Wikipedia:Ligazóns vermellas
Esta non é unha política ou norma oficial da Galipedia. Trátase dunha proposta que se debateu e/ou foi votada pero non resultou aprobada como tal. Por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nesta proposta. |
Unha ligazón vermella, coma esta, é unha ligazón a un artigo que aínda non existe ou foi borrado. Resulta útil ao editar o texto dun artigo incluír ligazóns vermellas para indicar que a páxina obxectivo vai ser ou debería ser creada nos casos en que o tema ligado sexa notorio e verificable.
Os artigos non deben conter ligazóns vermellas que liguen a temas que non merezan artigos de seu. En xeral, as ligazóns vermellas permítense nos artigos cando ligan a termos que cumpren os criterios para ter artigos de seu pero que aínda non existen baixo ningún outro nome ou non están contidos en seccións doutros artigos.
As ligazóns vermellas correctas animan a novos editores a seguir a dirección correcta e son un recordatorio de que a Wikipedia é un traballo en progreso constante.
Creando ligazóns vermellas
[editar a fonte]Unha ligazón vermella aparece cando se inclúen corchetes dobres [[ ]]
ao redor dun termo ou frase para o que non existe artigo correspondente ou redirección na Wikipedia.[1]
Cando crear ligazóns vermellas
[editar a fonte]A creación de ligazóns vermellas debe facerse cando sexan relevantes no contexto do artigo, e para termos que deban existir na Wikipedia. Antes de crear a ligazón vermella, cómpre revisar que o contido non estea xa creado baixo outro título distinto, ou contido nalgunha sección doutro artigo. É responsabilidade do editor que crea a ligazón vermella revisar a cobertura existente do tema ligado. As categorías e a ferramenta de procura son dúas boas axudas para isto.
A creación dunha ligazón vermella tamén implica a responsabilidade de asegurarse que o tema ligado cumpre a convención dos nomes dos artigos, e que o tema tratado no futuro artigo cumprirá os requirimentos de notoriedade e verificabilidade.
Evitar a creación de certos tipos de ligazóns vermellas
[editar a fonte]Non se deben crear ligazóns vermellas cara artigos que non vaian a ser creados e retidos na Wikipedia, particularmente aqueles que non cumpran a convención dos nomes dos artigos e os requirimentos de o que a Wikipedia non é, neutralidade e verificabilidade.
As ligazóns vermellas polo xeral non deberían incluírse na sección de Véxase tamén → Outros artigos, ou por medio dos modelos {{Artigo principal}} e {{Véxase tamén}}, xa que estas axudas de navegación están pensadas para que o lector teña máis doado atopar artigos xa existentes. As ligazóns vermellas poden incluírse nas caixas de navegación xunto a ligazóns a artigos xa existentes, para fomentar a creación de artigos relacionados ao tema tratado no modelo, pero non deben incluírse en exceso.
Os artigos non deberían ter ligazóns vermellas nas súas categorías. Cómpre crear estas categorías seguindo as convencións existentes, eliminalas do artigo ou cambialas por outras categorías que xa existan.
Non inclúas ligazóns vermellas a ficheiros que non estean cargados na Galipedia ou en Commons. Os artigos que conteñen este tipo de ligazóns a ficheiros non existentes inclúense na categoría de mantemento Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros.
Páxinas de homónimos
[editar a fonte]- Véxase tamén: Wikipedia:Homónimos.
O propósito das páxinas de homónimos é dirixir ao lector a diversos artigos xa existentes con títulos iguais ou moi semellantes, polo que o uso de ligazóns vermellas nestas páxinas debería limitarse na medida do posible. Pode ser admisible incluír ligazóns vermellas nestas páxinas para fomentar a creación de determinados artigos ou salientar a existencia de termos homónimos ao que se procura, mais en determinados casos é preferible que se vaian incluíndo as ligazóns nelas unha vez os propios artigos con títulos homónimos xa estean creados.
Que facer coas ligazóns vermellas xa existentes
[editar a fonte]As ligazóns vermellas que ligan a posibles futuros artigos, e que cumpran os requisitos aquí indicados, deben manterse no artigo.
Cómpre avaliar as ligazóns vermellas atopadas nun artigo e determinar se actuar nelas segundo cada caso:
- Requírese un artigo novo para o tema ligado. Manter este tipo de ligazóns vermella fai que o futuro artigo non quede orfo cando se cree.
- A ligazón quedou rota porque o artigo ligado foi borrado. Polo xeral nestes casos a ligazón vermella debe eliminarse ou cambiarse para apuntar a o artigo existente que corresponda.
- A ligazón vermella pode ser un erro de ortografía. Neste caso cómpre determinar cal é o artigo obxectivo e corrixir a ligazón.
- A ligazón vermella pode ser un caso intencionado de vandalismo, polo que debe eliminarse seguindo as instrucións indicadas en Wikipedia:Vandalismo.
- As ligazóns dos modelos {{Artigo principal}}, {{Véxase tamén}}, e da sección "Outros artigos" teñen o propósito de axudar ao lector na navegación. As ligazóns vermellas destes casos deben substituírse por outras na medida do posible ou eliminarse.
Notas
[editar a fonte]- ↑ As ligazóns vermellas poden verse como tal na vista móbil da Wikipedia, mais non se amosan na aplicación Wikipedia para plataformas móbiles.