(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Werner Sombart - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Werner Sombart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWerner Sombart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1863 Editar o valor en Wikidata
Ermsleben, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Berlín (Alemaña nazi) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof Dahlem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Director de teseGustav von Schmoller e Adolph Wagner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía, socioloxía e historia económica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Wrocław
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesor universitario, sociólogo, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Handelshochschule Berlin (en) Traducir
Universidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoMovimento Revolucionário Conservador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGustav von Schmoller Editar o valor en Wikidata
AlumnosRamón Carande e Emmy Wagner (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoWassily Leontief (pt) Traducir, William Fellner (pt) Traducir e Walter Adolf Jöhr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCorina Sombart Editar o valor en Wikidata
FillosNicolaus Sombart, Ninetta Sombart Editar o valor en Wikidata
PaiAnton Ludwig Sombart Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Зомбарт Вернер)
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1722463 Dialnet: 2446334 WikiTree: Sombart-4

Werner Sombart (/ v ɜr n ər z ɒ m b ɑr t / ; alemán: [zɔmbaɐ̯t]) nado en Ermsleben, Harz (Alemaña), o 19 de xaneiro de 1863[1] e finado en Berlín, o 18 de maio de 1941, foi un economista e sociólogo alemán, cabeza da “Escola Histórica” e un dos principais científicos sociais da Europa continental do primeiro cuarto do século XX. Tamén foi considerada unha figura importante da "revolución conservadora" alemá (xunto con escritores como Thomas Mann e Ernst Jünger, filósofos Martin Heidegger e Spengler, o pai da xeopolítica Karl Haushofer, os avogados Carl Schmitt e Friedrich Hielscher entre outros) .[2]

Vida e traballo

[editar | editar a fonte]

Inicio da carrreira: socialismo e economía

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun político liberal rico e industrial, Anton Ludwig Sombart. Estudou dereito e economía nas universidades de Pisa, Berlín, e Roma. En 1888, recibiu o seu doutoramento en Filosofía, na Universidade de Berlín baixo a dirección de Gustav von Schmoller e Adolph Wagner, daquela os economistas alemáns máis eminentes.

Como economista e especialmente como activista social, Sombart era entón visto como un radical de esquerdas, e tan só recibiu — após algúns traballos prácticos como síndico avogado na Cámara de Comercio de Bremen— unha proposta como profesor adxunto na Universidade de Breslau. A pesar de que facultades de universidades eminentes como Heidelberg e Freiburg ofrecéranlle postos de catedrático, foi sempre vetado polo Gran Duque de Baden, Federico II.[1]

Sombart, naquel tempo, era un recoñecido marxista que non só estaba influído por Marx senón que tamén o interpretaba, até o punto de que Friedrich Engels afirmara que era o único profesor alemán que entendera Das Kapital. Sombart definiuse como un "marxista convencido"[3] aínda que posteriormente, escribira que "ten que ser admitido, finalmente, que Marx cometeu erros en varios puntos importantes".[4]

Como un dos académicos alemáns preocupados pola política social contemporánea, Sombart uniuse tamén ó Verein für Socialpolitik[5] (Asociación de Política Social) ao redor de 1888, xunto co seu amigo e colega Max Weber. Esta era, daquela, unha nova asociación profesional dos economistas próximos á Escola Histórica, quen defendían como función principal da economía a procura de solucións aos problemas sociais da época e que iniciaron a grandes escala os estudos estatísticos de asuntos económicos.

Sombart non foi o primeiro sociólogo que adicara un libro enteiro ao concepto de movemento social no momento de facer Sozialismus und soziale Bewegung, publicado en 1896. A súa comprensión dos movementos sociais foi inspirado por Marx e por un libro sobre movementos sociais de Lorenz von Stein. Para el, o crecemento do movemento obreiro era un resultado das contradicións inherentes de capitalismo. A condición proletaria creada por “amor ás masas”, o cal, xunto coa tendencia “a un xeito de vida comunitario ” na produción social, era unha característica básica do movemento social. 

