en tempo real e fantasy video game |
Modos de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | DOS, Mac OS Classic e Microsoft Windows |
Na rede | |
http://eu.blizzard.com/ru-ru/games/legacy/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Warcraft: Orcs & Humans é un xogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment e inspirado no xogo Warhammer, no que se enfrontan dous bandos, os feros orcos e os nobres humanos. Co tempo, en Warcraft II: Tides of Darkness novas razas uníranse a ambos bandos, o bando dos homes pasaría a ser a Alianza e o bando dos orcos pasou a ser a Horda. En Warcraft III: Reign of Chaos a Alianza e a Horda descubrirían Kalimdor, un novo continente, unha nova raza (e un terceiro bando), os Elfos nocturnos. Deberían loitar todos xuntos contra o novo bando formado por mortos viventes, A Praga, comandado polo Rei Lich e contra o exército de demos que outrora dominara aos orcos, a Lexión Ardente. Actualmente, Horda e Alianza enfróntanse de novo en World of Warcraft un xogo multixogador en liña, que, triunfou grazas ao tirón comercial da saga de Blizzard.
Warcraft suscitaba a posibilidade de xogar en tempo real con dous bandos distintos, os nobres humanos ou os salvaxes orcos. Presentaba unha resolución de 320x200. Aínda que esta entrega posuía gráficos non moi bos, rapidamente conquistábase aos xogadores debido á súa fantasía e orixinalidade.
A historia de Warcraft I dinos que nun mundo chamado Azeroth, onde viven os humanos gobernados polo benévolo rei Llane Wrynn III, certo día ábrese un portal dimensional, aberto polo último gardián de Tirisfal, Medivh, que deixa entrar exércitos de salvaxes orcos. Estes orcos, baixo o tiránico Señor da Guerra Blackhand (controlado secretamente polo meigo Gul'dan), están baixo un terrible feitizo dos demos e impulsados por eles rapidamente conquistan o reino de Stormwind. Con todo, malia os intrépidos esforzos dos nobres humanos, os orcos triunfan, facendo que miles e miles de refuxiados fuxan ao norte, a Lordaeron, abrindo as portas para unha nova entrega de Blizzard e o principio dun gran e caótico conflito.