(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Xoán Antonio Pillado Silvoso - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xoán Antonio Pillado Silvoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Antonio Pillado Silvoso
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Fefiñáns, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cambados
1979 – 1987 – Antonio Pillado → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego
Unidade Galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4812493


Xoán Antonio Pillado Silvoso, nado en Fefiñáns (Cambados) o 8 de xuño de 1948[1], é un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas Eleccións xerais de 1979.

Profesor no CEIP de Castrelo e licenciado en Xeografía e Historia pola UNED. Formaba parte do Partido Socialista Galego, presentándose por Unidade Galega ás eleccións municipais de 1979. Foi o primeiro alcalde elixido democraticamente en Cambados. En 1983 presentándose como Unión Galega, revalidou a maioría absoluta. En 1987 Pillado Silvoso non se presentou e a candidatura de AP, encabezada por Antonio Pillado Montero fíxose coa maioría absoluta. Posteriormente foi concelleiro e responsable local do BNG en Cambados, volvendo a competir pola alcaldía baixo esta formación en 1995 e 1999, se ben non foi capaz de arrebatarlle o goberno ó PPdeG. No 2003 foi elixido de novo concelleiro polo BNG na candidatura encabezada por Roque Durán.


Predecesor:
Pastor Sineiro Rodríguez
 
Alcalde de Cambados
 
1979 - 1987
Sucesor:
Antonio Pillado
  1. Anxo Martínez (7 de maio de 2007). "Nós fomos os iniciadores dos grandes concertos do Albariño". Faro de Vigo. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]