Portada dun dos tomos de Der moderne Kapitalismus (edición de 1928)

En 1902, publicou a súa grande obra, Der moderne Kapitalismus (Historisch-systematische Darstellung des gesamteuropäischen Wirtschaftslebens von seinen Anfängen bis zur Gegenwart), apareceu en dous volumes que ampliou en 1916, e engadiu un terceiro volume en 1927. Finalmente, cada volume foi dividido en dous, até se converter, finalmente, en seis libros. Trátase dunha historia sistemática da economía e o desenvolvemento económico durante séculos e é un claro exemplo da Escola Histórica. O primeiro libro trata a transición do feudalismo ao capitalismo, e o derradeiro trata das condicións durante o século XX. O desenvolvemento de capitalismo dividiuse en tres etapas:[6]

  • Capitalismo temperán (Frühkapitalismus), rematando antes da revolución industrial;
  • Capitalismo alto (Hochkapitalismus), principiando contra 1760;
  • Capitalismo tardío (Spätkapitalismus), a partir da Primeira guerra mundial.

A pesar de que moito máis tarde foi menospreciado polos economistas neo-clásicos, e moi criticado en puntos específicos, Der moderne Kapitalismus, é aínda hoxe un traballo modelo con influencias importantes, por exemplo, na Escola dos Annales (Fernand Braudel). O seu traballo, tamén, foi criticado por Rosa Luxemburg, quen lle atribuíu "a intención expresa de introducir unha cuña entre os sindicatos e a socialdemocracia en Alemaña e para atraer os sindicatos á posición burguesa"[7]

En 1903 Sombart aceptou ser editor asociado da revista Archiv für Sozialwissenschaft und Sozialpolitik, onde traballou cos seus colegas Edgar Jaffé e Max Weber. En 1906, Sombart aceptou un contrato a tempo completo na Escola de Comercio de Berlín, unha institución de inferior categoría a Breslau pero que estaba máis próxima á acción “política” que aquela. Aló, xurdiron, entre outros, os volumes que acompañan a Der moderne Kapitalismus, que tratan do luxo,da moda e da guerra como paradigmas económicos. Tamén apareceu en 1906, o seu Warum gibt es en den Vereinigten Staaten keinen Sozialismus? (en galego, Porque non hai socialismo en Estados Unidos?), un traballo famoso sobre a excepción estadounidense.[8]

En 1911, Sombart, publicou, Die Juden und das Wirtschaftsleben (en galego: Os xudeus e o capitalismo moderno), que foi unha adición ao estudo histórico de Max Weber sobre a relación entre Protestantismo (especialmente Calvinismo) e Capitalismo, no que Sombart documenta a implicación xudía no desenvolvemento histórico do capitalismo. Nel, argumentaba que os fabricantes e comerciantes xudeus, excluídos dos gremios, desenvolveron unha antipatía distintiva ao fundamentals de comercio medieval, o cal viron primitivo e retrógrado: o desexo para soldos e prezos "xustos" (e fixos); para un sistema equitativo no que as partes do mercado fosen acordadas e inalterables; beneficios e medios de subsistencia modestos pero garantidos; e límites á produción. Excluído do sistema, Sombart argumentou, que os xudeus o romperon e o substituíron por un capitalismo moderno, no que a competencia era ilimitada e a única lei era atender o cliente.[9] Paul Johnson, que considera a obra "un libro notábel", engadiu que Sombart deixara fóra da súa análise algúns elementos incómodos como a relevancia dos elementos místicos do xudaísmo e que Sombart negárase a recoñecer, como Weber fixera, que onde queira que estes sistemas relixiosos, incluído o xudaísmo, eran poderosos e autoritarios, o comercio non floreceu. Os empresarios xudeus, do mesmo xeito que os calvinistas, tendían a operar con máis éxito cando abandonaban o seu ambiente relixioso tradicional e adoptaban crenzas máis laxas.[10] Aínda que este libro fora cualificado como filosemita cando se publicara, varios investigadores xudeus contemporáneos como Yuri Slezkine ou o historiador Jeffrey Herf defíneno como antisemita. O seu biógrafo, Franco Rizzo, cre que non hai racismo na obra de Sombart, senón máis ben unha crítica idealista da noción de raza.[11]

