Xoana Enríquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1425 Torrelobatón, España (pt) |
Morte | 13 de febreiro de 1468 (Gregoriano) (42/43 anos) Tarragona, España |
Causa da morte | cancro de mama |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Poblet Tomb of Juana Enríquez (en) |
Consorte real de Navarra | |
Raíña consorte de Aragón | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | raíña |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Aragón (1458–1468) Consorte de Sicilia (1458–1468) |
Familia | House of Enríquez (en) |
Cónxuxe | Xoán II de Aragón (1447 (Gregoriano)–) |
Fillos | Fernando II de Aragón, Joana de Aragão, Rainha de Nápoles |
Pais | Fadrique Enríquez de Mendoza e Marina Fernández de Córdoba |
Irmáns | Inés Enríquez Alonso Enríquez Pedro Enriquez de Quiñones Enrique Enríquez de Quiñones Aldonza Enríquez y Quiñones |
Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba, nada en Medina de Rioseco en 1425 e finada en Tarragona o 13 de febreiro de 1468, foi raíña consorte de Navarra (1447 - 1468) e de Aragón (1458 - 1468), V Señora de Casarrubios del Monte, pertenceu á importante liñaxe dos Enríquez, rama ilexítima dos reis de Castela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Muller ambiciosa e imperante, era filla de Fadrique Enríquez, almirante de Castela e de Marina Fernández de Córdoba e Ayala, finada en 1431.
Actividade política como raíña consorte
[editar | editar a fonte]A morte en 1458 do rei Afonso V de Aragón significou a ascensión ao trono de Xoán II e a súa muller Xoana.[1]
Un dos máis grandes desexos de Xoana Enríquez, cara ao que tendeu habilmente a súa política, foi o matrimonio (en outubro de 1469) do seu fillo Fernando, de dezaseis anos, con Isabel de Castela, de dezasete.[1] Non puido velo realizado pois morreu o 13 de febreiro de 1468 por complicacións de cancro de mama.
Xoana ademais foi acusada de envelenar ao príncipe Carlos de Viana,[2][3] primeiro fillo do seu marido o rei Xoán II coa súa primeira esposa Branca de Navarra, posto que supoñía un obstáculo para as pretensións ao trono do seu fillo Fernando.[2]
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Foi a segunda esposa de Xoán II de Aragón e de Navarra (co mesmo ordinal para ambos os territorios), viúvo desde 1441, con quen contraeu matrimonio en abril de 1444, contando dezanove anos. Tiveron dous fillos:
- Fernando o Católico (Sos del Rey Católico, 10 de marzo de 1452 – Madrigalejo, 23 de xaneiro de 1516), rei de Aragón e de Castela (co nome de Fernando V) desde decembro de 1474 polo seu matrimonio en outubro de 1469 con Isabel I a Católica;
- Xoana (1455 – 1517), segunda esposa de Fernando I de Nápoles, primo bastardo de Fernando II de Aragón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 http://www.biografiasyvidas.com/biografia/j/juana_enriquez.htm
- ↑ 2,0 2,1 http://www.rtve.es/television/20130517/mas-isabel-quien-fue-juana-enriquez-madre-fernando/674044.shtml
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana Enríquez |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: María de Castela |
Raíña consorte de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia Condesa consorte de Barcelona 1458-1468 |
Sucesor: Isabel I de Castela |