Wilson Jones
Wilson | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Wilson Alfredo Jones Rodríguez | ||
Nacemento | 19 de maio de 1934 | ||
Lugar de nacemento | O Barco de Valdeorras | ||
Falecemento | 12 de xullo de 2021 | ||
Posición |
Dianteiro Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Barco | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1952–1953 | Lemos | 10 | (3) |
1953–1957 | Real Madrid | 1 | (0) |
1953–1954 | → Lleida | 35 | (18) |
1954–1955 | → Alavés | 22 | (17) |
1956–1957 | → Zaragoza | 16 | (8) |
1957–1960 | Zaragoza | 75 | (23) |
1960–1962 | Racing de Santander | 17 | (5) |
1962–1967 | Ourense | 103 | (54) |
Total | 279 | (128) | |
Selección nacional | |||
1958 | España B | 1 | (0) |
Adestrador | |||
1981–1982 | Barco | ||
1986 | Barco | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Wilson Alfredo Jones Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras o 19 de maio de 1934 e finado en Ourense o 12 de xullo de 2021,[1] foi un futbolista galego que xogaba como dianteiro centro e interior.
Comezou a súa carreira no Lemos, de onde o fichou o Real Madrid con 18 anos. Suplente de Alfredo Di Stéfano, foi xunto co nedense Juanito González e o vigués Carlos Cela, o primeiro futbolista galego en gañar a Copa de Europa, na súa primeira edición, aínda que ningún dos tres chegou a xogar ningún minuto na competición. Disputou só un partido oficial co equipo branco, que o cedeu ao Lleida e ao Alavés, obtendo elevadas cifras goleadoras nos dous conxuntos. Entre 1956 e 1960 xogou no Zaragoza, e tras un paso polo Racing de Santander, rematou a súa carreira no Ourense, co que marcou máis de medio cento de goles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu no Barco de Valdeorras, sendo fillo dun inglés e unha valdeorresa. Era neto de Edward Jones, un inglés que se afincara na vila ourensá. Durante a súa mocidade destacou no baloncesto, e comezou a xogar ao fútbol no club da súa vila, o Barco de Valdeorras.[2]
En 1952 interesouse por el o Club Lemos, da Terceira División, que o fichou coa tempada 1952/53 xa comezada. Debutou na novena xornada contra o Turón de Mieres, sendo o máis destacado do seu equipo e facendo un dos tres goles galegos (3-1).[3]
Real Madrid
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1953, con dezaoito anos, viaxou a Madrid xunto con Jesús Ares, do Racing de Ferrol,[4] para adestraren ambos co Real Madrid e realizaren probas para as súas posibles fichaxes.[5] As probas foron satisfactorias para Wilson, que foi fichado polo club branco para a seguinte tempada, aínda que antes regresou a Monforte para disputar un último partido co Lemos, contra o Club Calzada de Xixón.[6] A continuación deixou a carreira de Dereito que estaba estudando na Universidade de Oviedo e instalouse na capital española.[5] A tempada estaba preto de rematar no momento da súa chegada, polo que xogou só algún partido amigable.[7]
Cesión ao Lleida
[editar | editar a fonte]Na tempada 1953/54, o club branco cedeuno ao Lleida, da Segunda División, que estaba adestrado polo tamén galego Lelé. Debutou na categoría de prata nun partido contra o Barakaldo, marcando dous goles, e completou a tempada con 18 tantos, 6 deles na fase de promoción a Primeira, na que o club catalán tentou sen éxito o ascenso.
Cesión ao Alavés
[editar | editar a fonte]Na tempada 1954/55 saíu de novo cedido, esta vez ao Alavés, de Primeira División. Estreouse na máxima categoría na primeira xornada contra o Athletic de Bilbao, e marcou o seu primeiro gol no seu seguinte partido, contra o Valladolid. Rematou a tempada como o sétimo máximo goleador da liga, con 17 goles en 22 partidos, a mellor media da historia do club en Primeira.[8] Ademais marcou 2 goles nos oitavos de final da Copa do Xeneralísimo contra o Deportivo da Coruña, que serviron para forzar un partido de desempate, no que finalmente a vitoria foi para o club galego.
Tempada co equipo branco
[editar | editar a fonte]As súas boas actuacións en Lleida e Vitoria permitíronlle facerse cun posto no cadro de xogadores do Real Madrid para a tempada 1955/56.[9] Con todo, no club branco estivo como suplente de Alfredo Di Stéfano, polo que só puido disputar partidos amigables e un único partido oficial, nunha derrota en liga contra a Real Sociedad en Atotxa.[10] Conquistou ese ano a primeira edición da Copa de Europa, aínda que non chegou a debutar na competición europea.
