(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Whiskyn's - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Whiskyn's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Whiskyn's
OrixeReus, Cataluña Cataluña
Período1992-2009
Xénero(s)Rock
MembrosJoan Masdéu
Manuel Lucio
Gerard Roca
Nando Oterino
Antigos membrosXavier Llorach
Jose Luis Sánchez
Cesc Solé
Toni Díaz
Na rede
www.whiskyns.com
MySpace: whiskyns Musicbrainz: 8b18de0f-52f6-4aea-b937-e596119559f6 Songkick: 290579 Discogs: 2663230 Editar o valor en Wikidata

Whiskyn's é un grupo de rock catalán nacido en Reus (Baix Camp) co nome de Whisky'ns Cullons a mediados de 1992, despois da disolución do grupo Terrat 26 (1989-1991). Os seus compoñentes últimos foron Joan Masdéu, Manuel Lucio, Gerard Roca e Nando Oterino. Tamén pasaron polo grupo Xavier Llorach, Jose Luis Sánchez, Cesc Solé e Toni Díaz.

Na primavera de 2009 anunciaron a súa disolución amistosa e de forma indefinida, tras a xira de concertos do resto do ano.

No ano 2011 estrearon no Teatro Victòria o musical Cop de rock, de Dagoll Dagom, que reunía temas dos principais grupos de rock cataláns, entre os cales estaban Whiskyn's, Sopa de Cabra, Sau, Lax'n'Busto, Bars, Brams, Duble Buble, Glaucs, a Companyia Elèctrica Dharma e Gossos, como tamén Marc Parrot e Ja t'ho diré.[1][2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Maqueta (1992)
  • Whisky'ns cullons (1994)
  • Toc al dos (1996)
  • Lila (1997)
  • De la nit al dia (1999)
  • Lluny (2001)
  • On (2004)
  • Souvenirs (2005)
  • Reus-París-Londres (2007)

Participacións

  • Els Joves (1993)
  • Com un Huracà (1996)
  • Altres cançons de Nadal, 2 (2002)
  • Deixa't estimar en català-2 (2002)
  • Remixes Global 06 (2006)
  • El disc de la Marató (2006)