(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Xavier Ribalta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xavier Ribalta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXavier Ribalta
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Tàrrega, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , compositor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1087146 Discogs: 3199887 Editar o valor en Wikidata

Xavier Ribalta nado en Tàrrega, na provincia de Lleida, en 1943, é un músico catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo dunha familia de fortes vencellos coa terra e mais co catalanismo[Cómpre referencia]. Estas raíces estarán presentes sempre na súa forma de compor e de interpretar.

O seu nome é un dos primeiros que conforman a Nova Cançó, pero desde os seus inicios segue un camiño independente, persoal e comprometido que o levará a un autoexilio por non poder traballar no seu país. En 1968 é multado e prohíbeselle cantar en todo o territorio español, prohibición que seguirá vixente ata o ano 1975.

A obra de Xavier Ribalta personifica a orientación máis xenuína da Cançó Catalá. A riqueza musical das súas composicións, valoradas en todo o mundo, o rigor na elección dos poetas musicados e a forza da interpretación son as súas armas principais. No fondo prevalece un aire épico, convertido en partitura que sae dunha voz profunda e chea, sempre á procura da ancha expansión do "vento libre" como dixera Rafael Alberti.