Xesús Blanco Villar
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1962 (62 anos) Rois, España | |||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | |||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||||||||
1989 | 1989 UCI Road World Rankings (en) (89º) | |||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | 1988 UCI Road World Rankings (en) (57º) | |||||||||||||||||||||||||||||||
1987 | 1987 UCI Road World Rankings (en) (45º) | |||||||||||||||||||||||||||||||
Tour de Francia |
Xesús Blanco Villar, nado en Socastro (Rois) o 26 de marzo de 1962[1], é un ex-ciclista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou como profesional no equipo Teka, co que obtivo os seus triunfos máis destacados. En 1985 gañou a Volta a Galicia, a Volta a Castela e León e a Volta á Comunidade Valenciana, tres das probas por tiradas máis importantes nos anos oitenta. En 1986 acadou os éxitos máis notables, ao conseguir a vitoria en dúas tiradas da Vuelta a España (en Santander e en Puerto Real) e ao ser líder provisional durante unha xornada, a sexta. Esa proba foi gañada polo tamén galego Álvaro Pino. Ese ano obtivo a vitoria tamén na Volta á Comunidade Valenciana, pero foi descualificado por axudarse dun coche do equipo logo de sufrir unha avaría mecánica. A vitoria final obtívoa finalmente Bernard Hinault.
En 1987, sendo o líder do seu equipo na Vuelta, volveu conseguir outra vitoria na rolda española na tirada con final en Valladolid. En 1989 cambiou de equipo e empeza a súa decadencia como ciclista, pasando consecutivamente por diversos equipos: Seur (ciclismo), Lotus-Festina, Deportpublic, W52-Paredes e finalmente o LA Pecol cando se retiraría do ciclismo profesional en 1998. Nesa época a única vitoria importante foi a colleita en 1992 na Volta ao Alentexo.
Participou no Tour de Francia en tres ocasións: en 1986 (25º), 1987 (abandono) e 1988 (35º). Amais participou no Giro de Italia 1989, rematando no posto 25.
Tras a retirada converteuse en director deportivo dalgúns clubs de ciclismo como o Club Ciclista Vigués (1999-2002, 2006) e o portugués Beppi-Ovarense (2003-05). En 2007 incorpouse ao Karpin Galicia no posto de director deportivo (2007-2010) ás ordes de Álvaro Pino. Dende o ano 2013 exerce como director deportivo do Club Ciclista Padronés[2].
Palmarés
[editar | editar a fonte]1985
[editar | editar a fonte]- Volta a Castela e León
- Volta a Galicia
1986
[editar | editar a fonte]- 2 tiradas da Vuelta Ciclista a España
1987
[editar | editar a fonte]- 1 tirada da Vulta Ciclista a España
1992
[editar | editar a fonte]Galardóns
[editar | editar a fonte]O concello de Rois organiza un torneo de ciclismo que leva o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Eugenio CZ (25 de xaneiro de 2013). "Jesús Blanco Villar". Historia del ciclismo (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2016.
- ↑ "Presentación oficial del Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo". Biciclismo. 19-11-2015. Consultado o 19 de novembro de 2016.