(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Wilhelm Steinitz - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wilhelm Steinitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilhelm Steinitz

Wilhelm Steinitz
Biografía
Nacemento17 de maio de 1836
Praga República Checa República Checa
Morte12 de agosto de 1900
Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaThe Evergreens Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAustríaca Austria
EducaciónUniversidade Técnica de Viena - matemáticas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXadrez Editar o valor en Wikidata
OcupaciónXogador de xadrez
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisabeth Wiebel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Стейниц Вильгельм)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Steinitz-13 Find a Grave: 5067 Editar o valor en Wikidata


Wilhelm Steinitz, nado en Praga o 17 de maio de 1836 e finado en Nova York o 12 de agosto de 1900, foi un xogador de xadrez austríaco. Está considerado o primeiro campión mundial deste deporte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Steinitz en 1866

Na primeira parte da súa carreira, o xogo de Steinitz era similar ao dos seus contemporáneos Adolf Anderssen ou Paul Morphy, caracterizado por rápidos ataques ao rei e preferencia por aperturas de gambito. Pero gradualmente Steinitz foi desenvolvendo un estilo propio, que é a fundación do estilo posicional, sen o cal seria imposible comprender o xadrez moderno. Trazos distintivos do estilo maduro de Steinitz son a fe na defensa, o uso do rei como peza activa ata en etapas temperás do xogo e un estudo profundo da estrutura de peóns.

Tras declararse a si mesmo campión mundial de xadrez en 1866 tras a súa vitoria sobre Anderssen, defendeu o seu título con éxito en catro ocasións: contra Johannes Zukertort en 1886, Mikhail Chigorin en 1889 e 1892 e Gunsberg en 1891. O seu reinado concluíu cando caeu ante Emanuel Lasker en 1894. O encontro celebrouse en Nova York, Filadelfia e Montreal. Terminou co triunfo de Lasker (+10 -5 =4). En 1896-7 en Moscova xogou o encontro de desquite contra Lasker, volvendo a perder (+10 -2 =5).

Na última etapa da súa vida perdeu a razón, cando xa o seu nivel de xogo decaera notablemente. Foi recluído nun sanatorio mental. Nesta época pronunciou a súa famosa frase: "Podo xogar con Deus e darlle un peón de vantaxe".

1º Campión do mundo:

Wilhelm Steinitz

Campión do mundo de xadrez

18661894

Sucesor:
Emanuel Lasker

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Encontros polo campionato do mundo de xadrez

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.