WildCard da FIBA
A WildCard da FIBA é unha invitación que a FIBA lles ofrece a algunhas seleccións nacionais que non se calificaron para o Mundobasket a través das súas respectivas competicións continentais.
Criterios de decisión
[editar | editar a fonte]Os criterios para obte-la WildCard son:
- A selección candidata deberá haber participado no campionato que serve de cualificación continental da súa Zona FIBA.
- Poden estar invitadas un máximo de tres seleccións por Zona FIBA.
Ademais destes criterios, a FIBA tamén ten en conta os seguintes aspectos:
- Aspectos deportivos:
- Popularidade do baloncesto no país.
- Calidade e resultados deportivos da selección nacional.
- Calidade do traballo da Federación Nacional.
- Aspectos económicos:
- Cobertura das televisións nacionais das competicións locais e internacionais.
- Importancia do país para a mercadotecnia da FIBA e para a televisión que a patrocina.
- Importancia do país para os organizadores do Mundial de baloncesto.
WildCards para o 2006
[editar | editar a fonte]As seleccións invitadas pola FIBA a través das WildCards foron decididas polo Comité Central[1] o 26 e 27 de novembro de 2005, en Roma, Italia.
O Secretario Xeral da FIBA, Patrick Baumann, foi o encargado de propoñe-los nomeados, e o Comité Central de decidir sobre eles.
Finalmente, as catro seleccións ás que se lle outorgaron un WildCard para o XVI Campionato do Mundo de baloncesto foron:
- Italia - FIBA Europa
- Porto Rico - FIBA Americas
- Serbia e Montenegro - FIBA Europa
- Turquía - FIBA Europa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Comité Central da FIBA é a asemblea xeral composta por 20 membros máis 3 ex-officio. Ten por funcións establece-lo Regulamento Internacional e asigna-la organización do Campionato mundial de baloncesto.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Web Oficial da FIBA Arquivado 04 de novembro de 1996 en Wayback Machine. (en inglés).