Zaragoza
[editar | editar a fonte]En novembro de 1956 foi cedido ao Real Zaragoza, ata o final de tempada.[11] Marcou 8 goles en 16 partidos de liga, e ao remate da competición o equipo aragonés fíxose co xogador en propiedade. En Zaragoza disfrutou dos seus mellores anos como profesional e coincidiu no equipo con numerosos futbolitas galegos como Chaves, Cortizo, Rodolfo, Mauro, Marcelino ou Reija. Disputou 98 partidos oficiais, conseguindo 33 goles, e marcou no partido inaugural do novo estadio da Romareda, contra o Osasuna.[12]
Racing de Santander
[editar | editar a fonte]En 1960 fichou polo Racing de Santander, tamén da Primeira División. No equipo cántabro disputou só 26 partidos en dous anos, debido en parte a algunha lesión e en parte á pouca preferencia por el do adestrador brasileiro Otto Bumbel.[10] Sumou 10 goles co Racing, 5 en liga e 5 en Copa.
Ourense
[editar | editar a fonte]En 1962 regresou a Galicia para xogar co Ourense na Segunda División. Foi o máximo goleador do equipo na súa primeira tempada, con Urquizu no banco, diminuíndo as súas cifas goleadoras nas seguintes dúas campañas. Na 1964/65, co arxentino Cobo como adestrador, o equipo descendeu á Terceira División, despois de seis anos na categoría de prata. Ao ano seguinte recuperou os bos números goleadores, conseguindo 17 tantos na fase regular,[13] e outros 5 na promoción de ascenso.[14][15][16][17] Finalmente anotou outros 12 goles en 14 partidos na tempada 1966/67, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do grupo I e disputase a continuación a fase de ascenso, onde perdeu contra o Xerez. Foi a súa última campaña como futbolista, colgando as botas ao remate da mesma.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Anos despois de deixar o fútbol realizou un par de incursións nos banquiños. Na tempada 1981/82 adestrou o CD Barco, levándoo a ascender por primeira vez na súa historia á Terceira División.[18] Volveu coller as rendas do equipo en 1986, dimitindo pouco despois.[19]
Faleceu o 12 de xullo de 2021, aos 87 anos.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (12 de julio de 2021). "Fallece el exalbiazul Wilson Jones". Noticias de Álava (Vitoria). Consultado o 12 de julio de 2021.
- ↑ "Wilson Jones fichó por el Orense por acercarse a su tierra: Barco de Valdeorras". La Noche (en castelán) (12964). 28 de xuño de 1963. p. 8. Consultado o 28 de novembro de 2021.
- ↑ "Lemos, 3; Turón, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (9652). 11 de novembro de 1952. p. 5. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Prueba de jugadores en Chamartín". El Correo Gallego (en castelán) (25219). 13 de febreiro de 1953. p. 4. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Al gallego Wilson le agradaría quedarse en el Madrid". El Correo Gallego (en castelán) (25220). 14 de febreiro de 1953. p. 4. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "El jugador lemista Wilson, fichado por el Real Madrid". El Progreso (en castelán) (14182). 7 de marzo de 1953. p. 2. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Un equipo del Madrid vence al Osasuna por 5 a 3". El Correo Gallego (en castelán) (25288). 8 de maio de 1953. p. 4. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ Quílez, Emilio (10 de marzo de 2021). "Vuelve a Mendizorroza, en loor de multitudes, el gallego y ex albiazul Wilson Jones". Noticias de Álava (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ Martín, Iván (20 de xullo de 2021). "El talento oculto tras la estela de Di Stéfano". ABC (en castelán) (Madrid). p. 51. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 "Wilson Jones, delantero centro del Santander". El Pueblo Gallego (en castelán) (12361). 20 de xuño de 1961. p. 8. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "Wilson será cedido por el Real Madrid al Zaragoza". La Noche (en castelán) (11124). 8 de novembro de 1956. p. 6. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "De Torrero a la Romareda". Real Zaragoza (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "Trofeo Veloso". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de abril de 1966. p. 13. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "El Orense, al vencer por la mínima diferencia (1-0) al Avilés, se clasifica para la siguiente eliminatoria". La Noche (en castelán) (13901). 30 de maio de 1966. p. 5. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "Mínima derrota del Orense, en Marbella". El Pueblo Gallego (en castelán). 7 de xuño de 1966. p. 12. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "Orense y At. de Marbella desempatarán mañana, en Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de xuño de 1966. p. 14. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "En la prórroga, el Orense perdió ante el Marbella". El Pueblo Gallego (en castelán). 16 de xuño de 1966. p. 13. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ "Primer año del Barco en Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 1982. p. 37.
- ↑ "Wilson confirmó ayer su cese como entrenador del Barco". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 11 de abril de 1986. p. 44.
- ↑ "Fallece Wilson Jones". As (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- Nados en 1934
- Nados no Barco de Valdeorras
- Españois de ascendencia inglesa
- Futbolistas da provincia de Ourense
- Centrocampistas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Club Lemos
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores da UE Lleida
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do CD Ourense
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do CD Barco
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA