(Translated by https://www.hiragana.jp/)
WestJet - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

WestJet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WestJet
IATA
WS
OACI
WJA
Indicativo
WESTJET
Fundación29 de febreiro de 1996
Frota119
Destinos92
Eslogan da compañíaOwners Care
SedeCalgary, Alberta
Páxina web: http://westjet.com/

WestJet Airlines Ltd. é unha aeroliña canadense que se fundou como unha alternativa de baixo custo ás principais compañías do país.[1] WestJet proporciona servizos regulares e chárter a 100 destinos no Canadá, Estados Unidos, Europa, México, Centroamérica e o Caribe. Fundada en 1996, no presente é a segunda aeroliña máis grande do Canadá, tras Air Canada,[2] operando unha media de 424 voos e transportando uns 45 000 pasaxeiros cada día.[3] En 2013 WestJet levou a 18,5 millóns de pasaxeiros,[4] sendo a quinta aeroliña de Norteamérica por pasaxeiros transportados. WestJet é unha compañía pública con máis de 10 000 empregados,[4] non está sindicalizada e non forma parte de ningunha alianza de aeroliñas. Opera tres variantes da familia Boeing 737 Next Generation, ademais do Boeing 767 nalgunhas rutas de longo alcance.[5] A súa subsidiaria WestJet Encore tamén opera o Bombardier Q400. A sede da compañía está ao lado do Aeroporto Internacional de Calgary.[6]

En 2015 WestJet tivo uns ingresos por pasaxeiros de 4,029 mil millóns de dólares canadenses e as súas ganancias por acción incrementáronse un 19% ata os 2,92 dólares canadenses.[7] En 2016 a aeroliña foi cualificada como a sétima mellor aeroliña de baixo custo do mundo e a segunda de Norteamérica por Skytrax.[8]

En decembro de 2016 a frota de WestJet estaba formada polos seguintes avións:[9]

Avión In
En servizo
Pedidos Pasaxeiros Notas
W Y Total
Boeing 737-600 13 12 101 113 Serán substituídos por 737 MAX 7 e 8
Boeing 737-700 56 12 118 130 En revisión para substitución
Boeing 737-800 46 2[10] 12 156 168
Boeing 737 MAX 7 25[10] TBA Entregas dende 2019[11]
Boeing 737 MAX 8 40[10] TBA Entregas dende 2017[11]
Boeing 767-300ER 4 24 238 262
Total 119 67
  1. The Wall Street Journal (ed.). "Canadian Low-Cost Carrier Departs From No-Frills Model". Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  2. USA Today (ed.). "WestJet, Air France, KLM work toward code-share". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  3. Peninsula News (ed.). "WestJet passengers get bumpy start to long weekend". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 WestJet (ed.). "WestJet reports record full-year earnings per share of $1.78, up 68 per cent". Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  5. Flightglobal (ed.). "WestJet to add four 767-300s, exercise five Q400 options". Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  6. WestJet (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  7. WestJet (ed.). "Financial Reports". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  8. Skytrax (ed.). "AirAsia and Norwegian take top accolades in the World's Best Low-Cost Airline awards for 2016". Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  9. Transport Canada (ed.). "Frota de WestJet". Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Boeing (ed.). "Pedidos e entregas do 737". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  11. 11,0 11,1 World Airline News (ed.). "WestJet signs a purchase agreement with Boeing for 65 Boeing 737 MAX aircraft". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]