En 1913, no seu libro Der Bourgeois (en galego, O burgués), Sombart pulou por proporcionar un retrato psicolóxico e sociolóxico do empresario moderno, para explicar as orixes do espírito capitalista. O libro empeza con "a cobiza do ouro", as raíces de empresa privada, e os tipos de empresarios. Os capítulos subseguintes falan sobre "a perspectiva da clase media" e varios factores que moldean o espírito capitalista: psicoloxía nacional, factores raciais, factores biolóxicos, a relixión, as migracións, a tecnoloxía e a influencia do propio capitalismo".

Nun traballo publicado en 1915, un "libro de guerra" co título Händler und Helden Sombart deu a benvida a "Guerra alemá" como o "conflito inevitábel entre a civilización comercial inglesa e a cultura heroica de Alemaña". Neste libro, segundo Friedrich Hayek, Sombart revelou un desprezo ilimitado polas "visións comerciais do pobo inglés" que perderan todos os instintos bélicos, así como o desprezo "polo esforzo universal para a felicidade individual".[12] Para Sombart, neste traballo, o ideal máis alto era a "idea alemá do Estado. Como formularan Fichte, Lassalle e Rodbertus, o estado non estaba fundado nin formado por individuos, nin por un conxunto de individuos, nin o seu propósito era servir a ningún interese dos individuos. É unha "Volksgemeinschaft" (comunidade popular) no que o individuo non ten dereitos, senón só deberes. As reclamacións do individuo son sempre o resultado do espírito comercial. Os "ideais de 1789" - Liberdade, Igualdade e Fraternidade - son ideais caracteristicamente comerciais que non teñen outro propósito que asegurar certas vantaxes para os individuos". Sombart afirma que a guerra axudou aos alemáns a redescubrir o seu "glorioso pasado heroico como pobo guerreiro"; que todas as actividades económicas están subordinadas a fins militares; e que considerar a guerra como inhumana e sen sentido é un produto de visións comerciais. Hai unha vida máis alta cá vida individual, a vida das persoas e a vida do estado, e é o propósito do individuo sacrificarse por esa vida máis alta. A guerra contra Inglaterra foi, polo tanto, tamén unha guerra contra o ideal oposto: o "ideal comercial da liberdade individual".[12]

Carreira media: a socioloxía

[editar | editar a fonte]

Finalmente, en 1917, Sombart converteuse en profesor na Universidade Humboldt de Berlín, daquela unha das máis preeminentes de Europa, sucedendo ao seu mentor Adolph Wagner. Permaneceu na cátedra até 1931 pero continuou ensinando até1940. Durante ese período tamén foi un dos sociólogos vivos máis famosos superando ao seu amigo Max Weber. A insistencia de Sombart na Socioloxía como parte das Humanidades (Geisteswissenschaften), como unha necesidade que "xoga" cos homes e require dunha comprensión (Verstehen) empática interna, en lugar dunha comprensión (Begreifen) obxectiva externa, (nótese que estas dúas palabras alemás tradúcense cunha única palabra en inglés understanding ou en francés compréhension), volveuse moi impopular durante a súa vida. Esta reacción proviña da contradición desta teoría coa "cientifización" das Ciencias sociais (familiarmente citada como os "celos da física"), na tradición de Auguste Comte, Émile Durkheim e Max Weber (aínda que isto sexa unha mala interpretación, Weber compartía amplamente a visión de Sombart neste tema), e que se volveu predominante durante aqueles anos.

Así e todo, por mor de que o enfoque de Sombart ten moito en común coa Hermenéutica de Hans-Georg Gadam, tamén é unha aproximación para comprender o mundo fundada sobre o Verstehen que retorna a certos círculos sociolóxicos -e mesmo filosóficos- que simpatizan con esa visión do mundo e son críticos da aproximación "científica". Os principais ensaios sociolóxicos de Sombart recóllense no seu traballo póstumo de 1956, Noo-Soziologie.

