Xemelgas Tolmachevy
Xemelgas Tolmachevy | |
---|---|
Orixe | Kursk, Rusia |
Período | 2006 - actualidade |
Xénero(s) | Pop, Infantil |
Membros | Anastasiya Tolmachevy María Tolmachevy |
Na rede | |
Anastasiya Tolmachevy e María Tolmachevy (Анастасия и Мария Толмачевы, nadas o 14 de xaneiro de 1997) son dúas xemelgas e cantantes rusas. Aos 9 anos gañaron o Festival de Eurovisión Junior 2006 en Bucarest, Romanía, coa canción Vesenniy jazz (Весенний Джаз, Jazz de primavera).
Festival de Eurovisión Junior 2006
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Festival de Eurovisión Junior 2006.
A súa canción foi seleccionada entre 200 bandas e cantantes de toda Rusia para representar ao país no Festival de Eurovisión Junior 2006. Na final nacional, o 4 de xuño de 2006 foron elixidas entre os 20 participantes. Finalmente gañaron o Festival de Eurovisión Junior 2006 coa canción Vesenniy jazz con 154 puntos, por diante de Belarús, que quedou segunda con 129 puntos.
Festival de Eurovisión 2014
[editar | editar a fonte]O 8 de marzo de 2014 foron elixidas internamente para representar a Rusia no Festival de Eurovisión 2014, en Copenhague coa canción Shine. Será a segunda vez que un cantor do festival junior participe tamén no festival de adultos, como xa fixo Nevena Božović, integrante de Moje 3, que representou a Serbia no Festival de Eurovisión 2013.