Carreira final: o nacionalsocialismo

[editar | editar a fonte]

Na súa actitude cara aos nazis, a miúdo é comparado con Martin Heidegger, así como co seu amigo e compañeiro Carl Schmitt, pero está claro que, mentres os dous últimos intentaron se-los pensadores de vanguarda do Terceiro Reich no seu campo Sombart sempre foi moito máis ambivalente. Sombart tiña moitos estudantes xudeus (en realidade máis que a proporción típica), a maioría dos cales sentíanse moderadamente positivos sobre el trala guerra, aínda que claramente non foi un heroe nin un loitador da resistencia.

Durante a República de Weimar, Sombart moveuse cara ó nacionalismo e á dereita representado polo Movemento Revolucionario Conservador, e varias das súas premisas anteriores variaron cara a unha visión máis de acorde ao nacionalsocialismo polo que a súa relación con esa ideoloxía aínda hoxe é moi debatida.[13][14] Así, mentres a súa obra xa citada, Die Juden und das Wirtschaftsleben (1911), fora cualificada como filosemita no momento da publicación; porén varios investigadores xudeus contemporáneos considerárono como antisemita por mor das consecuencias posteriores.

Posteriormente, Sombart volveu analizar a influencia do "espírito" xudeu (en alemán, Geist) no pobo alemán (Volk) e aínda que que afirmou que non admitía o racismo dende un punto de vista biolóxico, moitos dos seus parágrafos resultan moi ambiguos especialmente na controvertida obra de 1934 Deutscher Sozialismus,[15] onde denunciou a "era económica", é dicir, un período durante o cal "os chamados motivos materiais pretendían predominar e dominar tódalas demais aspiracións";[16] que nesta época na que o valor supremo son os cartos tenderá, segundo Sombart, á uniformidade dos estilos de vida, e o home ha se converter nun escaravo das necesidades artificiais;[16] Tamén se propón definir a palabra socialismo, que para el é un principio que debe adaptarse a cada pobo de xeito diferente polo que habería tantos socialismos coma pobos e nacións.[17] No prefacio, apoiou a idea de que é posible combinar o socialismo e o nacionalismo de xeito diferente a como o facía o Partido Nacionalsocialista; así, escribiu que "heime atopar con moitos opositores, non o dubido, dentro do partido do poder e tamén fóra".[18] Igualmente criticou ao imperialismo occidental a quen acusa de ter espallado un capitalismo destrutor de culturas con raigames e asentadas e de ter substituído a diversidade pola "uniformidade gris da súa non-cultura".[19] Rexeita calquera idea de "nación superior" e oponse a calquera visión racista da historia, co que difire profundamente dos nacionalsocialistas.[17] O libro foi moi eloxiado no Wall Street Journal,[20] mentres que Völkischer Beobachter, a prensa oficial do Partido Nacionalsocialista, foi moi crítica co libro, sinala que as súas "teñen pouco que ver co Nacionalsocialismo ".[1][21]

Mais tamén defende que un "novo espírito" comezaba a "gobernar a humanidade"; a época do capitalismo e do socialismo proletario acabou, co "socialismo alemán" (nacional-socialismo) tomando o control. Este socialismo alemán pon o "benestar do conxunto por riba do benestar do individuo";[22] o socialismo alemán debe facer unha "ordenación total da vida" cunha "economía planificada de acordo coas regulacións estatais";[23] o novo sistema xurídico non conferirá aos individuos "ningún dereito senón só deberes" e que "o Estado nunca debe avaliar as persoas individuais como tales, senón só o grupo que representa estas persoas";[24] o socialismo alemán está acompañado polo Volksgeist (espírito nacional) que non é racial no sentido biolóxico senón metafísico: "o espírito alemán nun negro ten tantas posibilidades de existir como o espírito negro nun alemán";[25] a antítese do espírito alemán é o espírito xudeu, que non é cuestión de nacer xudeu nin crer no xudaísmo, senón un espírito capitalista. Os ingleses posúen o espírito xudeu e a "tarefa principal" do pobo alemán e do nacionalsocialismo é destruír o espírito xudeu.[26]

Por outra banda, o seu libro de antropoloxía, Vom Menschen (1938), é claramente anti-nazi e, de feito, a súa publicación e distribución foran obstaculizadas polos nazis.[1]

O legado de Sombart hoxe en día é difícil de determinar, porque as presuntas afiliacións ao nacionalsocialismo provocaron unha reevaluación obxectiva difícil (mentres que os seus anteriores socialistas o prexudicaron cos círculos máis burgueses), especialmente en Alemaña onde, no seu momento Rosa Luxemburgo o acusara de "apoloxía do imperialismo alemán".[27]

Como xa se dixo, na historia económica, a súa obra "Der moderne Kapitalismus" é considerado un fito e unha grande inspiración, aínda que moitos detalles foron cuestionados. As ideas clave do seu traballo económico refírense ao descubrimento, recentemente validado, da aparición da contabilidade de dobre entrada como condición esencial para o capitalismo e o estudo interdisciplinario da cidade no sentido de estudos urbanos. Como Weber, Sombart fai do sistema de contabilidade de dobre entrada un importante compoñente do capitalismo moderno. O capital pódese definir como esa cantidade de riqueza que se usa para facer beneficios e que entra nas contas ". Tamén creou o termo e o concepto de destrución creativa, que confesara tomara de Nietsche,[27] e que é un elemento clave da teoría da innovación de Joseph Schumpeter (Schumpeter en realidade tomou moito de Sombart aínda que non o admitira e non sempre aparece axeitadamente referenciado).[28]

Na socioloxía, os principais autores consideran a Sombart como unha "figura menor" e á súa teoría sociolóxica unha rareza ;contrariamente ao reflectido no Journal of Classical Sociology. De igual xeito, hoxe son sobre todo os sociólogos e filósofos os que xunto con economistas heterodoxos, reivindican o seu traballo.

Sombart, sempre foi moi popular no Xapón; en troques, unha das razóns da súa débil presenza nos Estados Unidos debeuse a que a maioría dos seus traballos non foron traducidos ao inglés até épocas tardías, a pesar da existencia do clásico estudo de 1906, Warum gibt es en den Vereinigten Staaten keinen Sozialismus? Así e todo, nos últimos anos os sociólogos mostraron un interese renovado polo traballo de Sombart.[29]

Unha das fillas de Sombart, Clara, casou con Hans Gerhard Creutzfeldt, quen foi o primeiro que describiu a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

  • (1896): Sozialismus und soziale Bewegung. Jena: Verlag von Gustav Fischer.
  • (1902): Der moderne Kapitalismus (Historisch-systematische Darstellung des gesamteuropäischen Wirtschaftslebens von seinen Anfängen bis zur Gegenwart)
  • (1903): Die deutsche Volkswirtschaft im neunzehnten Jahrhundert. Berlin: G. Bondi
  • (1906): Das Proletariat. Bilder und Studien. Die Gesellschaft, vol. 1. Berlín: Rütten e Loening.
  • (1906): Warum gibt es en den Vereinigten Staaten keinen Sozialismus? Tübingen: Mohr.
  • (1911): Die Juden und das Wirtschaftsleben. Leipzig: Duncker
  • (1913): Der Bourgeois. München und Leipzig: Duncker & Humblot.
  • (1913): Luxus und Kapitalismus. München: Duncker & Humblot.
  • (1915): Händler und Helden. München: Duncker & Humblot.
  • (1934): Deutscher Sozialismus. Charlottenburg: Buchholz & Weisswange.
  • (1938): Vom Menschen. Versuch einer geisteswissenschaftlichen Anthropologie. Berlín: Duncker & Humblot.
  • (1956): Noo-Soziologie. Berlín: Duncker & Humblot.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kuhn, Stefan (14-9-2014). "Werner Sombart 1863-1941". Deutsches Historisches Museum (en alemán). Consultado o 13-7-2019. 
  2. François, Stéphane (24-8-2009). "Qu’est ce que la Révolution Conservatrice ?". tempspresents.com (en francés). Consultado o 10-7-2019. 
  3. Harris (1942), pp. 805–835
  4. Sombart, Werner (1896). Socialism and the Social System (en inglés). Nova York: Dutton and Sons. p. 87. 
  5. See the German WP article about the Verein, here
  6. Sombart, Werner. International Encyclopedia of the Social Sciences, 1968. Encyclopedia.com.
  7. Luxemburg, Rosa (2008). Scott, Helen, ed. The Essential Rosa Luxemburg. Reform or Revolution and the Mass Strike (en inglés). Chicago: Haymarket Books. p. 178. ISBN 978-1931859-36-3. 
  8. Walker, Jesse (marzo 2011). "People Who Live in the Shade". reason.com (en inglés). Consultado o 10-7-2019. 
  9. Werner Sombart, The Jews and Modern Capitalism, English trans., London 1913. Cited in Johnson, p.284
  10. Johnson, Paul (1988). A History of the Jews (en inglés). Nova York: Harper Perennial. p. 284. ISBN 978-0060915339. 
  11. Rizzo, Franco (1974). Werner Sombart (en italiano). Nápoles: Liguori. pp. 58–65. ISBN 9788820705763. 
  12. 12,0 12,1 Hayek (1979), p. 126
  13. Harris, p. 813.
  14. Weir, Robert E., ed. (2007). Class in America: Q-Z (en inglés). Vol. 3 (Q-Z). Westport (Cpnnecticut): Greenwood Press. p. 812. ISBN 978-0-313-34245-5. 
  15. Herf, Jeffrey (2003). Reactionary Modernism: Technology, Culture, and Politics in Weimar and the Third Reich (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. p. 148. ISBN 0-521-33833-6. 
  16. 16,0 16,1 Benoist (2014), p.10
  17. 17,0 17,1 Benoist (2014), p.12
  18. Benoist (2014), p.18
  19. Benoist (2014), p. 22
  20. Wall Street Journal (15 de novembro de 1934)
  21. Nonnenbruch, Fritz (5 outubro 1934). "Der Sozialismus des Herrn Professor Sombart". Völkischer Beobachter (en alemán). 
  22. Harris (1942), pp. 808-809
  23. Harris (1942), pp. 810-811
  24. Harris (1942), p. 811
  25. Harris (1942), pp. 812-813
  26. Harris (1942), p. 813
  27. 27,0 27,1 Steinberg & Steinberg & Ogden (2010), p. 25
  28. Reinert, Erik; Reinet, Hugo (2006). "Creative Destruction in Economics: Nietzsche, Sombart, Schumpeter". En Backhaus, Jürgen; Drechsler, Wolfgang. Friedrich Nietzsche (1844-1900): Economy and Society (The European Heritage in Economics and the Social Sciences). Serie The European Heritage in Economics and the Social Sciences (Libro 3) (en inglés). Nova York: Springer Verlag. pp. 55–85. ISBN 978-0387329796. 
  29. Joas, Hans (2003). War and modernity (en inglés). Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-7456-2645-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Benoist, Alain de (2014). Quatre figures de la Révolution Conservatrice allemande - Werner Sombart -Arthur Moeller van den Bruck -Ernst Niekisch - Oswald Spengler (en francés). Éditions Les Amis d'Alain de Benoist,. ISBN 9782952832175. 
  • Harris, Abram L. (decembro 1942). "Sombart and German (National) Socialism". Journal of Political Economy 50 (6): 805–835. ISSN 0022-3808. JSTOR jstor.org/stable/1826617.. doi:10.1086/255964. 
  • Hayek, Friedrich (1979). The Road to Serfdom (en inglés). Londres: Routledge & Kegan Paul. 
  • Steinberg, Jeffrey; Steinberg, Michele; Ogden, Nina (27-8-2010). "Nietzsche, Sombart, Schumpeter, and Fascism: Why Obama Wears the Moustache". EIR Online 37 (33): 24–26. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]